martes, 22 de diciembre de 2009


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU EN APOIO A AMINOTOU HAIDAR


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A situación permanente de ocupación militar do Sahara occidental está significando un preocupante deterioro dos dereitos humanos dos seus habitantes, desde EU-IU, pronunciámonos repetidamente contra a ocupación militar do Sahara Occidental e instando a Marrocos a cumprir cos seus compromisos internacionais e as resolucións da ONU, en canto á descolonización do territorio ocupado.

O pasado sábado 14 de novembro, as autoridades marroquís de ocupación do Sahara Occidental non permitiron a entrada no aeroporto do Aiún da Cidadá Saharauí Aminatou Haidar, activista dos Dereitos Humanos Saharauí que mais galardóns internacionais cultivou.

Desde o Aiún foi desviada a Lanzarote privada do pasaporte marroquí co que viaxaba. Unha vez nas Illas Canarias, foi obrigada a saír da zona internacional do Aeroporto e entrar en España.

España non pode considerarse indiferente ante a situación da activista, nin entender que a expulsión dunha cidadá do seu propio territorio por un ocupante que non ten recoñecidos dereitos sobre el, sexa un asunto interno da administración marroquí.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Que o Concello de Cambre inste á Embaixada do Goberno de Marruecos en España e o propio Goberno Marroqí a inmediata admisión no territorio do Sahara Occidental de Dª Aminatou Haidar, tendo en conta o grave deterioro de saúde que sufre ante a prolongada folga de fame que sosten actualmente, e o cesamento inmediato de calquera acto represivo contra cidadan@s saharauis, e o respecto escrupuloso da Declaración Universal dos Dereitos Humáns.

SEGUNDO.- Instar ao Goberno español a reclamar a Marruecos o cumprimento das resolucións da ONU respecto ao dereito de autodeterminación do Sahara Occidental.

TERCEIRO.- Expresar a nosa solidariedade co pobo saharauí na súa loita polo exercicio do dereito de autodeterminación para finalizar co proceso de descolonización e acabar coa ocupación.

CUARTO.- Estos acordos serán remitidos a Presidencia del Gobierno de España, Ministerio Español de Asuntos Exteriores, Oficina de la ONU en Madrid, Presidencia de la Unión Europea e Embaixada de Marruecos en España.


CAMBRE, a 17 de decembro de 2009

No hay comentarios: