miércoles, 24 de febrero de 2010


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ACTITUDE INQUISITIVA DA POLICÍA NACIONAL, NO QUE CONSIDERA UN INTENTO DE COACCIÓN DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN DA CIDADANÍA A INSTANCIAS DE RENFE.

EU SOLIDARIZASE CA PORTAVOZ DA PLATAFORMA SALVA O TREN, LUCÍA LATORRE
ESQUERDA UNIDA PULA POLA DEFENSA DO FERROCARRIL DE PROXIMIDADE, POR CONSIDERALO UN SERVIZO PÚBLICO ESTRATÉXICO FUNDAMENTAL QUE SEMELLA VITAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE.

Segundo información aparecida en días pasados no xornal a Voz de Galicia, a portavoz da plataforma Salva o Tren, Lucía Latorre, foi identificada por dous policías nacionais ao baixarse dun convoi en Vigo, os axentes pedíronlle que se identificase e lles mostrara o billete, trasladándolle, a instancias de Renfe, que a súa actitude durante a viaxe pode levar unha sanción. Lucía Latorre aproveitou o traxecto para repartir uns folletos informativos sobre a desaparición dos trens rexionais e a necesidade dun servizo de proximidade.

Esquerda Unida considera inaceptable que nun estado de dereito o feito de repartir folletos informativos poida derivar nunha sanción. A nosa organización rexeita a actitude antidemocrática de RENFE, intimidando a unha cidadá no exercicio do seu dereito constitucional de libre expresión.

Resulta abraiante que se intente silenciar a un colectivo que o único que está a reivindicar é que se restableza a igualdade entre comunidades, pois non debemos esquecer que mentres noutras comunidades como Catalunya o Ministerio de Fomento está a investir no tren de proximidade, en Galiza estase a desmantelar.

Desde o inicio da obras da alta velocidade no eixe atlántico, o Ministerio de Fomento foi suprimindo as antigas estacións, aducindo que o tráfico das estacións era moi baixo e non cubría custos económicos, esquecendo que é un servizo público estratéxico. Sen embargo os meses anteriores ao peche das estacións desde Renfe se lles ordenou aos revisores que non subiran a picar na estación a pechar, para que non constasen os usuarios nas estatísticas.
Para EU o peche destas estacións condenou a unha poboación cunha media idade elevada a desprazarse en taxi ou vehículo privado e incluso andando, xa que tampouco se dispón dun servizo regular de autobuses, porque só ofrecen servizos cos principais núcleos urbanos.

Esquerda unida, como xa indicara no seu programa electoral, considera o ferrocarril de proximidade un servizo público estratéxico fundamental que semella vital para o desenvolvemento da mobilidade sostible, polo que pulará polo seu desenvolvemento.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

martes, 23 de febrero de 2010

Cambre
IU pide datos sobre la selección de 5 auxiliares,Izquierda Unida también pedirá explicaciones por las deficiencias del local de la tercera edad de O Temple

REDACCIÓN CAMBRE Izquierda Unida solicitará en el pleno al Gobierno local de Cambre que pida a la Fiscalía información relativa a la situación del expediente que contiene irregularidades del proceso de selección de cinco plazas de auxiliares administrativos en el año 2008. El grupo pide al Gobierno local que, en cuanto tenga esa información, la comparta con las demás formaciones del Concello. Los concejales de Izquierda Unida también preguntarán al pleno por la expropiación de los terrenos para el nuevo colegio de A Barcala; sobre las medidas contra el desempleo que tomará el Ayuntamiento, sobre los actos del día del árbol y sobre las deficiencias con las que cuenta el local de la tercera edad de O Temple.

Iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización "Orgullosos do noso, orgullosos do galego"


Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Susana Seivane, Antón Reixa, Isabel Risco, Carlos Ares e Belén Regueira, protagonistas dunha campaña en favor da lingua.


"Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego". Este é o lema da campaña impulsada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), que bota a andar este mesmo luns.


O recente gañador, por terceira vez, dun premio Goya, o actor Luís Tosar, é un dos persoeiros que presta a súa imaxe e a súa voz en favor da lingua a través de dous vídeos que se difundirán en todo o país, especialmente entre a comunidade educativa. Participan tamén as actrices María Castro e Isabel Risco, o actor Martiño Rivas, o produtor audiovisual Antón Reixa, o guionista Carlos Ares, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.


Este ambicioso proxecto da CGENDL é unha das iniciativas que o colectivo botará adiante como parte da súa campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar. Tal e como explicaban para Vieiros o pasado mes de novembro, á volta da primeira asemblea da asociación, pretenden "combater os prexuízos" ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego. A que hora e con que roupa? Á presentación desta campaña, que tivo lugar este luns non hotel compostelán, acudiron Antón Reixa, Susana Seivane, Carlos Ares e Isabel Risco. Os catro valoraron a iniciativa e agradeceron á Coordinadora a oportunidade de "sentírmonos útiles e poder facer cousas a prol do que pensamos". Antón Reixa subliñou a súa oposición ao Decreto do ensino, que cualificou como "unha volta atrás" e apostou polo traballo feito durante todos estes anos: "temos moito avanzado grazas a labor de persoas como as que traballan nos equipos de normalización", dixo. Carlos Ares reiterou a súa disposición a colaborar en iniciativas en defensa do noso idioma apelando á frase do actor Dean Martin, "quen cando recibía un bo guión só dicía: A que hora e con que roupa?, o mesmo dixen eu".Susana Seivane subliñou a necesidade de defender a nosa fala que considerou "lonxe de estar en perigo de extinción" e recordou que, malia nacer en Barcelona ou ter nai andaluza, "falar galego e defendelo é unha cuestión natural". Finalmente, Isabel Risco destacou que "o galego non é algo pechado, senón que nos podemos expandir, e comprendérmonos en todo o mundo

domingo, 21 de febrero de 2010

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PARA A SOLICITUDE DE INFORMACIÓN A FISCALÍA SOBRE O EXPEDIENTE DO PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO CONCELLO.

XUSTIFICACIÓN:

No pleno Municipal do dia 31 de xaneiro de 2008 os Grupos municipais do PP, BNG, EU-IU e PG, presentaron unha Moción conxunta asinada polos diferentes voceiros, respecto das presuntas irregularidades detectadas no proceso de selección de cinco plazas interinas de auxiliares administrativos.

Esquerda Unida salienta que hai un acordo plenario acadado ao través dunha moción dos Grupos municipais agás do PSOE. A dia de hoxe en ningún órgano do Concello se deu conta do estado do proceso, pasando meses e anos sen información por parte do Goberno.

Si ben e certo que unha das persoas que no seu momento tiña responsabilidades dentro deste proceso xa non forma parte desta Corporación. O Sr. Alcalde como máximo mandatario do concello non debe esquencer que esta iniciativa creaba expectativas de transpariencia no comenzo da lexislatura, polo que o noso Grupo quere reclamar dilixencia e celeridade para proceder o esclarecemento dos feitos, polo que recordamos e reiteramos que no Pleno do 31 de xaneiro de 2008 tomáronse, entre outros acordos: “Remitir unha copia do expediente completo deste proceso de selección de persoal ao Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…”

Transcurridos dous anos, entende o noso Grupo que pasou tempo suficiente para que o Goberno informe o pleno da situación do expediente, ou do contrario se proceda a tomar as medidas pertinentes para solicitar a Fiscalía información sobre a tramitación do problema denunciado.


POLO EXPOSTO O NOSO GRUPO SOLICITA AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DO SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Que o pleno do concello de acordo coa transpariencia que debe existir na institución municipal e en consonancia coa Moción presentada o 31 de xaneiro de 2008, reclame da Fiscalía coa máxima celeridade, información relativa a situación do expediente sobre as irregularidades detectadas no proceso de selección de cinco plazas de auxiliares administrativos.

SEGUNDO.- Da información facilitada por parte da Fiscalía, dar conta os Grupos municipais representados na Corporación.

CAMBRE, a 20 de febreiro de 2010

jueves, 11 de febrero de 2010


Los mariscadores se manifestarán en marzo para pedir la limpieza de la ría



Izquierda Unida llevará al Parlamento Europeo una iniciativa para "acelerar" el saneamiento de O Burgo E Hay zonas cercanas a los bancos en las que la suciedad llega casi a los dos metros

Luis Taibo, Manuel Cao y Manuel Baldomir, ayer, en la sede de la Cofradía de Pescadores. GEMMA MALVIDO A CORUÑA


Los mariscadores volverán a las calles para protestar por el estado de la ría de O Burgo, con movilizaciones, recogida de firmas, iniciativas que pretenden llegar al Parlamento Europeo y hasta una limpieza simbólica de los lodos con voluntarios llegados desde más allá de los límites de la ría. "A finales de marzo o principios de abril", en esas fechas será la próxima manifestación en defensa de los bancos marisqueros de O Burgo. Una llamada a los gobiernos -autonómico y estatal- para que "se pongan de acuerdo" y comiencen a trabajar en defensa de la ría.


El Gobierno central asegura que tiene una partida de trece millones de euros reservada para dragar la ría, pero que no lo hará hasta que la Xunta elimine los lodos y elabore un plan para su tratamiento. Los mariscadores exigen que A Coruña tenga un trato similar al que tiene Vigo, en cuanto a tratamiento de vertidos. Aseguran que, a estas alturas, ya hay zonas de la ría que cuentan con 1,90 metros de lodo y que la playa de Santa Cristina se empieza a ver ya amenazada. Hablan de luchar contra una "marea negra, más pequeña que la del Prestige", pero negra al fin y al cabo.


El concejal de Izquierda Unida en Cambre, Luis Taibo, acompañó ayer a los representantes de los mariscadores a flote, Manuel Cao, y a pie, Manuel Baldomir, para anunciarles que su grupo llevará al Parlamento Europeo una iniciativa para exigir que se "acelere" el saneamiento de la ría y que la de O Burgo tenga el mismo tratamiento que la de Vigo. Los trabajadores se quejan de la "desidia" que embarga a los cuatro ayuntamientos encargados de limpiar la ría y piden que sea el Consorcio das Mariñas el ente que se convierta en "motor" para hacer que O Burgo siga "generando empleo", no sólo para las 138 familias que actualmente viven de ella sino para muchas más.

martes, 9 de febrero de 2010

INICIATIVAS PLENO DE XANEIRO 2010:


ROGOS:


1.- Sobre a transpariencia na selección de empresas que realizarán as obras do “Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidade Local”

-É coñecido que o Concello de Cambre acolleuse ao Fondo Estatal de Investimento Local habendo obtido da administración do estado un volume de 2.475.658 de euros de finanzamento público.

As empresas que sexan invitadas previamente polo goberno local poderán concursar e serán seleccionadas en virtude de certos criterios definidos nas Cláusulas Administrativas Particulares.
Co fin de incrementar a transpariencia no Goberno local, o noso Grupo realiza o seguinte ROGO:

-Que se publique na páxina web do concello os criterios que foron utilizados para a invitación de empresas a unha obra determinada, e se enumeren a totalidade das empresas invitadas a participar en cada proxecto.

2.- A actuación para a rexeneración urbana do Campo da feira de Cambre, debería comenzar o longo do ano 2009 coa previsión de remate para o primeiro trimestre de 2011.

-O noso Grupo prega se nos informe en que situación se encontra actuación mencionada, para dar cumprimento a MOCIÓN presentada por EU-IU sobre o Concurso de Ideas para a Remodelación Urbana e Rexeneración do Campo da Feira de Cambre.

3.- En relación a unha proposta realizada polo noso Grupo Municipal sobre a creación de un Obradoiro de Emprego no concello, e a súa relación coa restauración da casa rectoral de Pravio.


O noso Grupo realiza o seguinte ROGO:


-Se nos informe da situación dos proxectos de reforma da casa rectoral de Pravio e os costes da súa reforma, así como as negociacións co arcebispado para a cesión do inmoble.



PREGUNTAS:


1.- O Grupo Municipal de EU-IU presentou unha iniciativa no pleno municipal correspondente o mes de febreiro do ano 2009, reiterando outra no mesmo sentido presentada no mes de decembro de 2008, relativa a situación na que se “encontran os contratos de seguros de responsabilidade civil do concello, e se nos informase si se presentaron ofertas de distintas empresas para a súa concesión”

O ROGO dirixido o Sr. Alcalde, foi contestado polo ex concelleiro responsable de facenda, informando que no procedemento iniciado para tal fin, “non cumpria coa normativa, por iso decidiuse anular ese procedemento, e renovouse o seguro que estaba vixente”.

No mencionado pleno, o noso Grupo xa facía mención os reparos manifestados pola Sra. Interventora nas contas xerais dos anos 2006 e 2007, cuestión que se volve a repetir no ano 2008.

Ante as afirmacións por parte do ex concelleiro responsable de facenda, de que o procedemento non foi o correcto, e manifestando que para o presente ano se iniciaria “…un procedemento correcto e oviamente público”

O noso Grupo fai a seguinte pregunta:

-¿Ten realizado ou pensa realizar o Goberno local os trámites correspondentes para a contratación de seguros para o ano 2010 de acordo coa a Lei e a normativa vixente, tendo en conta os reparos de Intervención e a contestación do ex concelleiro de facenda o noso Grupo?

2.- En relación co punto anterior tamén o noso Grupo presentaba unha PREGUNTA na comisión informativa do mes de setembro pasado, en relación a contratación da prestación de diversos servizos municipais. Cuestións sinaladas pola Interventora municipal e motivo de reparos nas Contas Xerais igual que no ROGO anterior.

-¿Pode informarnos o Goberno local en que situación se encontra a contratación do servizo de saneamento e suministro de auga?

3.- Sobre a transpariencia e publicidade dos pagos os concelleiros.

-¿Para cando vai dar cumprimento o Goberno local o ROGO presentado polo noso Grupo no pleno de novembro, relativo a publicidade na páxina web do concello, dos gastos derivados de atencións protocolarias e de representación, realizados polos responsables municipais?.

-¿Cando pensa o Goberno publicar as cantidades que os membros da Corporación reciben pola asistencia a órganos colexiados? (plenos, comisións, xuntas de goberno, etc.)