martes, 9 de febrero de 2010

INICIATIVAS PLENO DE XANEIRO 2010:


ROGOS:


1.- Sobre a transpariencia na selección de empresas que realizarán as obras do “Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidade Local”

-É coñecido que o Concello de Cambre acolleuse ao Fondo Estatal de Investimento Local habendo obtido da administración do estado un volume de 2.475.658 de euros de finanzamento público.

As empresas que sexan invitadas previamente polo goberno local poderán concursar e serán seleccionadas en virtude de certos criterios definidos nas Cláusulas Administrativas Particulares.
Co fin de incrementar a transpariencia no Goberno local, o noso Grupo realiza o seguinte ROGO:

-Que se publique na páxina web do concello os criterios que foron utilizados para a invitación de empresas a unha obra determinada, e se enumeren a totalidade das empresas invitadas a participar en cada proxecto.

2.- A actuación para a rexeneración urbana do Campo da feira de Cambre, debería comenzar o longo do ano 2009 coa previsión de remate para o primeiro trimestre de 2011.

-O noso Grupo prega se nos informe en que situación se encontra actuación mencionada, para dar cumprimento a MOCIÓN presentada por EU-IU sobre o Concurso de Ideas para a Remodelación Urbana e Rexeneración do Campo da Feira de Cambre.

3.- En relación a unha proposta realizada polo noso Grupo Municipal sobre a creación de un Obradoiro de Emprego no concello, e a súa relación coa restauración da casa rectoral de Pravio.


O noso Grupo realiza o seguinte ROGO:


-Se nos informe da situación dos proxectos de reforma da casa rectoral de Pravio e os costes da súa reforma, así como as negociacións co arcebispado para a cesión do inmoble.



PREGUNTAS:


1.- O Grupo Municipal de EU-IU presentou unha iniciativa no pleno municipal correspondente o mes de febreiro do ano 2009, reiterando outra no mesmo sentido presentada no mes de decembro de 2008, relativa a situación na que se “encontran os contratos de seguros de responsabilidade civil do concello, e se nos informase si se presentaron ofertas de distintas empresas para a súa concesión”

O ROGO dirixido o Sr. Alcalde, foi contestado polo ex concelleiro responsable de facenda, informando que no procedemento iniciado para tal fin, “non cumpria coa normativa, por iso decidiuse anular ese procedemento, e renovouse o seguro que estaba vixente”.

No mencionado pleno, o noso Grupo xa facía mención os reparos manifestados pola Sra. Interventora nas contas xerais dos anos 2006 e 2007, cuestión que se volve a repetir no ano 2008.

Ante as afirmacións por parte do ex concelleiro responsable de facenda, de que o procedemento non foi o correcto, e manifestando que para o presente ano se iniciaria “…un procedemento correcto e oviamente público”

O noso Grupo fai a seguinte pregunta:

-¿Ten realizado ou pensa realizar o Goberno local os trámites correspondentes para a contratación de seguros para o ano 2010 de acordo coa a Lei e a normativa vixente, tendo en conta os reparos de Intervención e a contestación do ex concelleiro de facenda o noso Grupo?

2.- En relación co punto anterior tamén o noso Grupo presentaba unha PREGUNTA na comisión informativa do mes de setembro pasado, en relación a contratación da prestación de diversos servizos municipais. Cuestións sinaladas pola Interventora municipal e motivo de reparos nas Contas Xerais igual que no ROGO anterior.

-¿Pode informarnos o Goberno local en que situación se encontra a contratación do servizo de saneamento e suministro de auga?

3.- Sobre a transpariencia e publicidade dos pagos os concelleiros.

-¿Para cando vai dar cumprimento o Goberno local o ROGO presentado polo noso Grupo no pleno de novembro, relativo a publicidade na páxina web do concello, dos gastos derivados de atencións protocolarias e de representación, realizados polos responsables municipais?.

-¿Cando pensa o Goberno publicar as cantidades que os membros da Corporación reciben pola asistencia a órganos colexiados? (plenos, comisións, xuntas de goberno, etc.)

No hay comentarios: