martes, 9 de marzo de 2010


CONTENCIOSO DE “EU-IU” CONTRA A INSTALACIÓN DE ANTENAS DE TELEFONÍA MÓVIL


O Consello local de EU-IU de Cambre e o seu Grupo Municipal, presentaron ante o Xulgado do Tribunal Contencioso Administrativo número tres, unha interposición de recurso contencioso contra a instalación de una estacion base de telefonia movil, no edificio do número 42 na Costa da Tapia na parroquia do Temple.

A dia de hoxe o vacio legal no concello de Cambre, non permite resolver de unha maneira eficaz o impacto da telefonía móvil, pola carencia de un Plan de Urbanismo ou unha Ordenanza que regule a instalación das mencionadas infraestructuras.

EU-IU non se opón o progreso, pero está en contra da ubicación das antenas, fundamentalmente polo principio de precaución recomendado pola OMS, como a obriga as administracións públicas de velar pola saúde dos cidadáns; entendendo que cos medios técnicos da actualidade podense preservar a unha distancia considerable das zonas de población, sin perder a cobertura, tal como fan as recomendacións sanitarias.

Ademais, para maior abundamento, na lexislación do Estado recollese un concepto básico que nos leva a reafirmarnos na idea de opoñernos a esta instalación; é o concepto de “Espacio Sensible”, que se defíne como aquel que acolle na súa maioría a nen@s, anciáns e enfermos, tal como colexios garderías, residencias de anciáns, centros hospitalarios, prazas, parques…

Por tanto, as instalacións para as que se concedeu licencia, están situadas en un entorno de 100 metros de distancia respecto dos chamados espacios sensibles multiplicando o risco de contaminación electromagnética, incumplindo o principio de precaución, xa que non garantiza os cidadáns a inocuidad na súa exposición.

Asdo: Grupo Político Municipal

No hay comentarios: