viernes, 26 de marzo de 2010

INICIATIVAS PLENO MUNICIPAL MARZO 2010

ROGOS:


1.- O Goberno municipal concedeu licencia para a instalación de dúas Estacións Base de Telefonía Móvil na Costa da Tapia. Ditas antenas xa foron motivo da apertura dun expediente, pola súa instalación e posta funcionamento sin licencia municipal.

Ante a desconfianza polas consecuencias que poden ter as radiacións sobre a poboación e sobre todo, sobre as persoas mais vulnerables, como poden ser os nen@s, ancians e enfermos, o artigo 8.7 do R.D 1066/2001 obriga as empresas a desenrolar estratexias para minimizar as emisións das Estacións Base de Telefonía (antenas), e o artigo 3, obriga a extremar esa minimización si existen zonas sensibles (guarderias, parques, colexios, centros de saúde, etc.) en un entorno de 100 metros.

Tendo en conta as anteriores consideracións, o Grupo municipal de EU-IU presenta o seguinte ROGO:
1.- Que o Concello de Cambre solicite á Inspección Provincial de Telecomunicacións realice medicións dos niveis de emisións das antenas mencionadas; ou no seu lugar encargará peritaxe a empresa cualificada.
2.- O Concello solicitará das compañias instaladoras o estudo dos niveis de exposición radioeléctrica en áreas próximas ás antenas en cuestión.
3.- Solicitar a Telefónica Móviles e Vodafone España S.A, a estratexia deseñada para minimizar as emisones da antena considerando que nunha contorna de 100 metros existen zonas sensibles (parques, colexios, centros Sociais...)

2.- Tendo en conta o escrito do Ministerio de Economía e Facenda, rexistrado de entrada co número 1.458 o día 5 de febreiro de 2010, polo que se denega a petición de compensación de 805.649,36 euros en concepto de IBI dos exercicios 2005 a 2008, deixados de percibir polo Concello como consecuencia da bonificación do 95% aplicada a prol de Autopistas do Atlántico, S.A. (AUDASA).

-Pregamos o Goberno local se nos informe da situación do problema

3.- A Corporación Municipal ten aprobado por unanimidade, unha Moción encamiñada a dotar os parques para instalacións adaptadas para persoas maiores co fin de realizar actividades de carácter físico e terápeutico.


-O noso Grupo PREGA se nos informe sobre a instalación de aparellos biosaudables nos distintos parques ou lugares do concello.

CAMBRE, a 20 de marzo de 2010




PREGUNTAS:


1.- Xa foron varias as iniciativas presentadas polo noso Grupo co fin de adquirir uns terreos na parroquia de Cela para a dotación de infraestrusturas sociais e deportivas, non foron menos os compromisos adoptados pola Corporación e o propio Grupo de goberno no mesmo sentido.

A dia de hoxe os veciñ@s de Cela siguen agardando un compromiso firme con alternativas claras para a compra dos terreos propiedade da Fundación Tenreiro nas inmediacións da igrexa.

-E polo que o noso Grupo facendo súas as peticións realizadas polos veciños fai a seguinte PREGUNTA:

-¿Ten pensado o Goberno dispoñer dunha partida orzamentaria no presente exercicio, para adquirir os terreos mencinados?

2.- A seguinte pregunta, ten que ver con outra iniciativa realizada polo noso Grupo no pleno do mes de novembro pasado, recordando a obligación para todos os membros da Corporación de realizar e manter actualizadas as declaracións de Bens e Patrimonio. Obligación que nos consta, todos coñecemos.

Ante a necesidade da modificación do R.O.M para proceder a publicación mencionada, o noso Grupo fai a seguinte pregunta:

-¿Para cando ten previsto o Goberno realizar os tramites para proceder a modificación do R.O.M e facer público a declaracións dos bens patrimoniais dos membros da Corporación Local, e dar cumprimento o solicitado?

3.- Dende fai tempo e de forma reiterada, veciñ@s da parroquia de Cela veñen manifestando o noso Grupo a necesidade da modificación da linea de transporte interparroquial, co obxetivo de ampliar o servizo e de establecer unha parada no centro parroquial, e decir no lugar da “Igrexa”.

Fai aproximadamente un ano EU-IU plantexaba unha iniciativa na idea de aumentar o transporte público, tendo en conta a carencia existente no servizo, solicitando ao Goberno do concello realizara as xestións necesarias ante o Consorcio de Transportes de Galicia co fin de incluir no percorrido o mencionado lugar.

-¿Qué xestións ten realizado o Goberno local ante o Consorcio de Transportes para correxir a carencia no servizo?




INICIATIVAS COMISIÓNS INFORMATIVAS MARZO 2010

COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN E DEPORTES

PREGUNTAS:

1.- Sobre a matrícula nos centros de ensino público de Cambre.
Como e sabido, este mes quedou aberto o prazo oficial para formalizar a matricula de cara ó vindeiro curso 2010/2011.
Lóxicamente tras o acontecido os pasados anos, o noso grupo espera e desexa que non se repitan os feitos tan desagradables que todos coñecemos, e polo tanto non quede ningún nen@ sen praza nos colexios públicos que lle corresponda.

Polo tanto o Noso Grupo Municipal pregunta:
¿Ten o grupo de Goberno feita algunha prevision da posible matricula necesaria para que ningún neno quede sen praza?
¿Cantas prazas estarán dispoñibles de cara ó vindeiro curso nos colexios de Cambre?
¿Houbo algun problema destacable durante dito proceso este ano?



COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS
ROGOS:
Sobre os terreos para equipamentos na parroquia do Temple.
É coñecido por todos a cesión de terreos a Xunta de Galicia para a construcción dun Centro de Saúde, Unha Escola Infantil e un Centro de Día na parroquia do Temple.
A día de hoxe podese intuir cales son os terreos de titularidade pública e cales non, sendo esta ubicación un tanto confusa.
É por isto que o noso G.M prega:
Se nos informe de cal é a situación en que se atopan ditos terreos e se proceda a limitar a sua ubicación.

COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.


PREGUNTA:

¿Poden informarnos porqué non se teñen instalado dous espellos de seguridade, solicitados polo noso Grupo fai mais de seis meses?
COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA, CONTRATACIÓN, PATRIMONIO MUNICIPAL E RÉXIME INTERIOR.
ROGOS:
1.- Co fin de complementar a información exposta na páxina web do concello, relativa as percepcións que reciben os membros da Corporación polas tarefas derivadas dos seus cargos.
-Pregamos se incluian as cantidades percibidas en concepto de dedicación parcial e dedicación exclusiva.


COMISIÓN INFORMATIVA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, IGUALDADE E TURISMO.

PREGUNTA:


-Campaña a favor de Haiti


¿Pode informarnos o goberno do balance da campaña solidaria de axuda a Haiti?


CAMBRE, a 20 de marzo de 2010

Gupo Municipal

No hay comentarios: