INICIATIVAS PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO ORDINARIO DO MES DE XUÑO
AO PLENO PLENO DO CONCELLO
Por medio do presente escrito, JUAN A. FERNÁNDEZ LÓPEZ, concelleiro do Grupo Municipal de EU-IU, membro da Comisión Informativa de ECONOMÍA, FACENDA, EDUCACIÓN, DEPORTES, PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO, tendo en conta o contemplado no artigo 115 d) do ROM do concello, presenta VOTO PARTICULAR a proposta da Alcaldía do pleno do 24 de xuño de 2010, sobre as retribucións salariales para os cargos que desempeñan en réxime de dedicación exclusiva e parcial, e ás cantidades a percibir en concepto de asistencia pola concurrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados, contemplados nos puntos PRIMEIRO e TERCEIRO da mencionada proposta.
Xustificación: O pasado 12 de maio, o Presidente do Goberno do Estado presentou un Plan de Axuste no Congreso dos Deputados co obxectivo de reducir o déficit nas administracións públicas. O devandito plan comprende entre outras medidas, a conxelación das pensións, redución do soldo dos empregados públicos, a retroactividad das axudas á dependencia, a redución do investimento público ou a modificación do réxime de xubilación anticipada, etc.
En relación co anterior a FEMP realiza unha proposta sobre a reducción salariales dos concelleiros con dedicación exclusiva e parcial no marco do R.D Lei 8/2010. Dado que a nosa formación política está integrada no mencionado organismo, asumimos como partido a táboa acordada na súa última comisión executiva para aplicar os recortes nas retribucións.
Considerando o noso Grupo que as recomendacións da FEMP son un acordo de mínimos, e tendo en conta a proposta da Alcaldía sobre a redución das cantidades a percibir en concepto de asistencias ás sesións é órganos colexiados, presentamos unha proposta de modificación para enmendar os puntos primeiro e terceiro.
Así o noso Grupo, en consonancia co manifestado no pleno dos orzamentos, e na linea da Moción presentada no pasado pleno ordinario do mes de maio (que non permitiron debatir), e considerando que os cargos públicos do concello debemos dar exemplo de solidariedade e austeridade:
-POR TODO O ANTERIORMENTE EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO MODIFICAR O DICTAMEN DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA, EDUCACIÓN, DEPORTES, PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO, NOS PUNTOS CITADOS NO PRESENTE ESCRITO:
Punto primeiro:
Proposta:
Engadir “Da mesma maneira, dita redución se aplicará utilizando os mesmos criterios para os cargos de confianza e libre designación”
Punto segundo:
Proposta:
-PLENOS: 125 euros
-XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 160 euros
-XUNTA DE VOCEIROS: 75 EUROS
-XUNTA DE COORDINACIÓN: 80 euros
-COMISIÓNS INFORMATIVAS: 75 euros
-PRESIDENTE DE COMISIÓNS INFORMATIVAS: 240 euros
-MESA DE CONTRATACIÓN: 24 euros
CAMBRE, a 23 de xuño de 2010
ROGOS:
1.- Tendo en conta os momentos de crisis que estamos atrevesando no conxunto do estado, o noso Grupo municipal considera necesario tomar algún tipo de medidas exemplarizantes para poñer en marcha un plan urxente de control e austeridade para recortar o gasto no concello, tentando minorizar as consecuencias da situación que estamos padecendo.
-O noso Grupo prega o goberno proceda a elaboración dun catálogo de medidas económicas onde se concretarán as reduccións do gasto e se cuntificará o aforro que se consiga coa aplicación das mesmas.
2.- Unha información importante e complementaria sobre todo para a seguridade vial dentro do término municipal, é o informe da memoria anual elaborado pola Polícia Local.
-O noso Grupo prega se nos facilite dito informe correspondente o ano 2009.
3.- Transcurrido un tempo mais que prudencial da celebración das festas de Santa Maria na parroquia de Cambre:
-O noso Grupo prega nos informen sobre o balance de gastos e ingresos relativos o pasado ano.
-Poden informarnos da programación para o presente ano, incluido as actuacións previstas no festival Rok in Cambre.
PREGUNTAS:
1.- A pesar das reiteradas ocasións que o noso Grupo Municipal preguntou, demandou e esixiu a inmediata posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal, como órgano necesario para intentar arranxar ou minimizar os problemas que xurden ano tras ano ante a escasez de prazas escolares nas zonas mais urbanas do noso Concello, e os conseguintes problemas que xurden na comunidade escolar, provocando unha falta de planificación unitaria da política educativa do concello é a propia imposibilidade de debatir e propoñer propostas ós problemas presentes e futuros:
¿Considera o responsable de educación que este problema non e o suficientemente importante para dedicar unha partida presupostaria e poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal?
¿Ten pensado o Concelleiro delegado de educación facer algo para a constitución deste órgano ou considerao unha perdida de tempo?
2.- Sobre o estado de licitación do FEESL
-¿En que estado se atopan os diferentes procesos de adxudicación das obras Obras do FEESL?
3.- Sobre as comprobacións de emisións de radiacións nas antenas de telefonía móbil na Costa da Tapia
Recentemente o noso grupo municipal en base o contemplado no R.D 1066/2001, solicitaba dos responsables do goberno, procedese a realizar as medicións das radiación que estan a efectuar dúas atenas de telefonía móbil que sea topan instaladas nun edificio da Costa da Tapia, no Temple.
Ante isto o noso grupo municipal pregunta:
-¿Teñense realizado as mediación sobre os niveis de radiación das antenas mencionadas?
-De ser afirmativa a resposta ¿cales foron os resultados?
-¿Solicitou o concello as compañias o estudo de niveis de exposición radioelectrónica, nas áreas consideradas sensibles é próximas ás antenas?
CAMBRE, a 19 de xuño de 2010