domingo, 12 de septiembre de 2010







COMUNICADO DE PRENSA


EU CONVÉRTESE NA PRIMEIRA FORMACIÓN POLÍTICA GALEGA QUE DESENVOLVE UNHA MOBILIZACIÓN NACIONAL A PROL DA FOLGA XERAL DO 29 DE SETEMBRO CONVOCADA POLOS SINIDCATOS

MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS MANIFÉSTANSE XUNTO CON ESQUERDA UNIDA A PROL DA FOLGA XERAL

ESQUERDA UNIDA CONVOCA A CINCOCENTAS PERSOAS EN COMPOSTELA PARA ESIXIRLLE AO GOBERNO DO PSOE UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS A CRISE, QUE DE MARCHA ATRÁS AS SÚAS POLÍTICAS ANTISOCIAIS E RETIRE A REFORMA LABORAL


Hoxe a Alameda compostelá viviu o nacemento da primeira grande mobilización desenvolvida por unha organización política galega de cara a Folga Xeral do 29 de setembro. Con esta mobilización, Esquerda Unida demostra ven as claras quen é a forza política que de verdade está a traballar para e por a clase traballadora e os máis necesitados.

Medio milleiro de persoas acudiron a chamada de Esquerda Unida para esixirlle ao Goberno do PSOE unha saída de esquerdas a crise, que de marcha atrás as políticas antisociais que está a desenvolver e retire a reforma laboral. Nun acto con que EU pretendeu mostrar o seu máis absoluto apoio as organizacións sindicais de cara a Folga Xeral do vindeiro 29 de setembro.

A manifestación que contou na cabeceira coa executiva nacional de EU en pleno, percorreu as rúas compostelás baixo o grito “Nin un paso atrás. FOLGA XERAL”, para rematar nunha abarrotada praza do Toural onde o responsable de Economía e Traballo leu o manifesto, asemade de enunciar algunhas das medidas propostas por Esquerda Unida ao executivo de ZP dentro do plan “100 medidas para saír da crise”. Durante o desenvolvemento da manifestación tamén puidéronse escoitar consignas en contra da reforma da laboral ou outras nas que se desenmascaraba ao Goberno do PSOE “Non son socialistas, son capitalistas”.


Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios: