miércoles, 20 de octubre de 2010

INFRAESTRUCTURAS VIARIAS

O Grupo Municipal de EU-IU, presentou na Xunta de Voceiros do dia 19 dúas propostas para que foran engadidas na DECLARACIÓN INSTITUCIONAL do pleno do día 20, ditas propostas foron aprobadas por todos os Grupos presentes na Corporación e figuran no texto final da Declaración Institucional aprobada.

1.- O Grupo municipal de EU-IU considera imprescindible volver o diálogo con todas as partes implicadas no problema e tratar de dar solución a un tema que sin duda ten que obedecer a intereses colectivos e de ningún xeito primar cuestións individuales, electoralistas ou personales, que en difinitiva van a provocar división, perxudicar a familias é o futuro desenrolo do noso concello e da propia Comarca.

2.- Co obxetivo de mellorar a fluidez do tráfico na estrada AC-211 e mais concretamente no tramo, correspondente a ponte da ría do Burgo entre os concellos de Culleredo e Cambre, e co fín de mellorar e desconxestionar a fluidez no movimento de tráfico na zona, SOLICITAMOS da Xunta de Galicia destine unha partida orzamentaria para o ano 2011 para o proxecto de ampliación da mencionada ponte, consistente na construcción de unha pasarela en paralelo para o paso de peóns o que permitiría a construcción de un novo carril, e mellorar a seguridade viaria na zona.

No hay comentarios: