MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU SOBRE O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DO BURGO E RECLASIFICACIÓN DO GAL 05/05 COMO ZONA “B”.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Como consecuencia dunha iniciativa no Parlamento Europeo do eurodiputado de IU Willy Meyer, o noso Grupo foi informado da intencion da COMISIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO de MEDIO AMBIENTE e a traves do seu comisario, de que o Estado Español está a infrinxir dúas Directivas marco en relación á calidade das augas, sendo unha das zonas afectadas a denominada zona de aglomeración urbana da Coruña é por isto que de non cumplir os requerimentos da comision será levado diante do Tribunal de Xusticia Europeo.
Con estes plans e programas o que se pretendía era garantir a calidade das augas neste caso da Ria do Burgo.
….la Comisión ha decidido llevar a España ante el Tribunal de Justicia por mala aplicación de la Directiva, y, en concreto, por tratamiento insuficiente de las aguas residuales en la aglomeración urbana de La Coruña.
Esta é a situación con respecto a Europa si miramos os incumprimentos reiterados en politicas medioambientais e ademais por desgracia asistimos ainda con demasiada frecuencia a probada existencia de vertquidos de ORIXE FECAL E INDUSTRIAL tanto no noso Concello, como os que lindan coa nosa ría, por isto podemos facernos unha idea do estado real da Ria do Burgo.
Por outra banda o INTECMAR é o centro encargado de analizar e controlar a salubridade dos produtos, entre outros os marisqueiros, para asesorar a CONSELLERÍA DO MAR no cambio de clasificación nas augas e mais na apertura ou peche das zonas productivas.
Para controlar as devanditas zonas, as cales están reguladas e marcadas por Lei, extráense unhas cantidades de marisco (mexilón de rocha ou berberecho) que levarán ao laboratorio para analizar. Estas mostras terán que ser recollidas cunha periodicidade marcada pola calidade das augas e sempre no mesmo lugar. Os puntos de mostraxe teñen que ser representativos do lugar (GAL) para saber e ter as máximas garantías de salubridade do produto.
Como consta no D.O.G do 19 de Xullo de 2010, fíxose a reclasificación do gal 05/05 da ría do Burgo de zona C a zona B, e tendo constancia por parte da Confradía de pescadores da Coruña de que as ditas mostraxes non se realizaron no devandito GAL 05/05, e mais tendo presente a existencia de continuas verteduras e outras futuribles que poderán aparecer no plan de control de vertidos aprobado pola Xunta de Galicia en Maio de 2010 (cun prazo de duración de 16 meses e valorado en preto de UN MILLÓN de euros), así como a existencia dun poboado chabolista (no verán preto de 500 persoas e o resto do ano unas 300) a pé de ría que expulsa os seus residuos tanto fecais como industriais ( televisores, ordenadores, electrodomésticos, etc) para esta zona reclasificada.
Ademais co obxectivo de denunciar dita situación e demandar as administracións públicas correspondentes os aspectos anteriormente nomeados a plataforma para a defensa da Ria do Burgo convocará unha marcha o vindeiro 10 de Outubro.
POLO EXPOSTO O NOSO GRUPO PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES DE ACORDOS:
PRIMEIRO: Que o pleno do concello manifeste o seu apoio as reivindicacións da Plataforma e colectivo de mariscadores para o SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DO BURGO E ELIMINACIÓN DE LODOS, así como a convocatoria da manifestación do vindeiro 10 de Outubro.
SEGUNDO: Que dada a falta de garantías de salubridade por non ser analizadas as mostraxes nesta zona GAL 05/05 reclasificada como zona B e sabendo a existencia de vertidos contaminantes se inste á XUNTA DE GALICIA a derrogar o decreto de reclasificación do GAL 05/05 publicado no D.O.G. 19 de Xullo de 2010 para que o produto marisqueiro na ría do Burgo non perda calidade, e para que cando se poña no mercado sexa cunhas GARANTIAS ÓPTIMAS DE SALUBRIDADE.
TERCEIRO: Demandar ó Goberno de España que axilice coa maior brevedade as obrigas que demanda as Directivas 2000/60/ e a 91/271 da (C.E) e do consello, do 23 de Ouctubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de aguas.
CAMBRE a 25 de setembro de 2010
Asdo: Grupo Municipal
ROGOS:
1.- Informacións do Goberno local de fai aproximadamente un ano, destacaban a transformación que se produciría no centro de Cambre con unha inversión prevista de 800.000 € con motivo da creación dun novo vial de circunvalación dende a estrada da Estación a Socampo, co fin de eliminar gran parte do tráfico rodado do centro do casco urbano e a creación de aproximadamente duascentas prazas de aparcamento derivadas da actuación mencionada.
-Transcurrido un tempo mais que prudencial dende o anuncio da obra e os problemas de tráfico producidos pola falta de aparcamento, o noso Grupo PREGA se nos informe da situación en que se encontra o mencionado proxecto.
2.-Ante o lamentable estado dos parques infantíes e zonas axardiñadas do concello, o noso Grupo ten presentado o longo da lexislatura diversas iniciativas solicitando o súa reparación e acondicionamento, en esta ocasión queremos denunciar o lamentable estado do parque situado nas inmediacións da rúa dos Muiños na Barcala, sobre todo no que se refire o seu mobiliario que non reune as mínimas condicións de uso e seguridade.
-Por isto PREGAMOS que coa maior urxencia se proceda a acondicionar o mencionado parque e repoñer os elementos que están destruidos, que poden ocasionar accidentes graves os usuarios.
3.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha das bases do noso Grupo Municipal, a obrigación de manter recuperar e vixiar o noso patrimonio unha obrigación desta Corporación
A ploriferación cada vez maior de maleza é obstáculos, fragmentan sen dereito numerosos camiños públicos do noso término municipal, sentíndose os usuarios na maioría dos casos, indefensos é desorientados pola falta de información é defensa decidida por parte da administración local.
O crecente uso público dos camiños fai necesario preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios é mantelos en bo estado.
O caso que nos ocupa e que traemos hoxe a este pleno, trata de un camiño que discorre entre a rúa Wenceslao Fernández Flórez e o Rocón, que según as nosas informacións está considerado como público nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento; o camiño en cuestión encontrase na súa totalidade pechade pola abundante maleza que ó ocupa impedindo o seu uso.
Considera o noso Grupo que é necesario poñer en valor a nosa riqueza e fonte de recursos de usos tradicionais para o uso e disfrute dos cidadáns.
-Por isto PREGAMOS o Goberno local proceda a tomar as medidas pertinentes para proceder a súa limpeza e acondicionamento co fin de recuperar o mencionado camiño.
PREGUNTAS:
1.- Como consecuencia das obras de infraestructuras viarias na Comarca, están executando a chamada Terceira Ronda. Este vial previsto para desconxestionar o tráfico e facilitar a circulación con maior seguridade na zona, vai a supoñer un incremeto de vehiculos na rotonda da estrada N- 550 no lugar da Rocha, un punto negro no referente a accidentes.
-¿Pode infarmarnos o Goberno local da situación do proxecto de mellora da mencionada rotonda?
2.- No pleno do mes de outono de 2009 o noso Grupo presentou un ROGO sobre a problemática da ría do Burgo, solicitando que o Sr. Alcalde como máximo representante politico do concello plantexara o problema no ente supramunicipal do Consorcio das Mariñas, co obxectivo de chegar a a acordos que contemplen o compromiso de que TODOS os concellos asociados no Consorcio, se impliquen de xeito activo no problema…
O Alcalde pide que a petición sexa solicitada por escrito polo noso Grupo, cuestión que plantexamos no mes de decembro pasado.
Ante a falta de información sobre o problema, o Grupo de EU-IU fai a seguinte PREGUNTA:
-Ten algunha información ou fixo algunha xestión o Alcalde no Consorcio das Mariñas sobre o problema.
3.- Co fin de dar cumprimento a unha iniciativa presentada polo noso Grupo Municipal no pleno do mes de outono de 2009, para reclamar o concello da Coruña o pago do IBI correspondente a ocupación dos terreos pola construcción do encoro de Cecebre, que a dia de hoxe sobrepasa os 35.000 €, é a pesar dos perxuizos e dos riscos que supón unha instalación destas características na cabeceira do noso concello onde en varias ocasións os veciñ@s de Cambre teñen sufrido as súas consecuencias; o concello da Coruña según recentes informacións nos medios de comunicación, intenta evadir e non facer efectivo o mencionando imposto.
-¿Pode informarnos o Goberno local sobre da situación do problema?
CAMBRE, a 25 de setembro de 2010
COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.
ROGOS:
1.- Como consecuencia da reparación da estrada CP-1704 (Cambre o Temple) foron instaladas sinais complementarias horizontais advertindo a existencia de pasos de peóns.
-PREGAMOS nos informen si ten coñecemento o goberno, de que as mencionadas sinais están devidamente homologádas e cumpren coa normativa vixente en materia de seguridade viaria.
-Se inicie unha campaña de supervisión e mellora da siñalización e iluminación dos pasos peonís do concello, facendo un estudo pormenorizado de cada un dos mesmos, a fin de adaptalos convintemente para o seu uso mais seguro, tratando de garantir a baixa na siniestrabilidade.
PREGUNTAS:
1.- Nas instalacións públicas de San Lourenzo estanse producindo obras de acondicionamento no seu recinto.
-¿Ten previsto o Goberno o cambio de lugar dos elementos do parque infantil?
2.- ¿Pode informarnos o Goberno local de cantas tomas de auga de emerxencia dispón o concello para o servizo dos vehiculos de contraincendios, é os lugares onde están instaladas?

COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ
PREGUNTAS:
1.- A seguridade vial da estrada N-550 no nucleo de poboación de Altamira, e un problema que se ven arrastrando de moitos anos atrás, sin que a dia de hoxe as administracións con competencias no tema (Fomento e a propia administración Local) teñan dado unha solución que garantice que os veciñ@ poidan atravesar a estrada nas mellores condicións de seguridade.
-¿Pode informarnos o Sr. Alcalde da situación do proxecto ou proxectos de seguridade vial para o lugar de Altamira, e das propostas de Fomento sobre as necesidades manifestadas polos veciñ@s ?

No hay comentarios:
Publicar un comentario