domingo, 3 de octubre de 2010


SOLIDARIEDADE COS TRABALLADOR@S DE CERAMICAS DO CASRO (Comunicado de apoio)

A/A: Comité de Empresa “Ceramicas O Castro”

Estimados Compañeir@s:

Queremos en primeiro lugar manifestarvos a nosa preocupación e o noso apoio solidario, a mais de ofrecer a nosa colaboración para o que estimedes oportuno, tendo en conta o que supón a actividade industrial para os traballador@s, para o concello de Sada e para o conxunto da Comarca, sendo un exemplo claro da creación de emprego o longo do tempo.

O Grupo Municipal de EU-IU e o Consello Local da nosa formación, apostamos firmemente pola defensa dos postos de traballo e polo mantemento do texido industrial, e apoiamos e apoiaremos todas as lexítimas reinvidicacións plantexadas polos traballador@s e os seus representantes, co fin de preservar os postos de traballo e o seu futuro na empresa.

Compañeiros, reiterarvos unha vez mais o apoio solidario, é a nosa asistencia a manifestación convovada pola representación sindical para o vindeiro dia 1, quedando a vosa disposición para todo o que poidamos.

Unha aperta, ¡MOITO ÁNIMO E SEMPRE ADIANTE!

En CAMBRE, a 23 de outubro de 2010


Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo

Asdo: Juan A. Fernández López. Concelleiro

Asdo: Tino Pan Paz: Responsable Local

No hay comentarios: