COMUNICADO DE PRENSA
ESQUERDA UNIDA SALIENTA QUE O GOBERNO RECAPACITASE E RECUPERASE O FONDO ORZAMENTAL PARA A REXENERACIÓN DA RÍA DO BURGO, TAL E COMO NO VERAN COMPROMETÉRASE EN RESPOTA A UNHA INTERPELACION PARLAMENTRIA DE EU.
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA SAÚDA O INCREMENTO DO
INVESTIMENTO PARA A CORUÑA NOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO, AINDA QUE O CONSIDERA INSUFICIENTE.
EU LAMENTA QUE O AUMENTO ACADADO PARA A TERCEIRA ROLDA NON SEXA SUFICIENTE PARA EVITAR ATRASOS NA SÚA FINALIZACIÓN NUNHA CIDADE QUE SE ATOPA ESTRANGULADA COMUNICATIVAMENTE COA SÚA BISBARRA.
Esquerda Unida xa sinalara no seu momento o rexeitamento dos orzamentos xerais do Estado presentados polo Goberno do PSOE, ao considerar que neles apreciábase un palpábel abandono da Coruña por parte do executivo central. Entre outras eivas orzamentarias, destacaba a redución orzamental para planes estratéxicos como a terceira rolda co grave prexuízo que elo supón a conexión da Coruña coa súa bisbarra ou a eliminación dos fondos para a rexeneración integral da ría do Burgo dos que o propio Goberno daba crédito no verán en resposta a unha inerpelación parlamentaria presentada por Esquerda Unida.
Diante dista situación o Consello Comarcal de EU Coruña, para resolver as eivas orzamentais, desenvolveu emendas que presentou o Grupo Parlamentario de Izquierda Unida. Unha delas consistía en recuperar a partida para a rexeneración integral da ría do Burgo, polo que EU congratúlase de que o Goberno recapacitase e recuperase o fondo orzamental.
Outras das emendas, dous concretamente, incidían na necesidade de incrementar os fondos para o desenvolvemento da terceira rolda por un importe total de 41,17 millóns de euros. Así, solicitábase que se duplicasen os fondos para o enlace entre Lonzas e A Zapateira, e dicir, un incremento de 8,6 millóns e o remate do tramo A Zapateira-A6 que suporía un investimento adicional de 8,36 millón de euros.
Con todo, o acordo acadado entre PSOE e BNG supón un incremento de tan so 6 millóns de euros sobre o orzamentado inicial, para facer un montante total de 30,21 millóns, asemade da constatación que o tramo A Zapateira-A6 se atrasa a lo menos un ano, xa que logo, Esquerda Unida lamenta que o aumento acadado para a terceira rolda non sexa suficiente para evitar atrasos na súa finalización nunha cidade que se atopa estrangulada comunicativamente coa súa bisbarra.
Aínda que o consello comarcal de EU saúda o incremento do investimento para A Coruña nos orzamentos xerais do Estado, o considera insuficiente para solventar o déficit orzamental contraído polo Goberno do PSOE coa nosa cidade.
Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario