NOTA INFORMATIVA DE EU-IU DE CAMBRE (Infraestructuras Viarias)
O Grupo Municipal de EU-IU ben de presentar no rexistro municipal unha SOLICITUDE para que sexa convocada a Comisión Informativa de Urbanismo, co fin de informar por parte do Goberno sobre a xuntanza mantida polos representantes do Consorcio das Mariñas, co conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, en relación o trazado da Via Ártabra o seu paso por Cambre.
Para EU-IU non se entende como un tema de tanta transcendencia, a Alcaldía non teña convocado de inmediato ós membros da Corporación Municipal para transmitirlles a información recibida e debatir as cuestións que, como consecuencia da mesma, se susciten. Resulta imprescindible volver o diálogo con todas as partes implicadas no problema e tratar de dar a solución mais axeitada, que sin duda ten que obedecer os intereses colectivos da cidadanía.
Baixo o noso criterio as autoridades da Xunta de Galicia, Corporación Municipal e o propio Consorcio, teñen que implicarse nos problemas derivados desta infraestructura, contribuindo a que se dea un verdadeiro equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción da obra pública que trata de beneficiar os cidadáns e á economía da comarca en xeral, e, por outra, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados, sexan defendidos e respectados prestando o máximo apoio e colaboración dende o concello.
Grupo Municipal de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario