viernes, 26 de noviembre de 2010


INICIATIVAS PRESENTADAS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS DO DIA 23 E PLENO MUNICIPAL DO DIA 25 DE NOVEMBRO.

MOCIÓN SOBRE O DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra da Muller. A data foi elexida como conmemoración do brutal asesinato en 1960 de tres mulleres da República Dominicana por orde do goberno.

Este día foise convertendo nunha data emblemática na que á sociedade manifestase contra todo tipo de violencia cara ás mulleres.

Aínda que se deron e séguense dando pasos importantes para xerar unha conciencia social de repulsa e rexeitamento a este tipo de violencia sexista, en todos os lugares do mundo a violencia de xénero segue sendo unha das señas de identidade patriarcal que aínda invade as nosas estructuras e contra a que temos que seguir loitando; xa que tan condenable é quen a exerce, como a sociedade que a xustifica, mantena é toléraa.

A violencia de xénero, a violencia contra as mulleres represéntase de diversas formas visibles: violacións, acosos sexuais e laborais, tráta de mulleres, prostitución, mutilación xenital, marxinación da política, eliminación da nosa Historia, nos matrimonios concertados, nos asasinatos por honra, na desigualdade salarial, na imposición do burka, e de forma simbólica a travésde pautas culturais que tranasmiten e reproducen comportamentos discriminatorios e sexistas.

Os Concellos ao ser as dministracións máis próximas á cidadanía, son os Gobernos que deben dar unha resposta máis rápida e eficaz a esta secuela social. POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O goberno municipal de Cambre comprométese a fomentar unha conciencia social baseada no respecto e na igualdade en todas aquelas actividades que sexan da súa competencia no campo da educación e da cultura. SEGUNDO.- O concello de Cambre solicitará ao Goberno do Estado competencias plenas dotadas presupuestariamente e que as entidades locais xunto coa administración Autonómica e Estatal colaboren conxuntamente para eliminar a violencia de xénero da sociedade.

SEGUNDO.- Enviar estes acordos ao Presidente do Goberno Autonómico e Estatal, e ao Parlamento Autonómico e ás Cortes Xerais, instándolles ás modificacións necesarias das súas leis respectivas sobre violencia de xénero e a un aumento orzamentario, a fin de que estas abórdense de xeito transversal e con maiores recursos económicos.

TERCEIRO.- O concello de Cambre comprometese a destinar unha dotación orzamentaria para asegurar que existan os recursos necesarios para as mulleres victimas da violencia e posibilitar o traballo das organizacións do noso ámbito municipal, que teñan como obxectivo a eliminación da violencia machista.


ROGOS:

1.- Nos ultimos tempos estamos asistindo e non con pouca polémica, o debate sobre a restructuración e incorporación de outros concellos o Consorcio das Mariñas. Racionalizar e coordinar as competencias municipais entre o noso concello e os do entorno é, hoxendía unha necesidade que non debemos aplazar, máxime cando se trata de entidades locais que se integran nun ámbito xeográfico común con similares problemas e necesidades de todo tipo. Entende o noso Grupo que un mínimo de sentido de racionalidade na xestión dos intereses públicos aconsellaría os órganos locais a que, con independencia das diferencias políticas ou de outro tipo que poidan manter ocasionalmente, deberían facerse esforzos para chegar a acordos para consolidar un ente metropolitano forte e capaz de dar resposta as necesidades e mellorar os servizos que se prestan os veciñ@.

-Dada a transcendencia do tema entende onoso Grupo, que non debe sustraerse ao coñecemento dos representantes nesta Corporación. Por iso PREGAMOS se nos informe da situación actual sobre a articulación do novo ente supramunicipal e o posicionamento do noso concello no proceso.

2.- Recentemente o presidente da Xunta plantexaba a supresión de subencións para os corredores ferroviarios de media distancia en Galicia, entre eles o da Coruña-Ferrol que transcurre polo noso concello.

-PREGAMOS nos informen sobre o problema e si teñen adoptado ou pensar adoptar algunha medida coa finalidade de evitar o peche das lineas ferroviarias.

-Que este problema sexa trasladado o Consorcio das Mariñas, co fin de acadar acordos a favor do mantemento do servizo e pola creación do ferrocarril de proximidade na nosa Comunidade, de acordo coa realidade social e laboral dos cidadáns.

3.- Unha das preocupacións do noso Grupo na presente lexislatura, foi a adquisición de terreos para infraestructuras sociais e de recreo na parroquia de Cela. Sendo que na actualidade xa dispón o concello das partidas orzamentarias para facer efectiva a sua compra.
-PREGAMOS nos informen da situación e cal é motivo da tardanza para a compra dos terreos propiedade da Fundación Tenreiro nas inmediacións da igrexa en Cela.


PREGUNTAS:

1.- En varias ocasións, O noso Grupo municipal ten plantexado a falta de sinalización nas instalacións deportivas de titularidade pública do concello. A pesar do tempo transcurrido e das promesas dos responsables do goberno, na actualidade ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.

-¿Pode informarnos o responsable da área do motivo ou motivos para non dotar o noso concello de carteis informativos indicando as instalacións deportivas que carecen de sinalización?

2.- As obras do local sociocultural de San Lourenzo, semellan estar rematadas.

-¿Para cando ten previsto o Goberno abrir as instalacións para que os veciñ@s poidan facer uso das mesmas?

-¿En que condicións vai a ser cedido ou utilizado o mencionado local?

3.- O saneamento en varios lugares do concello é unha das preocupacións que os distintos Grupos teñen plantexado con insistencia o longo da lexislatura. Unha vez mais o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Para cando está previsto poñer en servizo o saneamento en San Lourenzo, e Anceis?


COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.

ROGOS:

1.- Nas inmediacións dun espacio público na Barcala existen postes de formigón que soportan cables eléctricos, semellando non cumprir ningunha función e estar fora de servizo.

-Tendo en conta que o impacto visual e a estética non é a mellor nunha zona de espallamento. PREGAMOS se realicen as xestións necesarias e se proceda a eliminación das mencionadas estructuras.

2.- En varias ocasións o noso Grupo denunciaba o perigro derivado da carencia de pasos de peóns nas inmediacións do Instituto David Buxán en Sigrás, co fin de facilitar o paso en mellores condicións de seguridade, esto unido a mala sinalización da zona contribuien o risco para poder cruzar a estrada. Resulta especialmente denunciable que as Administracións responsables non teñan adoptado medidas eficaces para eliminar o perigro neste punto conflictivo.

-Pregamos nos informen das xestións realizadas e o motivo da tardanza en arranxar o problema.


COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.


PREGUNTAS:

1.- ¿Pode informarnos o Goberno sobre a eliminación do acceso rodado a unha vivenda no lugar de Sobreguexe en Cecebre, con motivo do acondicionamento do espacio público no lugar?

2.- ¿Qué información ten o Goberno sobre a instalación de un espello de seguridade no lugar da Torre na estrada de San Lourenzo a Rocha?

3.- Transcurrido mais de un ano da recepción por parte do concello do alumeado público dende Coruxos a Andeiro, na actualidade sigue sin dar servizo os veciñ@s.

-¿Que información ten o Goberno sobre o problema, e si ten tomado ou pensa tomar algún tipo de medidas legais para dar solución a situación?

Asdo: Grupo político Municipal

No hay comentarios: