Nota Informativa de EU-IU de Cambre
ALUMEADO EN “SAN LOURENZO”
Entre as iniciativas que o Grupo Municipal de EU-IU presentará o pleno municipal e as Comisións Informativas dos vindeiros dias 23 e 25 (12 en total) unha das preguntas está relacionada co alumeado público dende Coruxos a Andeiro na parroquia de San Lourenzo.
Transcurrido mais de un ano da instalación e recepción por parte do concello de dita obra, a dia de hoxe sigue sin funcionar, privando os veciñ@s de contar cun servizo básico de urxente necesidade.
A nosa organización quérese facer eco deste malestar dos veciñ@s residentes na zona, onde o goberno local debe asumir a súa responsabilidade na solución do problema. A tal efecto EU-IU demandará do Goberno que aborde a situación de forma inmediata, e coma primeira medida o noso Grupo propón que se encomende os servizos Técnicos Municipais as posibles alternativas e medidads legais para cotribuir a dar solución o problema.
Entende o noso Grupo que en ningún caso pode xustificarse unha demora en tanto espacio de tempo, nos trámites burocráticos legalmente necesarios, é esixe unha solución o Goberno municipal con unha actitude mais enérxica na defensa dos intereses dos veciñ@s.
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario