martes, 30 de noviembre de 2010

EU-IU DENUNCIA AS DEFICIENCIAS NA CALEFACCIÓN DA ESCOLA INFANTIL “A BARCALA”

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre quere denunciar as lamentables condicións que están sufrindo os nen@s e o propio personal responsable da Escola Infantíl da Barcala polas deficiencias no sistema de calefacción, que non permite desenrolar as actividades en condicións axeitadas.

Esta situación, está provocando que gran parte dos nen@s teñan padecido resfriados motivado as baixas temperaturas e o cambio das mesmas nas distintas dependencias que utilizan tanto os nen@s como o personal docente, que tamén sofre as consecuencias da situación.

Ante a demora para correxir a deficiencia existente, producese o noso xuizo unha grave responsabilidade por parte do Goberno do concello, por non ter unha alternativa o sistema de calefacción existente que garanta unha temperatura axeitada para darlle unha solución provisional e urxente coas medidas de seguridade establecidas e reguladas, que en este momento non existen.

Esta carencia e especialmente grave por tratarse dun centro infantil, onde os mais pequenos son os mais vulnerables, incidindo dunha maneira negativa no desenrolo das actividades diarias do centro.

EU-IU quere manifestar o seu apoi os pais/nais e as persoas que desenrolan o seu traballo nas instalacións; e en liña co exposto anteriormente ten presentado un escrito no concello para que os responsables do goberno procedan urxentemente a adoptar as medidas correctoras para dar unha solución rápida o problema existente.

Grupo municipal

No hay comentarios: