NOTA INFORMATIVA DE EU-IU DE CAMBRE
Esquerda Unida de Cambre celebrou unha asemblea o pasado sábado dia 13, para a elección do candidato que presentará nas próximas eleccións municipais á alcaldía de Cambre, resultando elixido por unanimidade o actual concelleiro e portavoz do Grupo Municipal do Concello, Luis M. Taibo Casás.
Presidida polo Coordinador Local, Tino Pan, celebrouse a asemblea co obxectivo de elixir ao candidato ou candidata que encabezará a lista electoral nas eleccións municipais que se celebrarán o día 20 do próximo mes de maio.
Unha vez presentada a mesa e a orde do día por parte do Secretario de Organización, Juan Antonio Fernández López, tomou a palabra Luís M. Taibo Casás, quen dedicou parte da súa intervención ao analisis do documento presentado a militancia e simpatizantes, facendo unha breve reseña da labor levado a cabo no Concello durante a presente lexislatura e augurando uns bos resultados para EU nas vindeiras eleccións.
Facendo unha valoración do que vai de lexislatura en EU-IU podemos decir que o resultado do traballo resultou positivo, si temos en conta o feito das iniciativas e intervencións desenroladas en relación a vida política do concello, en procura dunha mellor calidade de vida para os cambres@s, pero por outro xeito consideramos que non foi totalmente satisfactoria, en canto non se correspondeu ó proposto coa sua realización por parte de quen nos goberna, é mais, sentimos en moitos casos unha frustación acentuada ó comprobar que a pesar de estar gobernados, primeiro por un goberno do PSOE en minoría e logo polos grupos do PSOE-BNG, predomina o sentimento de abuso da maioría con que se gobernou este concello durante moitos anos. A pesar dos múltiples problemas derivados da convulsa situación política no concello, a nosa organización realizou unha oposición crítica e de control ó Goberno, sendo fieles os nosos principios e ó noso programa dun xeito constructivo e responsable.
A continuación procedeuse a votación do candidato que resultou elexido por unanimidade dos asistentes.
O candidato agradeceu a confianza depositada na súa persoa e comprometeuse a continuar coa mesma liña e intensidade no traballo político que o Grupo Municipal veu realizando nos últimos anos. Luis Taibo sinalou que a presenza e o traballo de Esquerda Unida no concello foi unha constante durante toda a lexislatura. Exerceuse unha oposición responsable e moi crítica cos distitos Gobernos do concello na actual lexislatura.
A organización de EU-IU de Cambre entende que a posición de partida para emprender a dura batalla electoral é moi positiva. En primeiro lugar cóntase co activo do traballo realizado na presente lexislatura, onde o Grupo Municipal da formación tivo unha presenza fundamental na vida política do municipio, unido o alto grao de coherencia e unidade interna, demostrando a madurez e responsabilidade da organización.
Asdo: Consello Político Local de Cambre

No hay comentarios:
Publicar un comentario