miércoles, 10 de noviembre de 2010


COMUNICADO DE PRENSA

EU ESIXE, TANTO AO GOBERNO DO PSOE COMO AS AUTORIDADES DA UNIÓN EUROPEA, UNHA RESPOSTA INMEDIATA PARA FREAR A CATÁSTOFRE HUMANITARIA QUE SE ESTÁ A PRODUCIR NO AIÚN

ESQUERDA UNIDA REXEITA O ATAQUE DAS FORZAS POLICIAIS E MILITARES DEMARROCOS SOBRE O INDEFENSO POBO SAHARAUÍ NO CAMPAMENTO DADIGNIDADEEU CHAMA A CIDADANÍA PARA QUE AMOSE A SOLIDADIEDADE PARA CO POBO SAHARAUÍ E SE MOBILICE CONTRA A VIOLENCIA, A REPRESIÓN E OS ATROPELOS QUEO GOBERNO DE MARROCOS ESTÁ A COMETER

EU considera lamentable o silencio do Goberno de España diante da violenta actitude doGoberno marroquí, que está a violar sistematicamente os dereitos do pobo saharauí e asresolucións da ONU, actuando con total impunidade baixo a absoluta complicidade dosgobernos da Unión Europea e de España.

Xa que logo, EU esixe, tanto ao Goberno do PSOE como as autoridades da UniónEuropea, unha resposta inmediata para frear a catástofre humanitaria que seestá a producir no Aiún.

Esquerda Unida rexeita o ataque das forzas policiais e militares de Marrocossobre o indefenso pobo saharauí que supuxo nestes días o desmantelamentoviolento do Campamento da Dignidade, e considera que responde a un intento debloqueo as conversacións que están a desenvolverse baixo supervisións de NaciónsUnidas entre Fronte Polisaria e Marrocos de cara ao avance no dereito deautodeterminación do pobo saharauí.

Nestas datas impediuse ao eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, o acceso aoCampamento Dignidade nunha tentativa máis por agochar a violencia e represión que selle inflixe aos loitadores saharauís pola liberdade.

O eurodeputado de EU recordou queEuropa debe revisar de inmediato o acordo de asociación asinado con Marrocos, xa queinclúe unha cláusula que esixe a este Estado o cumprimento do Dereito Internacional e oabsoluto respecto aos dereitos humanos.

Esquerda Unida chama a cidadanía para que amose a solidadiedade para copobo saharauí e se mobilice contra a violencia, a represión e os atropelos que oGoberno de Marrocos está a cometer.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios: