lunes, 31 de enero de 2011


HOMENAXE A MARCELINO CAMACHO

No dia de onte o Concello de Oleiros rendiu un emotivo homenaxe a figura de Marcelino Camacho. Interviron o Secretario Xeral de CC.OO de Galicia José M. Sánchez, a filla do sindicalista e a súa viuda Josefina Samper, pechando o acto o Alcalde do concello, Angel Garcia Seoane.

Os compañeiros/as de Esquerda Unida de Cambre, estivemos representados polo Coordinador Local, Tino Paz, que estivo acompañado polo voceiro do Grupo Municipal Luis Taibo, varios membros do Consello Local e militantes da organizacion . A homenaxe, estivo cargado dunha gran emotividade, sobre todo cando Josefina Samper a sua viuda, fixo unha lembranza da figura de Marcelino, destacando a súa humanidade e a loita en defensa das libertades e dos dereitos dos traballador@s.

Rematado o acto, os compañeiros de Cambre, fixemos entrega a sua viuda do texto integro da MOCIÓN que presentamos no pleno do concello de Cambre no mes de decembro, onde se aprobou por unanimidade homenaxear a Marcelino Camacho dedicandolle un praza ou rúa no noso concello.

Asdo: Consello Local de Cambre

miércoles, 26 de enero de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO DOS DÍAS 25 E 27 DE XANEIRO

ROGOS:

1.- Varias foron as iniciativas que ten presentado o noso Grupo sobre as vallas publicitarias instaladas no territorio do noso concello, tanto en espacios públicos como privados, descoñecendo o control municipal que debe exercer a administración local sobre a concesión de licencias.

O noso Grupo convencido que non pode empregarse de forma irregular ou ilegal a instalación e utilización de vallas publicitarias sin licencia nin control municipal, e transcurridos mais de dous anos onde solicitábamos mediante escrito se nos facilitaran os antecedentes relativativos a este asunto, a dia de hoxe non contamos coa información que por Dereito e de acordo coas normativas vixentes ten que facilitarnos o Goberno do concello.

Partindo da base, que parece da mais pura lóxica, de que os acordos e compromisos plenarios tómanse para ser levados á práctica, dentro dun prazo razoable:

-Unha vez mais o Grupo Municipal de EU-IU PREGA os responsable do Goberno nos informe sobre a instalación de vallas publicitarias, dando resposta as seguintes cuestións:

1.- Relación, número e lugar de ubicación de vallas publicitarias existentes en terreos do Término Municipal, instaladas por empresas de publicidade.

2.- Informes efectuados polos técnicos do concello, como consecuencia das obras realizadas.

3.- Relacción dos ingresos obtidos nos últimos catro anos, en concepto de licencias e taxas, facilitados polos departamentos correspondentes.

4.- Informe sobre o procedemento do ingreso das cuantías e forma de contabilizalo nos Orzamentos correspondentes.

5.- A quen corresponde emitir os informes para comprobar e aprobar os metros ocupados, tanto en terreo público como privado.


2.- Sobre o centro de Saúde do Temple.

Recentemente por iniciativa dunha veciña do Temple, presentabase no rexistro do concello un escrito avalado por 724 firmas, co seguinte texto:

Os abaixo asinates queremos denunciar a situación que se está producindo a diario no CENTRO DE SAÚDE DO Temple, como consecuencia da falla de persoal e carencia de especialidades médicas.

Iste feito provoca que ós veciñ@s estean a sufrir longas esperas na cita previa para ter o acceso a atención necesaria.

Por isto SOLICITAMOS ó goberno Municipal de Cambre que esixa de inmediato a dotación de maiores recursos nas instalacións sanitarias existentes, co fin de correxir ditas deficiencias e minimizar ó máximo posible os tempos de espera para a atención ós enfermos.

Asemade solicitamos como veciños e cidadáns, que o Concello reclame coa maior urxencia da administración competente, neste caso, a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, que acelere os trámites burocráticos necesarios e dote canto antes nos seus orzamentos a partida necesaria para a construcción do prometido Centro de Saúde.

-Por todo isto o noso Grupo Municipal e todas as persoas comprometidas coa súa firma PREGAMOS o Goberno local adopte unha actitude decidida respecto do problema, levando a cabo as reclamacións presentadas polos cidadán@s. Asimesmo no próximo pleno ordinario informarán puntualmente das xestións realizadas.
Negrita
3.- A conservación e poda do arborado en terreos públicos do concello é un dos procedementos mais comúns para eliminar as ramas enfermas ou infectadas, mellorando así a estructura dos exemplares e o mesmo tempo evitar que a proliferación das súas ramas causen molestias e problemas de seguridade as persoas, os seus bens e a propia seguridade vial. Esto debe implicar unha prevención específica periódica para cada caso según as necesidades.

Tendo en conta que este problema é competencia atribuida a Deputación Provincial, PREGAMOS que os responsables do Goberno soliciten coa máxima urxencia a este organismo, se realice unha poda selectiva do arbolado da estrada da Estación, permitindo mun desenrolo armónico e saudable para os árbores, prevendo os posibles accidentes e as molestias e perxuizos ocasionados os veciñ@s pola proliferación das ramas.


PREGUNTAS:
1.- Recentemente facilitousenos información co fin de dar nome a unha praza nas inmediacións das rúas Tapia e Maria Mariño. Tendo en conta os problemas existentes suliñados polo técnico municipal en relación a situación da mencionada praza, o asunto non foi resolto a espera da correpción das anomalías detectadas.
Por iso o noso Grupo PREGUNTA:
-Cal é a situación actual do problema.
2.-En consonancia con outras iniciativas presentadas, o noso Grupo plantexaba na Xunta de Voceiros do mes de novembro, a necesidade de habilitar zonas de baño e esparcemento nas ribeiras do río Mero. Tendo en conta a complexibidade do tema o confluir competencia doutras administracións na tramitación e concesión de ditas áreas, acordouse solicitar dos responsables da Xunta de Galicia información relativa sobre esta necesidade.
-¿Poden informarnos das xestións realizadas?
3.- A execución das obras da travesia do cementerio comenzaron no mes de maio pasado estando previsto o seu remate en seis meses. Ante os problemas xurdidos coa empresa adxudicataria por entrar nun concurso de acreedores, o noso Grupo PREGUNTA sobre os procedementos e actuacións levadas a cabo e da situación actual da obra.

Asdo: Grupo Municipal


COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIOAMBIENTE OBRAS E SERVIZOS.
ROGO:
1.- Veciñ@s da rúa Ramón Cabanillas teñen presentado no concello un escrito avalado con firmas de distintas comunidades veciñais, denunciando o mal estado dun local ubicado no número 5 da mencionada rúa. O pasado dia 22 de setembro foron informados da tramitación dun expediente sobre o problema.
Transcurrindo un tempo prudencial dende a notificación, e tendo en conta que a situación non experimentou ningún cambio para correxir as deficiencias, PREGAMOS nos informen con detalle do estado actual do mencionado expediente.

Asdo: Grupo Municipal

lunes, 24 de enero de 2011

APAGAMENTO XERAL

DÍA 15 DE FEBREIRO DÍA DO CONSUMIDOR, apagamento xeral de electricidade nos fogares españois ás 22 horas en sinal de protesta pola subida abusiva que ENDESA, IBERDROLA e FENOSA levaron a cabo nas súas tarifas eléctricas. A única forma que temos de loitar os consumidores contra estas prácticas abusivas, é con medidas como esta por iso convocámosvos a seguir esta iniciativa Que comezase ás 22 horas e durase 30 minutos.

martes, 4 de enero de 2011

La Opinión. (Cambre)

EU-IU reprocha a Varela que votase en un punto en el que era parte implicada
El alcalde votó a favor y EU-IU recuerda que la ley trata de impedir la intervención en el pleno de quien pueda tener algún tipo de interés en el asunto que se somete a consideración

REDACCIÓN CAMBRE.- El grupo municipal de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) en Cambre reprochó ayer al alcalde, Antonio Varela, que en el último pleno no se hubiese ausentado en la votación sobre la indemnización solicitada para pagar las minutas de 34.800 de un bufete de Barcelona que representó al ex concejal de Urbanismo Andrés Arcay y al propio regidor en un juicio penal en el que fueron absueltos en el ejercicio de su cargo. Varela votó a favor y EU-IU recuerda que la ley trata de impedir la intervención en el pleno de quien pueda tener algún tipo de interés en el asunto que se somete a consideración. "A nuestro juicio con su actitud ha vulnerado los principios que deberían prevalecer para garantizar la normalidad democrática en el Ayuntamiento", concluye la formación en un comunicado.
DEBER DE ABSTENCIÓN DO SR. ALCALDE:

O Grupo municipal de EU-IU quere manifestar o seu rexeitamento a actitude manifestada polo Sr.Alcalde, por non ausentarse e absterse de participar no punto 6º do orden do dia do pleno do pasado xoves dia 30, referente a indemnización de 34.800 euros polos gastos xurídicos nos que incorreron o ex concelleiro de Facenda e o propio Alcalde, no exercicio do seu cargo.

Para garantir que na tramitación e resolución de todo procedemento ninguén poida arrogarse as posturas de xuíz e parte, as Leises tratan de impedir a intervención de quen poidan ter algún tipo de interese no asunto sometido a consideración. Razóns de moral e estrita xustiza fan rexeitar que unha persoa poida ser parte interesada e á vez que por razón do seu cargo interveña na súa tramitación ou resolución.

Razóns de equidad aconsellan en todo caso, que as decisións da administración se adópten con criterios de imparcialidade e obxectividade, circunstancias que se presupón non concorren nos interesados xa sexan directos ou pola súa vinculación.

O art. 76 LRBRL, dispón que, se a pesar da advertencia sobre a obrigación de abstención, un ou varios membros da corporación legalmente obrigados a absterse interviñese na formación da vontade e, en definitiva, na adopción dos acordos de xeito determinante, os actos en que interveñan, carecerán de validez.

En este sentido o voceiro municipal de EU-IU, solicitaba da Sra. Secretaria información respecto si concurría algún motivo de abastención, por estar tratando un tema relacionado directamente cun membro presente no Pleno da Corporación. Sin entrar a valorar as informacións da Sra. Secretaria, o noso xuizo non existen dudas respecto da presencia do Sr. Alcalde no pleno, que a pesar de que en estes temas debería existir a ética e moral que fai mención a actual Xurisprudencia, que recomenda a abstención en todo debate, ausentandose do pleno a persoa afectada pola situación. Do contrario o acordo ou acordos serán declarados de nulidade.

Coa actitude do O Sr. Alcalde permanecendo no pleno, o noso xuizo vulneranse os principios legais que deberían prevalecer para garantir a normalidade democrática no concello.