miércoles, 30 de marzo de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL, PRESENTADAS AO PLENO ORDINARIO DO MES DE MARZO.

MOCIÓN SOBRE A PROTECCIÓN DA FAUNA DO RÍO MERO


Xustificación:

Recentemente, Grupos ecoloxístas denunciaban que as instalacións do encoro de Cecebre, carecen de un paso para que as especies piscícolas migratorias poidan remontar o obstáculo da súa construcción de mais de dazaseis metros de formigón que constituie a Presa, incurrindo en un posible delíto medioambiental polo incumprimento da Lexislación vixente.

Con anteriorade o noso Grupo xa ten plantexado este problema , sin que os distintos gobernos do concello ou as administracións con competencias na materia, tiveran unha actitude comprometida para solucionalo.

A causa fundamental é, que o muro da presa imposibilita o remonte do río os peixes de especies migratorias, coma é ocaso do reo que, ainda que suele subir durante tódolos meses do ano, faino con moita mais intensidade no período entre maio e novembro.

Estas especies, que durante miles de anos desenvolveron o seu ciclo vital desovando no curso medio dos ríos, vense imposibilitadas de facelo e, por conseguinte, en grave risco de desaparición polo obstáculo que se atopan para chegar o lugar axeitado. No caso do río Mero, é a presa de Cecebre que, polo tipo de dispositivo de desagüe do encoro, constituie un atranco insalvable para que os peixes migrantes poidan seguir augas arriba, morrendo contra os seu tubos.

De pouco sirven as medidas, e as obras que se puxeron en práctica no acondicionamento do río e recuperación da riqueza piscícola, si non se levan a cabo actuacións que permitan o remonte ata os seus desovatorios naturais das especies migratorias, cuestión que por outra banda, resulta imperativa por estar contemplada no ártigo 23 da Lei de Pesca Fluvial.

A solución para o paso dos peixes proporcionaría os mesmos uns extensos tramos fluviais (sobre 30 kilómetros no Mero e 20 no Barcés), con excelentes condicións para frezadeiros, o que permitiría a recuperación e incremento sensible da poboación de reos e anguias, contribuindo a calidade ambiental dos ríos, e no conseguinte beneficio económico derivado da pesca e do atractivo turístico que pode supoñer para o concello.

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Iniciar de inmediato as xestións necesarias para requerir e acadar dos organismos competentes, a elaboración urxente dun proxecto que solucione o remonte do río Mero das especies migratorias, e poder superar o obstáculo da presa de Cecebre.

SEGUNDO.- No eventual compromiso que poida chegar a alcanzarse cos organísmos competentes para dar solución o problema, contemplarase que o concello poida participar na redacción do proxecto, mediante alegacións e propostas que a nosa Administración recollerá mediante un proceso de información pública aberta ós colectivos e persoas interesadas.


ROGOS:

1.- Cada día mais, manifestase a enorme importancia sobre a recollida e reciclaxe de aceites domésticos. Na actualidade o noso concello a diferencia de outros do noso entorno, non conta cun sistema que facilite o seu reciclado, e con carácter xeral os cidadáns carecen de información respecto a súa recollida nas proximidades do seus domicilios. O servizo de recollida selectiva debe ser o mais universal posible dende o punto de vista, que todos os veciñ@s teñan dereito a que se lles ofrezca gratuitamente a posibilidade de ser selectivos na entrega dos residuos. O noso Grupo Municipal manifestase decidido partidario dun compromiso firme por parte do concello para intervir en este problema. As razóns nas que fundamentamos esta iniciativa, son de tipo Ecolóxico, Económico e Laboral…etc.

Por esto PREGAMOS o Goberno:

-Inicie de inmediato un estudio para promover a posta en marcha dun sistema de recollida de aceites usados no ámbito doméstico, e na propia hostelería, tentando que esta actividade poida xenerar emprego mediante a creación de algún posto de traballo no concello, fomentando así os “traballos de proximidade”

2.- Eliminar barreiras arquitectónicas e contribuir o acceso universal os edificios públicos, tamén é unha competencia que debe asumir o concello. -Por esto PREGAMOS se proceda a acondicionar a entrada o Centro Sociocultural de O Graxal, mediante unha rampa que permita, as persoas con certas discapacidades o acceso nas mellares condicións.

3.- Con data de 22 de xullo do pasado ano, o noso Grupo presentou un escrito no Rexistro Municipal sobre as denuncias de varios veciñ@s do Temple en relación o abandono de vehiculos en varias rúas.

-¿Poden informarnos das xestións realizadas para correxir a situación, e sí teñen contabilizados os vehiculos abandonados nas rúas do concello?



PREGUNTAS:

1.- Recentemente foi aprobrobado polo Consello de Ministros o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética, que se concretan en vinte medidas en tres grandes ámbitos, gran parte destas medidas están destinadas os concellos e veñen precedidas de unha campaña de concienciación ciudadana.

As mencionadas medidas non terían moito sentido sin a existencia dunha colaboración das administracións Autónomicas e Municipais, co fin de acadar os obxectivos para o desenrolo do PLAN.

-¿Cales son as actuacións levadas a cabo polo Goberno Local en relación o problema?

2.- No lugar de Anceis na confluencia do camiño de san Bieito e camiño Inglés, con certa frecuencia acumulase gran cantidade de lodos e resíduos nas cunetas, que atascan os tubos impedindo o seu desagüe, ocasionando problemas os veciñ@s.


-¿Teñen previsto realizar algunha actuación para dar solución o problema?

3.- ¿Que tipo de medidas ten previsto adoptar o Goberno para reparar os desperfectos ocasionados no Paseo dos Templario, con motivo das obras nas instalacións e reposición do saneamento?


CAMBRE, a 26 de marzo de 2011

No hay comentarios: