domingo, 20 de marzo de 2011

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE
O venres dia 18 no Centro Sociocultural de O Graxal, EU de Cambre presentou a súa candidatura as vindeiras eleccións municipais, nunha sala repleta de que se quedou pequena ante a gran afluencia de persoas
Almudena Garcia Bravo foi a encargada de abrir o acto e presentar os compoñentes da lista de homes e mulleres, destacando a pluralidade da sociedade cambresa e o “equilibrio” da composición da lista, que pretende combinar a experiencia con xente xoven, ademais da representatividade parroquial, recollendo as diversas sensibilidades polas distintas actividades profesionais e sociais dos seus compoñentes.
A candidata número dous Olga Santos, destacaba as carencias existentes no Concello, e mais concretamente o momento difícil da xuventude pola situación de crise que estamos vivindo.
O candidato a Alcaldía Luis Taibo, resaltou o orgullo e a responsabilidade que significa encabezar a Candidatura, que ten como obxectivo principal traballar por Cambre dende unha prespectiva de esquerdas con políticas solidarias e de progreso, sendo un dos obxectivos o dignificar a vida política de Cambre e tratar de darlle a estabilidade necesaria para normalizar a situación existente.
EU entende que a posición de partida en esta carreira electoral é positiva, por contar cun importante traballo realizado, unido o alto grado de coherencia e unidade interna na organización, realizando unha labor digna, baseada nunha oposición seria, rigurosa e constructiva; sin caer en provocacións da mentira e da difamación.
Luis Taibo tamén destacou que o Urbanismo, Servizos Sociais, Participación Cidadán e Emprego, son algúns dos problemas que marcarán a linea de actuación nesta próxima lexislatura.
O programa electoral está en fase de elaboración con compromisos e propostas que reinciden nas xestións dos últimos anos, pero sin levantar falsas expectativas, un programa realista que se poida cumplir, tentando que sexa o mais participativo posible.


CANDIDATURA DE “ESQUERDA UNIDA” AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DO 2011

1.- LUIS MIGUEL TAIBO CASÁS…Concelleiro, do Grupo Municipal de EU (Cambre)

2.-MARIA OLGA SANTOS LÓPEZ…Licenciada en CC. Políticas (O Temple)

3.- IVÁN LÓPEZ AMOR…Avogado... (O Temple)

4.- MANUEL CABANAS VEIGA…Estudiante de 5º de Dereito (Cecebre)

5.- MARIA DOLORES NOVÁS VARELA…Diplomada en CC. Empresariais. (Pravio)

6.- CONSTANTINO PAN PAZ …Obreiro da Construcción (O Temple)

7.- MARCOS BALADO CASÁS…Soldador (Cambre)

8.- MARIA LUISA PAZOS SOLIÑO…Peluquera (A Barcala)

9.- DONATO LUIS MOSCOSO MELLA…Autónomo (Sigrás)

10.- MARTA LÓPEZ MORÁN…Licenciada en Socioloxía (Cambre)

11.- JAVIER MORADO DIAZ…Avogado. (Brives)

12.- ANTONIO BRUQUETAS SANTOS…Vendedor Comercial (Cela)

13.- MARIA DO MAR VARELA MARTINEZ…Licenciada en CC. Empresariais (O Temple)

14.- CRISTINA TORREIRO MÉNDEZ… Prexubilada (Cambre)

15.- JOSÉ VARELA CORTÉS Empleado... (Cela)

16.- ELEUTERIO VAZQUEZ PAREDES…Hostelero (Anceis)

17.- IGNACIO LÓPEZ LAXE…Comercial (O Temple)

18.- TERESA LOURIDO BRUZOS…Traballadora de Telefónica (Cambre)

19.- JOAQUÍN PARADELO CARRACEDO…Enxenieiro Técnico Telecomunicacións. (Cambre)

20.- CARMEN JOSEFA MANEIRO MANEIRO…Camarera Limpiadora (O Temple)

21.- JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ…Maestro. (O Temple)

Suplentes:

1.- MARIA SOLEDAD ALONSO RULL…Maestra (Cambre)

2.- ANTONIO CORTÉS PÉREZ…Xubilado (Bribes)

3.- MARIA JOSÉ PRIETO…Farmacéutica (O Temple)

No hay comentarios: