miércoles, 16 de marzo de 2011

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE.

O próximo venres dia 18 as 20:30 horas no local do Centro Sociocultural do Graxal (O Temple), Esquerda Unida fará un acto público para a presentación da candidatura ás próximas eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Intervirán Almudena Garcia Bravo membro do Consello Político Federal de IU, Olga Santos candidata número dous, e Luis Taibo.
EU presenta como candidato a alcaldía a Luis M. Taibo Casás, na actualidade concelleiro do municipio. A candidatura completa farase pública no devandito acto tras ser aprobada recentemente por unanimidade pola Asamblea Local. A lista está integrada por homes e mulleres afiliad@s e ciudan@s con experiencia na defensa dos intereses dos veciñ@s, que traballaron o longo dos últimos anos xunto co Grupo Municipal, nas súas mobilizacións e na elaboración de propostas que esta formación política ten presentado na institución municipal.

O programa electoral, estará articulado sobre unhas bases que reinciden en boa medida, nas propostas e xestións dos últimos anos. EU está tendo en conta a contribución dos cidadáns e distintos colectivos, tratando de articular un documento dende a maior obxectividade e do mais participativo posible, incidindo en cuestións tan importantes como:
Urbanismo, Participación Cidadán, Servizos Sociais, Emprego; etc.

EU presentase a estas eleccións de unha forma creible para tentar de cambiar a maneira de gobernar no concello. Estamos convencidos de que “outro Cambre é necesario” realizando políticas mais participativas, mais solidarias e con mais humildade e transparencia na xestión, onde os políticos ocupen o seu lugar, que non é outro que o de servir o conxunto da cidadanía.

Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre

No hay comentarios: