viernes, 29 de julio de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "EU" PRESENTADAS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DOS DIAS 19 E 21 DE XULLO.



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA, RELATIVA A ELIMINACIÓN DE TRABAS BUROCRÁTICAS PARA ACONCESIÓN DE LICENZAS DE ACTIVIDADE.

XUSTIFICACIÓN:

A actividade comercial nun concello é fundamental e importantísima para o desenrolo social e económico do mesmo. Cambre experimenta unha taxa de paro que se conforma con 1.925 persoas sin emprego, según datos do pasado mes de xuño. Coa crise internacional como fondo, estamos asistindo a diario a unha continuada sucesión de Expedientes de Regulación de Emprego coa conseguinte perda de postos de traballo.

Para Esquerda Unida é indispensable correxir esta situación facilitando na medida do posible a instalación de industrias e servizos xeneradores de emprego estable.

Ante esta realidade, os concellos non podemos permanecer impasibles, son moitos os postos de traballo que se destrúen e debemos multiplicar os esforzos para soster o tecido industrial da nosa comarca, e en especial no concello de Cambre.

Pero ademais de ser capaces de optimizar os recursos económicos que se están poñendo a disposición dos concellos, Cambre dentro das súas posibilidades e competencias, ten que arbitrar medidas que contribuian a amortiguar os efectos perversos da crises existente.

A administración local ten que poñer os medios para que os veciñ@s que tramiten unha licencia de apertura en este municipio, non teñan que esperar longos períodos de tempo, creando graves problemas e perdidas económicas a todos aqueles que queren poñer unha actividad comercial, tamén o retraso perxudica a creación de postos de traballo.

Todos coñecemos algunha empresa que está funcionando e aberta ao público sen a correspondente licenza de actividade. Esta situación indesexable e nunca querida, coloca ao pequeno e mediano empresario nun limbo de inseguridade e responsabilidade inasumible en moitos casos.

Uns, ao non poder afrontar doutro xeito os investimentos realizados, optan pola apertura aínda sen licenza. Outros, ante o temor de ser expedientados e multados ou calquera outra consecuencia negativa, prefiren esperar á concesión da licenza. En calquera caso, non é de recibo que, na actual conxuntura, cando se fai tan necesaria a creación de emprego, a concesión de licenzas de actividade por parte do concello atrásase no tempo, sen causa xustificada.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Levar a cabo a adopción das medidas necesarias que posibiliten acelerar os trámites de apertura ou instalación de empresas, locais etc, para a concesión de licenzas de actividade, marcándose incluso uns límites temporais para as autorizacións; terminando así coa inseguridade xurídica e a inquietude que xenera tanto atraso.

SEGUNDO.- Habilitar ou contratar un técnico que informe e axilice os expedientes das licencias, evitando os atrasos na concesión das mesmas por falta de persoal.

TERCEIRO.- Que o Concello poña a disposición dos usuarios na páxina Web municipal, para que poidan comprobar o estado da tramitación do seu expediente en cada caso, poñendo na páxina formularios completos sobre os requisitos para poder poñer unha actividade económica en funcionamento xa sexa inocua ou clasificada, facilitando aos usuarios o ter que estar achegando documentos cando se poden presentar todos dunha vez.


ROGOS:

1.- Mediante Resolución da Alcaldía de 23 de marzo do presente ano, concedeuse licencia para a instalación dunha Estación de Servizo no lugar de Amil (estrada do Temple a Cambre P.K.-2.600). A noticia está producindo unha profunda preocupación entre os veciñ@s, especialmente entre os que viven nas cercanías onde se pretende a instalación, tendo en conta que as súas propiedades quedarían sometidas a desvalorización e os riscos e molestias que se derivan da industria en cuestión, que influiría de un xeito importante na calidade de vida da poboación.

- PREGAMOS nos informen da actual situación do expediente e das medidas que se teñen tomado ou pretenden tomar respecto o problema.

2.- Coa chegada do veran e o aumento das temperaturas, implica que os malos usos dos contenedores de lixo sexan en algúns casos frecuentes e continuos, si engadimos que a frecuencia da súa limpeza nesta época estival non aumenta, o problema e maior en vez de reducirse.

Tamén observamos algúns comportamentos insolidarios no referente o depósito de residuos orgánicos directamente nos recipientes (como tirar a basura sin bolsas ou en horarios non axeitados, etc), contribuindo así os malos olores.

-Por estas razóns, PREGAMOS que por parte do concello se adopten medidas para intentar correxir estas inadecuadas costumes, e que por parte da concellería responsable xestionen ante a empresa concesionaria do servizo, o aumento da frecuencia da limpeza dos contenedores, fundamentalmente en época de verán.

-Se nos informe da periocidade da limpeza dos mencionados recipientes do lixo.

-Se desenrole unha campaña de educación medioambiental, detallando os horarios para depositar o lixo.

3.- No Pleno de Septembro de 2010, o noso Grupo presentaba unha iniciativa en relación a creación dun novo vial de circunvalación dende a estrada da Estación a Socampo, para tratar de desconxestionar o tráfico rodado do centro da zona urbana e para a creación de 208 prazas de aparcamento. Tendo en conta a actuación prevista para a remodelación urbana e rexeneración do campo da feira e do seu entorno, e a previsible eliminación de prazas no mencionado lugar.

-O Grupo municipal de Esquerda Unida, prega ó Goberno Municipal nos informe da situación do proxecto e das posibles alternativas para dar solución ás carencias de prazas de aparcamento.



PREGUNTAS:

1.- A case totalidade dos camiños do concello atopanse en lamentables condicións para a circulación rodada e peonil, motivado a abundante maleza que os invade influindo na visibilidade, incrementando o perigro de accidentes, e tamén o risco de incendios.

¿Qué actuacións ten previstas o Goberno Local respecto o desbroce e acondicionamento nestas infraestructuras de titularidade municipal.?

2.- Transcurridos casi tres anos dende a aprobación dunha Moción presentada e aprobada por tódolos grupos representados no Concello sobre a “Sendas peonís entre Pravio e á Castellana.”

¿Pode informarnos o responsable da área da situación na que se atopa o proxecto de Seguridade vial e saneamento na estrada AC-214 no tramo Fabás - Cambre.?

3.- Veciñ@s das zonas mais urbanizadas do concello: O Temple, A Barcala e o centro da capital municipal (Cambre) transmitiron a nosa organización as carencia derivadas sobre o incumprimento das normas de tráfico, en relación os vehiculos que non respectan as sinais que regulan os aparcamentos, e a ocupación dos espacios reservados para vehiculos de discapacitados, impedindo en moitos casos o acceso os seus garaxes e o correcto tránsito dos peóns. Estes problemas derivan en algún caso en altercados, que obligan a intervención da policia local, e non contribuien a convivencia armónica entre a cidadanía.

-No ánimo en facilitar o debido uso peatonal das nosas rúas e eliminar as barreiras que se producen a diario, influindo negativamente na movilidade das persoas e mais concretamente das que teñen problemas de mobilidade.

¿Qué actuacións ten previsto levar a cabo o Goberno Local co fin de facer cumplir as normas de tráfico establecidas e controlar o mencionado abuso por parte de quen non as respectan?


COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.


ROGOS:

1.- Veciños de Brexo-Lema denunciaron ante diferentes institucións o perigro que supón para conductores e peóns unha pronunciada curva situada no punto kilométrico 3,500 de la carretera provincial DP-1704.

-PREGAMOS nos informen das medidas que teñen tomado ou pensan tomar dende o Goberno, co fin de atenuar o constante perigro que supón este punto para a circulación rodada e peonil.

2.- ¿Poden informarnos sobre a colocación de bolardos nas inmediacións da praza Amador e Daniel, co fin de facilitar a visibilidade na saida dos garaxes da rúa Rio Mero?



COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.

PREGUNTAS:

1.- Fai agora exactamente un ano o noso grupo municipal pedia explicacións polo peche da piscina pública no Temple. Ese verán a instalación non se puido empregar polas irregularidades que presentaba dita obra. Un ano despois a obra segue sen estar rematada e outro ano mais os veciños non poderán facer uso da mesma.

-Ante esta situación o noso grupo municipal pregunta:

¿En que situación se atopa dita obra e qué datas teñen previstas para o remate da mesma?

2.- O local social da parroquia de San Lourenzo, semella estar rematado.

-¿Poden informarnos dos problemas existentes, que evitan que os veciñ@s non poidan facer uso das instalacións?

3.-No lugar de Graduil, no acceso as naves do poligono, procedeuse o asfaltado e acondicionamento de parte dos terreos de acceso a explanada, quedando unha zona sen acondicionar, que ocasiona problemas os veciñ@s que viven nas inmediacións, derivados do polvo en suspensión provocado polos vehiculos que acceden as naves.

¿Poden informarnos do motivo de non acondicionar a mencionada zona?



COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL.

ROGOS:

1.- Veciñ@s e usuarios do Centro de Saúde de Cambre, denunciaron ante a nosa organización, os problemas derivados da carencia de persoal facultativo en horario nocturno. Esto quere decir que si ocurre algunha emerxencia e teñen que abandonar o centro para desplazarse a algún domicilio, non queda ningún persoal médico para atender as posibles urgencias.

-Por todo esto PREGAMOS o goberno municipal de Cambre proceda a tomar a adopción das medidas axeitadas co fin de correxir estas deficiencias para mellorar a calidade do servizo. Asimesmo proceder coa maior dilixencia ante as autoridades da Xunta de Galicia para correxir estas carencias.


En CAMBRE, a 16 de xullo de 2011

Asdo: Grupo Político Municipal







No hay comentarios: