lunes, 1 de agosto de 2011

NOTA INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE

CANTRATACIÓN PERSOAL DE CONFIANZA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, na súa función de control e fiscalización do Goberno Local, quere manifestar o se rexeitamento ante as manifestas irregularidades pola contratación e nomeamento dun cargo de confianza do Goberno Local, sin ser acordado nin determinado polo Pleno Municipal como e perceptivo en estes casos.

A aprobación do persoal de Confianza, en canto a número, características e retribucións figurou a tratar na orde do dia dos plenos dos dias 12 e 19 de xullo, o primeiro retirouse a petición dos Grupos da oposición, precisamente co ánimo de debatir a necesidade dese persoal no Concello, e no pleno do dia 19, foi retirado por expreso desexo do Sr. Alcalde, sin ofrecer ningunha explicación do motivo da retirada.

A propia Lei de Bases de Réxime Local, no seu artigo 104, determina o procedemento para estes nombramentos: “o número, características e retribucións do persoal eventual será determinado polo Pleno de cada Corporación ao comenzo do seu mandato”.

Na actualidade unha persoa está ocupando un dos postos de libre designación sin ter en conta o establecido pola mencionada Lei, atopándonos deste xeito ante feitos consumados derivados dunha presunta ilegalidade na contratación.

Para EU este tipo de contratacións deben realizarse de acordo con un procedemento previo as leies vixentes, esixindo que se proceda con toda urxencia a dar solución o problema, poñendo en valor a transparencia que debe existir na institucións públicas, e neste caso o noso Concello non está alleo a este principio de actuación política.

A nosa organización quere deixar ben claro, que non temos nada en contra deste traballador, pero si do procedemento na súa contratación.

Para EU de Cambre o nomeamento de persoal de confianza, por non ser nin persoal funcionario nin político, ten que axustarse o que a propia Lei establece, por ser este un persoal de asesoramento ó Goberno. Precisamente é o Pleno da Corporación quen, previamente ó seu nomeamento ten que acordar a aprobación ou non de dito persoal, coñecendo previamente as funcións que vai desempeñar dito persoal.


Non esquenzamos que nun momento económico complexo estes nomeamentos supoñen que se destinen cantidades moi importantes para satisfacer o asesoramento do equipo de Goberno. Neste sentido queremos manifestar que a irregularidade na contratación e nomeamento dun dos Asesores sin que o Pleno o aprobase tal e como establece a Lei obedece a unha actuación unilateral por parte do Goberno do Concello, sin contar co resto dos Grupos da Corporación.

Asdo: Consello local de Esquerda Unida de Cambre

No hay comentarios: