domingo, 14 de agosto de 2011
Dende o Grupo Municipal de Esquerda Unida, queremos manifestar o noso rexeitamento ó tipo de Invitacións como as que aqui mostramos, dacordo coa nosa forma de entender e facer política.
Queremos deixar claro que no Grupo Municipal de EU, dende o principio mostramos o noso desacordo coa falta de consenso do Goberno Cambrés co resto dos Grupos Políticos representados no Concello, á hora de organizar unha homenaxe ós cambreses e cambresas, que non deixa de ser, unha escusa para realizar un acto político con afán propagandístico por parte do Partido Popular de Cambre.
O noso Grupo Municipal está plenamente convencido de que a forma de homenaxear ós cambreses e cambresas non parte de desfilar en procesión diante dos veciños e despois facer un cordón non que unicamente poidan consumir ós membros do Concello e “autoridades participantes”. Esta é unha forma de figurar típica de determinados tipos de política que non concordan con Esquerda Unida, pero que definen a liña de actuación do actual Goberno Cambrés.
Asimesmo, esperamos que o Goberno Municipal, seguindo ás súas propias promesas electorais, adiquen gastos a mellorar no que se poida a calidade de vida do Concello, e non investindo en actos meramente políticos e figurativos, uns cartos que ben se poderían usar en tantas e tantas cousas das que o noso Concello ten falta. Tamén queremos deixar constancia do noso desexo para que o diálogo co resto de Grupos comece a ser unha constante por parte do Goberno Municipal, algo que no pouco tempo que levamos de lexislatura non parece estar entre os plans do Goberno do Partido Popular.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario