miércoles, 3 de agosto de 2011

COMUNICADO DO CONSELLO LOCAL DE EU CAMBRE

Hola a todos:
Como dicimos na presentación da nosa paxina en Facebook somos o Consello local de Cambre e para os que ainda non o saiban somos o grupo que xestiona sempre de xeito aberto as accións políticas da nosa organización neste Concello e toma as decisións que afectan a dita organización.

Queriamos informarvos que nunha xuntanza extraordinaria celebrada o pasado 26 de Xullo os membros do novo consello local de Cambre decidiron e acordaron realizar unha reestructuración de Dito consello.

Este novo grupo está formado por xente que xa pertencia ó anterior consello e novas incorporacións que seguro aportarán traballo e ilusión ó novo grupo.

Ademais acordou o cambio na dirección da organización pasando a desempeñar as funcións de Coordinador Juan A. Fernández López exconcelleiro e ata o de agora Secretario de Organización.Posto éste que pasará a desempeñar Olga santos López que ademais e actualmente concelleira do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre.

Ademais co ánimo de aumentar a responsabilidade e implicación no grupo crearonse cinco secretarías que se corresponden con aspectos xenéricos e importantes dentro da vida politica de Cambre.

Polo tanto e a modo de resume gustaríame deixar constancia dun modo gráfico como quedaría formado o novo consello local.

Coordinador Local
Juan A.Fernández López

Secretaría de Organización
Olga Santos lópez

Finanzas
Dolores Novás Varela

Secretaría de Movemento Obreiro
Tino Pan Paz

Secretaría de Igualdade
Ana Limia Blanco

Secretaría de Xuventude
Antonio Bruquetas santos

Secretaría de Paticipación cidadá
Marcos balado Casás

Secretaría de Politica Municipal
Luis Taibo Casás

Vogal
Eleuterio vázquez Paredes

Vogal
Donato L.Moscoso Mella

Vogal
Pablo García Taibo

Vogal
Manuel Cabanas Veiga

Vogal
José M. Varela Cortés

Vogal
Marisa Pazos Soliño

Vogal
José A. Martínez López


Non podemos nin debemos esquecer o traballo realizado polo anterior coordinador Tino Pan, traballo que todos e cada un de nos agradece e valora, en nome de tod@s moitas gracias compañeiro.

Seguiremos en contacto xa sabedes que si queredes estamos dispostos a falar e traballar con todo o mundo cuio interese sexa o xeral e beneficie ó noso concello e ó conxunto de todo-los seus veciños.



Moitas gracias polo voso tempo.


Consello Local de EU Cambre.

No hay comentarios: