viernes, 23 de septiembre de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DOS DIAS 20 E 22 DE SETEMBRO.


MOCIÓN SOBRE A RÍA DE O BURGO.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Unha vez mais o Grupo Municipal de EU trae a debate plenario a situación da ría do Burgo, porque a súa protección e saneamento resulta un problema urxente e inaplazable diante das continuas e cada vez mais graves agresións que está a sofrir, por eso cumpre de un xeito decidido unha actuación pública que poña freo o seu deterioro.

O estado da ría do Burgo, especialmente no tramo que comprende as marxes do territorio municipal de Cambre, resulta lamentable. As repetidas promesas sobre a súa recuperación por parte das autoridades, nunca se concretan nun plan integral e efectivo. Os colectores recentemente construidos, non impiden que cheguen as súas augas varios verquidos potencialmente contaminantes, existindo tamén desaprensivos que aproveitan a ría para desfacerse de residuos domésticos, todo elo sin falar do derrame de queroseno provocado recentemente.

Para EU a situación e de gravedade, observando dia a dia o deterioro do seu leito e da calidade das súas augas, desaparecendo parte da variedade faunística que ata hai pouco a tiña habitado.

O noso Grupo municipal non está preocupado solo polos efectos ecolóxicos do deterioro da ría do Burgo “de por si, gravisimos”, senón tamén polas consecuencias económicas e socias que a situación está orixinando e pode acentuarse no futuro, tendo en conta que podería constituir un decisivo factor para o desenvolvemento da zona si se aproveitaran axeitadamente as súas posibilidades de todo tipo. Por tal razón, entendemos que compre con urxencia abordar a conxunción de esforzos das Administracións e colectivos cidadáns implicados para poñer en marcha sin mais demora un programa de recuperación e aproveitamento integral da ría do Burgo.


POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Instar as Administracións competentes para que asuman de un xeito definitivo as súas responsabilidades e traballar na mesma dirección, co fin de conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría de O Burgo, co obxeto de establecer unha dotación orzamentaria que permita rematar no ano 2012 o proxecto integral de rexeneración, para que os mariscadores poidan realizar o seu traballo e os cidadáns poidan disfrutar da ría nas mellores condicións.

SEGUNDO.- Instar a Xunta de Galicia a que continue levando a cabo a instalación da rede de saneamento e as súas conexións a EDAR de Bens, para desenrolar os mecanismos necesarios para protexer os intereses dos mariscadores durante o tempo de inactividade.

TERCEIRO.- Instar o Ministerio de Medio Ambiente a que asuma a súa competencia na recuperación da ría de O Burgo, o tratarse de un dominio público maritimo-terrestre como define a Lei de Costas, redacte de forma urxente o proxecto para o tratamento e extracción de lodos, para que cando a Xunta remate a conexión das redes de saneamento locais a EDAR de Bens, o Ministerio poida executar inmediatamente a extracción e o tratamento de lodos na ría.

CUARTO.- Que o pleno do concello manifeste o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma en Defensa da ría de O Burgo e colectivo de mariscadores, así como á convocatoria da manifestación do vindeiro 2 de outubro.


CAMBRE, a 16 de setembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal de "ESQUERDA UNIDA"



ROGOS:


SOBRE A CREACIÓN DUN BANCO DE ALIMENTOS

1.- A reciclaxe de alimentos é unha medida que se realiza en moitas vilas do mundo. Os alimentos que se tiran no día a día dos supermercados de todo o mundo bastaría para alimentar a dúas poboacións mundiais. Pero lamentablemente todo ese material alimentario pérdese a pesar de que hai millóns de familias en situación de total precariedade.

-O noso Grupo municipal, consciente, dos “graves problemas sociais que hai no noso concello, onde viven familias que precisan de axuda para poder chegar a fin de mes”:

-PREGA o Goberno realice un estudo co fin de dotar a Cambre dun Banco de Alimentos.

2.- O noso Grupo Municipal xa ten plantexado en outras ocasións o perigro que supón para a circulación rodada e peonil a ausencia de iluminación na ponte da ría do Burgo no Temple, unha zona con intensa circulación rodada e beirarrúas deficitarias.

-PREGAMOS nos informen da situación do proxecto para a mellora da seguridade viaria no mencionado lugar

3.-
Visto o desnivel que existe entre o asfalto e as cunetas en diversos tramos da estrada entre Cela e Meixigo, e tendo en conta que tal situación ocasiona riscos tanto para a circulación rodada como peonil.

-Por isto PREGAMOS se proceda a inspeccionar a zona e tomar as medidas para a corrección dos desniveis nas cunetas existentes.


PREGUNTAS:

1.- No pleno Municipal do pasado 31 de marzo, o noso Grupo municipal presentou unha Moción (aprobada por unanimidade) sobre a “Protección da Fauna do rio Mero”

-¿Ten o Goberno local algunha información por parte das autoridades da Xunta de Galicia respecto a Moción presentada?

2.- No Pleno do pasado 19 de Xullo tras consultar o noso Grupo sobre o estado das obras da Piscina do Temple, se nos informa que a empresa que se está a facer cargo das obras aumenta a presupostación inicial en 40.000 euros sobre os 111.000 iniciais. O Concelleiro responsable da área de Deportes nos informa que se lle pediu documentación a “TERRAUGA” que xustifique dito aumento no prezo.

Posteriormente tal e como se recolle en Acta de Xunta de Goberno Local do 22 de Agosto o Concelleiro da Area de Deportes manifesta que a obra “excede os 200.000 euros”.
Ademais de que o presuposto duplica o, xa de por sí, elevado importe no que se determinou o custe das reformas da piscina, nos atopamos con que esta obra segue a ser un exemplo da ineficacia na xestión da mesma tanto para o anterior goberno como para o actual. O anterior por incapaz de axilizar o proceso de acondicionamento de dita instalación (levamos dous anos con dita obra) e o novo por ser incapaz de ter o control sobre as obras públicas que se teñen que realizar. Non pode ser, que unha obra que se execute durante o verán xa no mandato do novo grupo de Goberno, se faga sin que éste teña en conta un “pequeno” detalle: que o proxecto, non incluíra o acondicionamento da zona de esparcemento, polo que tampouco se puido abrir ó público este verán.

Baseándonos na información que se nos facilitou o noso Grupo Municipal

PREGUNTA

¿Cal foi o motivo polo que o Concelleiro responsable non se percatou de que unha piscina necesita zonas comúns por exemplo para poñer as toallas ou onde poidan estar os usuarios, ata o momento de recepcionar a obra? ¿Teñen pensado rematar dita obra este inverno ou terán os veciños que esperar outro ano mais (e van tres ) para poder disfrutar de dita instalación?¿En qué estado se atopan as conversas coa empresa, qué documentación aportaron, que datas teñen previstas para a fin das obras e cal é o prezo final no que finalmente vai a quedar esta reparación?


3.- Recentemente temos recibidos varias queixas dos usuarios das instalacións deportivas da Balastreira, en Cecebre. Se nos informa que os usuarios que queren xogar ó futbol no mesmo habitualmente non teñen a opción posto que se está a usar de forma prácticamente continuada tanto pola seman como durante a fin de seman polas persoas que practican Tiro con Arco.

En base a isto o noso Grupo Municipal

PREGUNTA:

¿Cómo se atopan reguladas as instalacións deportivas da Balastreira e como se reparten o uso entre os que queren xogar ó futbol e os que practican tiro con arco? ¿Qué medidas de seguridade están contempladas para que convivan dous deportes tan diferentes, co perigo implícito que deriva do tiro con arco?


COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.

ROGOS:

1.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida está a recibir queixas de veciñ@s da rúa Miguel González Garcés, sobre os ruidos que ocasionan as tapas de rexistros da subministradora de enerxía eléctrica Gas Natural-Unión Fenosa, instaladas na beirarrúa, que emiten un ruido molesto cando se pisa enriba das mesmas

-Por este motivo o noso Grupo municipal PREGA o Goberno local inste a GAS NATURAL-UNIÓN FENOSA a proceder o arranxo de ditas tapas.

2.- O talud da via ferrea situado no camiño entre Cela e O Canal, esta sendo afectado por desprendementos de pedras, ábores, etc; esta situación de ausencia de mantemento preventivo pon en risco a circulación, obstruindo tamén o propio vial e as cunetas.

-PREGAMOS se solicite a ADIF realice o mantemento dos taludes e terreos de afección anexos o trazado ferroviario, co fin de garantir a seguridade na zona.

3.- Durante o verán se fai especialmente importante realizar un mantemento das prantas ornamentais e os xardíns debido ó evidente aumento das temperaturas. Este mantemento non se está facendo coa frecuencia necesaria, bastando para comprobalo simplemente ver os maceteiros coas plantas totalmente secas e sin regar, o que fai que pasen de ser un elemento ornamental e decorativo a ter un aspecto decadente. Sirvan como exemplo as macetas e árbores da Costa da Tapia e o seu entorno.

PREGAMOS se tomen medidas para solventar este abandono dos elementos ornamentais e se nos informe sobre as condicións de mantemento que actualmente están vixentes.


COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANÍSMO E SEGURIDADE CIDADÁ.

PREGUNTAS:

1.- Veciñ@s do Temple denunciaron ante o noso Grupo o abandono de vehiculos en varias rúas. Esta mala práctica extendese tamén a outros lugares do Concello, a pesar de estar penalizado con sanción según contempla a “Ordenanza Xeral municipal sobre o Tráfico, Circulación de vehiculos a Motor e Seguridade Viaria do, Concello”

A suciedade e reducción de prazas de aparcamento que quedan inutilizadas, son algúns dos efectos negativos que ocasiona o abandono de vehiculos, destacando tamén o efecto de contaminación medio ambiental e perigro.

-¿Ten realizado o Goberno algunha actuación para correxir a situación e dar solución o problema?


2.- Na actualidade segue sen estar aberto ó publico o parque infantil situado nunha praza interior a altura do número 14, na Costa da Tapia correspondente a UE-23.

-¿Cal é o motivo ou motivos que impiden que os veciños non poidan facer uso de ditas instalacións?


CAMBRE, a 16 de setembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal de "Esquerda Unida"

No hay comentarios: