miércoles, 28 de septiembre de 2011

Nota informativa os medios de comunicación

ESQUERDA UNIDA RECRIMINA Ó PP DA MALA XESTIÓN NAS OBRAS DA PISCINA DO GRAXAL.


O Grupo Municipal de EU na última sesión plenaria, solicitou información sobre o estado no que actualmente se atopan as obras de reforma da piscina do Graxal. Recordaron que o que comezou sendo una reforma do vaso hai tres anos se está a converter nun cúmulo de inoperancias xa iniciadas pola anterior Corporación. Inicialmente presupostada en 111.000 euros, o seu custe ascende ós 200.000 euros según declaracións do Concelleiro Responsable da Area de Deportes, e aínda se están a pedir orzamentos para a demolición do edificio orixinal.


Esquerda Unida critica a falta de resolución do actual Goberno do Partido Popular, entre outras cousas por non terse percatado de que o acondicionamento da zona de esparexemento non estaba incluída no proxecto de reforma, recepcionando a obra igualmente. Ante a pregunta formulada por EU a resposta do executivo cambrés non fixo mais que embrollar aínda mais a situación desta obra, posto que nin se concretou o custe final da mesma nin o prazo estimado para que se poida facer uso da piscina despois de dous veráns seguidos sen poder facer uso dela.


Nota informativa os medios de comunicación

ESQUERDA UNIDA INSTA Á CREACIÓN DUN BANCO DE ALIMENTOS EN CAMBRE

O Grupo Municipal de EU, sendo conscientes da actual situación económica así como da existencia de familias no Concello que precisan axuda para poder chegar a fin de mes, propuxo ó Goberno Cambrés a instauración dunha fórmula que coidan idónea polas súas características.
Explica Esquerda Unida que a reciclaxe de alimentos é unha fórmula que xa existe e que se está a aplicar en múltiples Concellos de todo o Estado e que ten diferentes variantes tales como a recollida de alimentos e reparto en lotes polo propio Concello ou a celebración de convenios de colaboración cos Bancos de Alimentos xa existentes e que funcionan baixo as fórmulas de voluntariado.


Asimesmo EU insiste en que o sentido da petición deste estudio é comprobar o factible que podería chegar a ser levar a cabo esta iniciativa nun momento que no Concello de Cambre, desgraciadamente, aumenta o número de veciños que están entrando nunha situación complexa na que este tipo de iniciativas poden chegar a darlles un respiro e que si ademais, son fórmulas de fácil adopción e baixo custe, a obriga dos Poderes Públicos é asumir estas iniciativas con total responsabilidade.

Nota informativa os medios de comunicación


ESQUERDA UNIDA REPROCHA O GOBERNO DO PP DE CAMBRE O DESCOÑECEMENTO DO PROXECTO DE MELLORA DA PONTE DA RIA DO BURGO.

A consecuencia dunha pregunta plantexada no Pleno Ordinario celebrado o pasado día 22 de Setembro, o Goberno Cambrés recoñece non ter constancia da existencia dun proxecto xa aprobado polo anterior Goberno Socialista consistente na mellora da seguridade viaria na Ponte da Ría do Burgo.


Ante a pregunta realizada por EU o alcalde Manuel Rivas indicou que, tal e como manifestou en varios medios de comunicación él foi quen propuxo á Xunta a mellora da Ponte da ponte de O Burgo. Esquerda Unida, coida que esta resposta é totalmente inapropiada posto que a obriga dun Goberno Municipal é revisar e actualizarse nos proxectos existentes, para evitar que se dupliquen traballos, proxectos e por tanto custes que terminan repercutindo nas arcas Públicas.
Para o Grupo Municipal de Esquerda Unida este problema debe ser abordado de forma inmediata, e o Concello de Cambre, non pode seguir sendo expectador pasivo ante a situación. O feito que na vía pública a que se refire o problema concurran as competencias de tres Administracións, e decir concello de Cambre, Concello de Culleredo e a propia Xunta de Galicia, non pode facer esquencer a necesidade de unha actuación decidida co fin de proporcionar unha maior seguridade vial na zona, evitando que se produzcan danos irreparables.

No hay comentarios: