viernes, 14 de octubre de 2011

COMUNICADO DE PRENSA

O CONSELLO COMARCA DE EU CORUÑA CHAMA A CIDADANÍA A PARTICIPARES NA MOBILIZACIÓN CONVOCADA A NIVEL MUNDIAL EN PROTESTA POLA PERDA CRECENTE DOS DEREITOS DA CIDADANÍA DIANTE DA PRESIÓN DO PODER FINANCEIRO

ESQUERDA UNIDA APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLO 15 M BAIXO O LEMA UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL

O COORDINADOR COMARCAL E VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-V NA CORUÑA, CÉSAR SANTISO, O RESPONSÁBEL DE ORGANIZACIÓN, JORGE GIL E O VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DE CAMBRE, LUÍS TAIBO, ENTRE OUTROS DESTACADOS CARGOS DE EU ANUNCIARON A SÚA PARTICIPACIÓN A TÍTULO PERSOAL

Chegou o momento de cambiar as cousas, este sábado as 18 h. partirá unha grande manifestación dende a Praza de Pontevedra que percorrerá San Andrés, Rúa Nova, Obelisco, A Mariña e rematará na Praza de María Pita.

Esquerda Unida apoia a manifestación convocada polo 15 M baixo o lema unid@s por un cambio global que se desenvolverá o vindeiro sábado día 15 de outubro de 2011 e irá encabezada por unha pancarta sen siglas, para demostrar a responsabilidade individual e colectiva da cidadanía que quere implicarse como auténtica protagonista da transformación social, cultural, político e económica necesaria para saír da crise, avanzar na igualdade, crecer en valores solidarios e preservar o medio natural para xeracións futuras.

O consello comarcal de EU Coruña chama a cidadanía a participares na mobilización convocada a nivel mundial en protesta pola perda crecente dos dereitos da cidadanía diante da presión do poder financeiro. A cidadanía de case 700 cidades e 80 países demostrarán aos poderes financeiros e aos seus políticos seguidistas, que así non queremos seguir.

O coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, César Santiso, o responsábel de organización, Jorge Gil e o voceiro do grupo municipal de Cambre, Luís Taibo, entre outros destacados cargos de EU anunciaron a súa participación a título persoal.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

No hay comentarios: