lunes, 17 de octubre de 2011


INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DOS DIAS 20 E 22 DE SETEMBRO



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” SOBRE A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS PLENOS

XUSTIFICACIÓN:

A información e participación nos asuntos públicos, e un dos pilares nos que se asenta a nosa democracia. A posición que ten EU a favor dunha amplia participación dos cidadáns na vida política non responde á crenza de que é un dereito que lles foi outorgado, se non ao recoñecemento dun dereito que lles pertenece.

A participación directa nas institucións é fundamental, porque supón o que os cidad@ns sentan de verdade que forman parte delas o que significaría un avance no proceso democratizador das mesmas, incorporando a sectores ou grupos excluídos logrando desta forma unha ampliación do campo dos dereitos e liberdades.

Considerando que os representantes que formamos a corporación municipal representamos a un amplo sector da poboación de Cambre non debemos facer oídos xordos e ollos cegos á realidade social que se vive. Tras o detonante do 15-M e as posteriores mobilizacións sociais que están tendo lugar a nivel mundial, nacional, rexional e local: coa actividade continuada de Asembleas Locais; consideramos que é hora de expoñerse outra forma de participación cidadá, na que teñan cabida asociacións, movementos sociais ou calquera cidadán ou cidadá a nivel individual, que sexan instrumentos útiles e válidos de colaboración cos poderes públicos no obxectivo común de conseguir unha mellor calidade de vida e un aumento dos servizos que o concello debe ofertar aos seus cidadáns

Na pasada campaña electoral todos os partidos aquí representados levamos nos nosos programas a participación cidadá como un dos puntos mais importantes, cremos que é a hora de demostrar que non só eran palabras para conseguir votos. A Constitución Española aposta por unha democracia participativa, enlazando unha democracia representativa e parlamentaria con elementos de democracia directa, así no seu Art.9.2 di: “corresponde aos poderes públicos facilitar a participación de todos cidadán@s na vida política, económica, cultural e social”, así mesmo no Art.29 recoñece o dereito de petición individual e colectivo e no Art. 51 o dereito á información e participación.

Doutra banda e recollendo o que expón a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local vemos como no punto un do Articulo 69 da mesma di: “As

Corporacións locais facilitarán a máis amplia información sobre a súa actividade e a participación de todos os cidadan@s na vida local”. Así mesmo o artigo 20.3 do Regulamento Orgánico do Concello de Cambre, contempla: “Todas as persoas teñen dereito a intervir nas sesións públicas dos plenos que sexan de cartacter ordinario”…de acordo coas pescricións sinaladas no mencionado artigo.

Esquerda Unida de Cambre quere reafirmar a sua vontade política de impulsar os medios necesarios para facer efectivo o dereito cidadán a participación en asuntos públicos que a constitución proclama, impulsando así a democracia directa, ocupando espacios na toma de decisións que vaian mais aló de limitarse a votar cada 4 anos.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

PRIMEIRO.- Que o Goberno municipal inicie de inmediato os traballos para desenvolver a participación nos puntos de Rogos e Preguntas dos plenos municipais do Consello, de calqueira cidadán, tanto de forma individual ou representando a asociacións, movementos sociaias, etc; según os términos contemplados no artigo 20 do Regulamento de Participación Cidadán. Considerando esto como un paso para desenrolar o propio Regulamento.

SEGUNDO.- Que do presente acordo se dea a máxima información a cidadanía de Cambre.


CAMBRE, a 14 de outono de 2011


Asdo: O voceiro do Grupo



ROGOS:


1.- ACONDICIONAMENTO CAMIÑO.

A rede de camiños públicos do concello, constituie un elemento indispensable para a comunicación entre distintos lugares, existindo no Concello moitos viales que polas súas características e falta de atención provocan situacións que os fan intransitables, motivado en gran medida a abundante maleza é obstáculos que impiden o seu tránsito ante ausencia dunha actuación decidida na conservación e vixilancia por parte da administración local.

Polo exposto, o Grupo Municipal de EU Prega o Goberno Local, proceda a tomar as medidas oportunas para a limpeza e acondicionamento do camiño que trancurre entre a rúa Wenceslao Fernández Flórez e Rocón, co fin de garantir o seu mantemento e as mellores condicións para o seu uso público.

2.- O noso Grupo ten coñecemento por parte dos medios de comunicación sobre distintos problemas tratados no ente supramunicipal do Consorcio das Mariñas. A pesar de ter aprobada unha moción referente á información que deberían transmitir os representantes do concello ao conxunto da corporación nos órganos colexiados para os que foron designados, seguen sen dar unha información puntual sobre o tratado no mencionado organismo.

-O noso Grupo PREGA aos responsables do goberno nos informe das xestións e proxectos tratados no Consorcio das Mariñas relativos a elaboración dun borrador para sacar a contratación de forma conxunta do consumo eléctrico municipal, e si teñen algunha estimación do posible aforro enerxético no noso Concello.

3.- O 15 de setembro abriuse o período voluntario de pagamento de recibos de contribucións das entidades locais. Na actualidade tanto o Concello de Cambre como a Deputación Provincial ten asinados convenios de colaboración con entidades bancarias de cara ao cobro dos devanditos recibos.

O grupo municipal de EU ten coñecemento que algunhas oficinas de Novacaixagalicia so permiten o pagamento de recibos contributivos de Deputación e Concello en horario de 8:30 a 10:30 cando o convenio obriga a cobrar os recibos durante todo o horario de atención ao público. Inclusive polas tardes cando as entidades abran ao público en xeral.

Esta actitude de incumprimento da entidade financeira está a supoñer graves prexuízos os veciñ@ que teñen unha franxa horaria excesivamente restritiva para cumprir coas súas obrigas fiscais. Situación que ademais repercutirá negativamente nas arcas municipais ao producirse maior número de impagados, a mais de dificultar e encarecer as tarefas administrativas ao ter que pasar os ditos impagos a vía de apremo executiva, coa súa correspondente notificación, inclusión no BOP, etc.

-Polo exposto, Esquerda Unida PREGA O Goberno realice as xestións oportunas ante Novacaixagalicia co fin de dar cumplimento o establecido no convenio de colaboración.



PREGUNTAS:



1.- O cambio e reposición de parte dos elementos do mobiliario urbano en tres prazas da Urbanización A Barcala, provocou o rechazo e movilización por parte dos veciñ@s, por entender que en dita actuación producianse varias deficiencias.

-¿Pode informarnos o goberno quen foi o responsable da instalación dun mobiliario que o propio Alcalde non dudou en manifestar que estaba deteriorado e que “podería poñer en risco a saude dos usuarios”?

-¿Comprobaron desde o Goberno a calidade dos materiales e estado dos elementos a instalar?

-¿Existe algún informe técnico recomendando a retirada do mobiliario?
2.- Ante o proxecto constructivo de clausurar o Paso a Nivel na linea ferroviaria Palencia-A Coruña, no lugar de Cela, e tendo en conta a preocupación dos veciñ@s que se verán afectados na súa actividade diaria o ter que facer un percorrido de case un kilómetro, circulando por unha via sin beirarrúas con elevado risco de accidentes, o noso Grupo plantexa a seguinte
PREGUNTA.
-¿Ten previsto o Goberno local realizar algunha alternativa ou obra adicional co fin de mellorar a seguridade nas estradas que unen os lugares de A Ponte coa Igrexa en Cela?


3.- ¿Para cando ten previsto o Goberno convocar os Grupos da oposición para tratar sobre o proxecto de “Rexeneración Urbana do Campo da Feira de Cambre”?



COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.


ROGOS:

1.- Veciñ@s do Temple manifestaron o noso Grupo os problemas derivados da mala sinalización da rúa Travesia da Coutelana, feito denunciado polos encargados do reparto de correos.
-PREGAMOS que se proceda a sinalizar correctamente mediante placas identificativas a rúa Travesía da Cautelana.

PREGUNTAS:


1.- Na Xunta de Goberno do pasado 22 de agosto, a concelleira rresponsable de Urbanísmo daba conta sobre a información solicitada polo responsable dunha superficie comercial acerca da existencia dunha parcela en Cambre para poder instalarse.
-¿Pode a concelleira concretar mais sobre o asunto?

2.- Veciñ@s que a diario transitan pola Rua Martin Codax, denunciaron ante o noso Grupo municipal o estado de abandono de dito vial, con un firme que dificulta a circulación carecendo de asfaltado e con pronunciados baches.

Ante ista situación o noso Grupo Municipal pregunta:

¿Cal e razón polo que a dia de hoxe esta rúa atopase sin asfaltar, e para cando pensa o goberno levar a cabo a reparación do problema?

3.- Tendo en conta que o encoro de Cecebre está na mitade da súa capacidade nas reservas de auga.

-¿Contempla o Goberno algún tipo de medidas de aforro no suministro de auga?


COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL.


ROGOS:

1.- Na sociedade de consumo na que que vivimos, uns bens culturais valiosisimos coma os libros, con frecuencia son desaproveitados ou, mesmo en ocasións, van directamente o lixo.

Por esto PREGAMOS que desde as Bibliotecas Municipais do Concello se poña en marcha cada ano unha campaña de recollida de libros con destino os paises mais necesitados.

2.- En Resolución da Alcaldía do mes de agosto, aprobouse a participación do Concello de Cambre no grupo temático de traballo de “Activación e Prevención de Proxectos ELCANET” a celebrar en Borgo Val di Taro (Italia) entre os dias 27 e 30 do mes pasado.

-PREGAMOS nos informen en que medida influie o mencionado evento os veciñ@s de Cambre, e sobre os gastos económicos ocasionados o Concello.



COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGTURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE, CULTURA E TURISMO.



PREGUNTAS:

1.- Según acta de Comisión de Goberno do pasado 17 de agosto, o Sr. Alcalde informa que falaría co xefe da Policia Local, motivado as queixas dos veciños por non patrullar polas zonas rurais.

-¿Poden informarnos si se levaron a cabo ditas conversas, e das posibles conclusións?

-Pensa o Goberno realizar algún tipo de reorganización efectiva da policía local que incluía un incremento axeitado do seu cadro de persoal para dispoñer dun servizo que responda as expectativas do noso concello.

2.- ¿Pode informarnos o concelleiro de Cultura, a que se refire cando fala de buscar unha solución ao tema das auxiliares de bibliotecas, según manifestacións en Xunta de Goberno do pasasdo mes de xullo?


CAMBRE, a 14 de outono de 2011

Asdo: Consello Local de "EU"

No hay comentarios: