lunes, 31 de octubre de 2011

"ESQUERDA UNIDA" DE CAMBRE INTERPÓN RECURSOCONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

CONTRA A CONTRATACIÓN IRREGULAR DO ASESOR DE COMUNICACIÓN DO GOBERNO DE CAMBRE

EU de Cambre ven de presentar un Recurso Contencioso Administrativo contra a Resolución do Concelleiro de Area de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación, pola que no pasado mes de Xullo, nomeaba como persoal de Confianza ó seu actual Xefe de Prensa, sen que o Pleno da Corporación municipal o aprobara previamente tal e como está estipulado na Lei de Bases de Réxime Local, que no seu Artigo 104.1 establece que “El número, características y retribuciones del personal eventual será determinado por el Pleno de cada Corporación, al comienzo de su mandato. Estas determinaciones sólo podrán modificarse con motivo de la aprobación de los Presupuestos anuales.”

Según a normativa vixente é o Pleno das Corporacións Locais, o órgano competente que determinará o número dos postos de carácter eventual coas súas características e retribucións sempre dentro dos orzamentos presupostarios.

Explica o avogado de EU Cambre, Ivan López Amor, que outro dos aspectos que se recorren é que o nomeamento ten que realizalo o Alcalde sendo esta unha facultade indelegable, polo que se produce unha nova inobservancia do procedemento legalmente establecido dende o momento en que a resolución foi ditada polo Concelleiro delegado da área de Réxime Interior, patrimonio e contratación.

Afirma Ivan López que, ademais do anteriormente exposto, existe un informe da propia Interventora do Concello de Cambre contrario a dito nomeamento, o que non impediu seguir adiante con dita contratación ó Concelleiro, facendo caso omiso de dito informe desfavorable.
Asimesmo, alega Juan Antonio Fernández, Coordinador do Consello Local, que o interese de EU de Cambre é que se cumpra a legalidade e a tan proclamada transparencia á que constantemente alude o PP de Cambre, que xa en tres ocasións retirou da orde do día dos Plenos Ordinarios a aprobación de persoal eventual eludindo dar explicacións do motivo polo que sen dita aprobación o Xefe de Prensa segue a traballar no Concello sen someter ó Pleno a aprobación de eventuais.

A data prevista para a celebración do xuízo é o vindeiro 19 de Xaneiro no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 da Coruña.

Asdo: Consello Local de EU de Cambre

No hay comentarios: