miércoles, 16 de noviembre de 2011






INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE NOVEMBRO.



MOCIÓN PARA INSTAR O GOBERNO DO ESTADO A MODIFICAR A LEI HIPOTECARIA CO FIN DE REGULAR A DACIÓN EN PAGO E ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA EVITAR OS DESAHUCIOS POR MOTIVOS ECONÓMICOS.



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Visto que co estalido da crise e o aumento do paro, centenares de milesde familias chegaron a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas.

Visto que segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, só entre 2007 e 2010 no conxunto do Estado producíronse preto de 300.000 execucións hipotecarias, e que as previsións din que entre 2011 e 2012 poderíase chegar a cifra de 500.000.




Visto que cando isto sucede, as familias non só se enfrontan á perda da súa vivenda senón tamén a unha condena financeira para sempre: a entidade bancaria interpón unha demanda e iníciase o proceso de execución hipotecaria que finaliza coa poxa do inmoble. Se a poxa queda deserta (cousa que no actual contexto de crise sucede en máis do 90% dos casos), coa lei vixente a entidade bancaria adxudícase a vivenda polo 50% do valor de tasación e segue reclamando o pago da débeda restante, máis os intereses e costas xudiciais, ás persoas en situación de insolvencia, mediante o embargo de nóminas, contas, etc, así como embargos aos avalistas. É dicir, ademais de perder a vivenda, miles de familias enfróntanse a unha condena financeira para sempre que se traduce nunha condena a exclusión social e a económia sumerxida.

Visto que esta lexislación que permite que as entidades financeiras adxudíque as vivendas polo 50% do valor de tasación non só é anómala e non ten comparativa coas lexislacións doutros países da nosa contorna, senón que ademais era descoñecida polas familias cando asinaron os contratos hipotecarios. Feito que se suma á publicidade enganosa coa que se comercializaron a maioría desas hipotecas, á sobrevaloración nas tasaciones e á linguaxe de difícil comprensión utilizado nos contratos que agora se descobre que en moitos caso escondía todo tipo de cláusulas



abusivas.




Visto que consideramos inadmisible e totalmente inxusto que nun Estadosocial e democrático de dereito, todas as consecuencias da crise recaian sobre a parte máis vulnerable do contrato hipotecario e en cambio as entidades financeiras, en boa medida responsables da actual crise,reciban axudas millonarias que saen dos impostos, sen ter que asumirningunha responsabilidade, ao mesmo tempo que seguen xerando miles de millóns de beneficios anuais.




Considerando que todo o aquí exposto vulnera o actual marco xurídico,posto que o dereito á vivenda é un mandato constitucional, especialmente recollido no artigo 47 da Constitución española, que di: “Todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito” pero tamén no artigo 33, que limita claramente o dereito á propiedade privada ao cumprimento da súa función social (e que a día de hoxe incúmprese sistematicamente nos pisos baleiros acumulados por bancos e caixas), ou no artigo 24 que garante a tutela xudicial (vulnerado nos procesos de execucións hipotecarias onde se produce clara indefensión), así como os compromisos xurídicos en materia de dereito a vivenda asumidos polo estado español ao ratificar tratados internacionais vinculantes como son, entre outros, a Declaración Universal de Dereitos Humanos (artigo 25) e o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (artigo 11), especialmente a partir da súa Observación Xeral número 4 que concreta o contido do dereito a unha vivenda adecuada, e a Observación Xeral nº 7 que define os desaloxos forzosos como unha das principais vulneracións do dereito á vivenda.




Considerando que todo o aquí exposto depende basicamente dunhanormativa de competencia estatal, pero cuxos efectos dramáticos concrétanse no ámbito municipal, posto que é aos concellos onde diríxense maioritariamente as persoas e familias afectadas en busca de axuda. Así, os concellos convértense en dobremente prexudicados: en primeiro lugar porque se vulneran os dereitos fundamentais dos seus cidadáns; en segundo lugar, porque en pleno contexto de crise, cando os recursos son máis escasos que nunca, reciben todas as peticións de axuda das persoas e familias empobrecidas.



Considerando que a perda de vivenda priva ao individuo ou a familia de toda residencia, e que, á súa vez, a ausencia de residencia exclúelles de toda vía administrativa, levando por iso a perda de dereitos, impedindo ás persoas afectadas realizarse tanto profesional como familiarmente.

Considerando que, como consecuencia do anterior, os desafiuzamentos aínda máis cando supón o mantemento dunha débeda en forma de condena financeira levan altos niveis de inseguridade que desencadean a alteración da orde pública e a paz social, e considerando que os concellos teñen o encargo de manter a seguridade e a orde no conxunto do territorio municipal.

O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:








PRIMEIRO.- Pedir ao Goberno central que, tal e como vén propondo aPlataforma de Afectados pola Hipoteca e outras organizacións sociais,aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura da dación en pago, de maneira que, nos casos de residencia habitual, se o banco executa a hipoteca e queda coa vivenda, a totalidade da débeda (principal, máis intereses e costas xudiciais) quede liquidada, tal e como sucede noutros países da UE ou en EEUU.




SEGUNDO.- Instar ao Goberno a aprobar unha moratoria ou implementar as medidas necesarias para paralizar os desahucios das familias en situación de insolvencia sobrevinda e involuntaria. Para os miles de desahuciados xa producidos, que se aproben con carácter de urxencia medidas destinadas a que os miles de pisos baleiros que están acumulando as entidades financeiras como consecuencia deses embargos sexan postos inmediatamente a disposición das familias desahuciadas e sen recursos en réxime de alquiler social, non superando nunca o 30% da renda familiar dispoñible.




TERCEIRO.- Máis aló das medidas de competencia estatal, estudar asmedidas a emprender a nivel municipal para paralizar os desahucios, creando unha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociacións de afectados, veciñais e outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. O obxectivo principal de devandita comisión será buscar alternativas que eviten os desahucios por motivos económicos. Nos casos que non sexa posible, garantir o realoxo digno das familias afectadas.

CUARTO.- Dar traslado destes acordos ao Consello de Ministros, e en especial ao Ministerio de Economía e ao Ministerio de Xustiza, así como aos grupos parlamentarios do Congreso e o Senado, ao Parlamento Autonómico, á Plataforma de Afectados pola Hipoteca e ás asociacións veciñais do municipio.


ROGOS:

1.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público é unha obrigación do Goberno municipal. O estado da maior parte das marquesinas do concello non están cumprindo a función para a que foron instaladas, e o seu estado de deterioro pode poñer en perigro a integridade fisica das persoas.

Por esto PREGAMOS se sinalicen as marquesinas deterioradas apercibindo do perigro, e realicen as correspondentes actuacións para proceder a súa inmediata reparación ou reposición, según proceda.

2.- A pesar da insistencia do noso Grupo, na estrada CP-1702 nas inmediacións do Instituto David Buxán, a dia de hoxe segue sin contar con paso de peóns, e dos elementos minimamente necesarios para garantir o máximo posible a seguridade das persoas.



Polo exposto, PREGAMOS o Goberno realice as xestións oportunas ante a Deputación Provincial para habilitar un paso de peóns e demais medidas de precaución para minorar o risco de perigro na zona.

3.-
Veciñ@ da urbanización da Barcala denunciaron ante o noso Grupo municipal o estado que se encontran dous cuadro eléctricos situados na entrada da Urbanización e nas inmediacióna da Galescola, ditas instalación poden producir risco para a seguridade das persoas, Por esto o noso Grupo PREGA realizar con urxencia cantas accións sexan necesarias para correxir as deficiencias nas instalacións mencionadas.


PREGUNTAS:

1.- ¿En que situación se encontran os traballos sobre o inventario de camiños públicos do Concello, e cando ten previsto o goberno local entregar aos grupos da oposición o documento e a súa data de exposición pública?

2.- O Parque infantil situado na praza interior do número 14 da Costa da Tapia, correspondente a UE-23, na actualidade segue sen estar aberto ó publico.

-¿Cal é o motivo ou motivos que impiden que os veciños non poidan facer uso de ditas instalacións?

3.- ¿Ten o Goberno do concello a confirmación oficial das partidas orzamentarias da Xunta de Galicia para o ano 2012?, de ser afirmativa a resposta, ¿Que valoración fai dos investimentos previstos pola Comunidade Autónoma para o noso Concello?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.

ROGOS:

1.- Os cristales da porta de acceso o Centro Sociocultural “Garrulaxe” están rotos e con perigro de producir algún accidente: e polo que PREGAMOS procedan a súa reposición e acondicionamento.

2.- Nas obras de asfaltado e acondicionamento da estrada CP-1706 no lugar da Patiña, eliminaronse as bandas rugosas existentes.

PREGAMOS a súa reposición para atenuar o risco de accidentes na zona, e se instalen elementos menos agresivos con similar eficacia.

3.- Ante as suxerencias que nos teñen feito veciñ@s de Cambre sobre o acceso dende a Estrada da Estación a Agra de Samosteiro, o noso Grupo PREGA que por parte dos servizos técnicos do concello se estudie a posibilidade de prohibir xirar os vehiculos procedentes da rúa Estación.

4.- Diante da igrexa e cimeterio de Pravio, habitualmente hai vehiculos aparcados obstaculizando o espacio existente para a circulación peonil, esto obriga as persoas a invadir a rúa, co conseguinte perigro de accidentes sobre todo en dias de celebracións na igrexa.

O noso Grupo PREGA o Goberno, se tomen as medidas axeitadas para correxir a situación de indefension das persoas.


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.

PREGUNTAS:

1.- As mareas vivas producidas a finais do mes pasado, provocaron inundacións en baixos da rúa Poligono.

¿Pensa o Goberno tomar algún tipo de medidas para mellorar as condicións e minimizar o impacto das inundacións provocadas polas crecidas?

2.- ¿Que información ten o Goberno sobre o alumeado público de San Lourenzo, recepcionado fai mais de dous anos. Ten tomado ou pensa tomar algún tipo de medidas para dar solución a situación?

3.-
¿Ten o Goberno previsto algunha actuación inmediata de mellora e acondicionamento do parque infantil situado nas inmediacións da Casa das Palmeiras.

4.- ¿Pode informarnos o Goberno do motivo que impide utilizar no cimeterio municipal o aparrelo elevador de cadaleitos?


Novembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: