viernes, 11 de noviembre de 2011


CASA MODERNISTA DA ARRIGADA ANO DE 1912










SR.ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

LUIS M. TAIBO CASÁS, voceiro do Grupo Municipal de ”Esquerda Unida”, tendo en conta o tratado na Xunta de Voceiros do dia 10 do presente mes, respecto o tratamento e utilidade da casa da Arrigada, realiza a seguinte PROPOSTA:

CREACIÓN DUNHA “AULA DA NATUREZA E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RIO MERO”, NO EDIFICIO MODERNISTA DA ARRIGADA.

Xustificación da Proposta:

En repetidas ocasións, ten xurdido nos debates dos Plenos Municipais a necesidade de dar resposta eficaz os distintos problemas derivados da transformación do Concello de Cambre nun territorio en acelarado proceso de urbanización é ós cambios que impón o modelo de vida actual.


Entre os problemas que é necesario atender de xeito inaplazable encontranse os relacionados co Medio Ambiente, porque non é posible negar o considerable grao de deterioro que, nos últimos tempos sufre a natureza do noso concello.


Para o Grupo Municipal de “Esquerda Unida” a defensa do Medio Ambiente é moito mais que unha romántica posición de conservación da natureza. É sobre todo unha aposta polo futuro, en difinitiva convertir a casa modernista da Arrigada nun centro educacional coa natureza e a historia como protagonistas principiais.

Unha aula da Natureza, concibese como unha oferta educativa para que os Colexios, Institutos, colectivos ou asociacións, poidan realizar programas de Educación Ambiental, Recreativo e Cultural co fin de dar a coñecer entre outras cousas, a flora e a fauna do noso concello, e así recuperar, conservar, protexer, poñer en valor e difundir os bens integrantes do noso patrimonio mais recente.

EU ten entre os seus valores, o despertar a conciencia crítica a través de dinámicas de sensibilización e concienciación da Natureza, e consideramos que temos neste momento unha importante ocasión para que o noso pobo poida contar cunha Aula da Natureza e Centro de Interpretación do río Mero con obxectivos de desenvolvemento orientados a sensibilización, conservación e coñecemento dos antecedentes históricos do Medio Ambiente Natural de Cambre.

A dia de hoxe Cambre conta no seu patrimonio cun edificio singular de 1912 (o próximo ano cumpre 100 anos) no lugar da Arrigada, catalogado nas súas Normas Subsidiarias como edificio de especial protección, que ben podería cumprir as funcións e ofrecer programas educativos aos nosos escolares, e tamén como elemento atractivo para os cambres@s e persoas que nos visitan.

Este edificio situado o noso xuizo, nun enclave axeitado próximo a zona emblematica das Insuas, conta nas súas inmediacións con montes, bosques, humedais e o emblemático rio Mero (un dos símbolos mais importantes do noso concello)

O desenrolo e posta en valor do río Mero e os seus humedais, e unha aposta que o conxunto da Corporación debería contemplar a corto prazo, como foco de atracción turística, que ben pode ser un referente a nivel comarcal para dar a coñecer ese gran recurso que baña unha boa parte do concello de Cambre, tendo en conta as grandes posibilidades en canto o turismo activo, natureza e patrimonio.

ENTRE OUTROS OBXECTIVOS, PODEMOS DESTACAR OS SEGUINTES:

1.- Desenrolar un equipamento cultural e creativo, descubrindo e difundindo os valores ambientais, mediante a integración e implicación da poboación
2.- Difundir o coñecemento da flora e da fauna do noso concello
3.- Facilitar o acceso o medio natural as persoas que por dificultades físicas, psiquicas ou sociais, non teñen oportunidades
4.- Obter un rendimento económico na actividade empresarial de Cambre, como pode ser a oferta turística, aumentando o fluxo dos visitantes.
5.- Estudiar as condicións do rio
6.- Estudiar as diferentes masas de vexetación e seguimento da fauna
7.- Taller de reciclaxe creativo
8.- Recuperación da zona axardiñada das inmediacións da casa


En CAMBRE, a 11 de novembro de 2011

Asdo: Grupo Municipal de “Esquerda Unida” de Cambre

No hay comentarios: