domingo, 29 de enero de 2012







elexía a xosé seivane

quero grabar estes versos
un poema ben sentido
ai nun vello pau de buxo
ai gaiteiros meus amigosos

punteiros tocan triste
triste tocan do brillante
ai tocan en re sostido
ai polo mestre seivane

ollo ao mestre nesta foto
eses ollos eses dedos
ese sombreiro esa gaita
ai que mozo está este vello

rio mero rio eo
rio miño fonmiñá
ai tocando a muiñeira
por seivane un alalá

ai as gaitas tocan triste triste
tocan do brillante
ai tocan en re sentido
ai polo mestre seivane

manolo pipas

sábado, 28 de enero de 2012

XOXE SEIVANE RIVAS :Sempre na memoria

O dia 27 de xaneiro deixounos Xosé Seivane Rivas, unha persoa querida e admirada pola súa traxectoria profesional, no eido da artesanía e da cultura, destacando os seus valores humáns, a súa humildade e o seu traballo permanente. Un exemplo máis da calidade crecente na inmensa labor artesán, dandolle o noso concello e o conxunto do noso Pais, unha proxección internacional de gran transcendencia, sen dúbida un valor que non debe quedar no esquecemento, sin él non se podería entender o folclore galego na sua máxima expresión “A Gaita Galega”

O mais sentido pésame a toda a súa familia, co sentimento da perda irreparable. Xosé Seivane: Unha boa persoa.

Consello Político Local de Esquerda Unida de Cambre.

miércoles, 25 de enero de 2012


ÁRBORES DO CAMPO DA FEIRA DE CAMBRE

O Grupo Municipal de EU, presentará unha iniciativa no próximo pleno municipal do mes de xaneiro, solicitando aclaren as actuacións levadas a cabo na tala e poda que se ten realizado no Campo da feira de Cambre, no dia de hoxe.
A emblemática arboreda, constituie unha das sinais de identidade da capital municipal e da nosa memoria histórica, ten un valor incalculable que forma parte do patrimonio cultural, ecolóxico e histórico do noso concello. Os plátanos da Alameda teñen mais de cen anos, e non se encontran no mellor dos estados, pero non esquezamos que o árbore como todo ser vivo precisa de un tratamento cando está enfermo e sobre todo, realizar de forma periódica os controles e analises que sean pertinentes para a súa conservación
A nosa organización espera que non se utilice a excusa da enfermedade dos árbores para levar a cabo a tala de varios exemplares, en este caso estimamos que debería ser prioritario o tratamento do arborado para a súa preservación, tendo en conta que o árbore e imprescindible para propiciar un mellor medioambiente, combatir o cambio climático e posibilitar unha mellor calidade de vida para a cidadanía.
Esquerda Unida, é consciente que o Proxecto de Rexeneración Urbana do Campo da Feira, contempla o problema dos árbores enfermos, pero estimamos que poden existir outras actuacións que sean menos agresivas para evitar a súa tala.

                        La imagen puede contener: planta, árbol, exterior y naturaleza



Asdo: Consello local de Esquerda Unida de Cambre

viernes, 20 de enero de 2012

PLENO MUNICIPAL ORDINARIO DO DIA: 19 DE XANEIRO DE 2012.


DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE CAMBRE


Ao longo do dia de hoxe recibimos a desafortunada noticia de que un veciño de Cambre emigrado a Venezuela leva dende o pasado fin de semamana secuestrado e privado da súa liberdade contra a súa vontade. Dende este Concello queremos mostrar a nosa mais absoluta condena ante estes feitos e a nosa total solidariedade con Juan Cortés e a súa familia.

En nome de todos os veciños de Cambre esiximos os captores desta persoa a súa inmediata posta en liberdade. Así mesmo esiximos do Goberno da Nación e especialmente da Embaixada de España en Venezuela, que poña todos os seus medios á súa disposición para lograr a inmediata liberación do noso compatriota. E finalmente o Goberno de Venezuela para que actúe, identifique e axuíce os responsables deste acto criminal.

O Goberno de Cambre e toda a Corporación estará ao lado de Juan e toda a familia. Dende este momento poñemonos a súa disposición.

miércoles, 18 de enero de 2012

NOTAS PRENSA XANEIRO 2012

EU PIDE O GOBERNO DE CAMBRE QUE ACTUALICE O PADRON DE HABITANTES PARA ACCEDER ÓS SERVICIOS MEDICOS NECESARIOS PARA O PAC DE CAMBRE-CARRAL

EU presentará ante o Pleno da Corporación unha Moción para que o Goberno do concello actualice os datos do Padrón, posto que o mais recente é de Xaneiro de 2010. Atendendo ós datos do INE, actualizados a Xaneiro de 2011, a suma de habitantes censados en Cambre e Carral ascende a 29.713 habitantes. Esta cifra é especialmente significativa, en opinión de EU, posto que o feito de superar os 30.000 habitantes suporía a posibilidade de acceder a unha maior carteira de servizos médicos. Son menos de 3300 persoas as que faltaban a comezos do ano pasado para superar ese ratio fixado para, por exemplo, destinar un médico mais para o Punto de Atención Continuada que asiste ós dous Concellos. É previsible que coa revisión do Censo de habitantes esa cantidade necesaria para acceder a mais prestacións sanitarias, se vexan superados os 30.000 habitantes entre os dous Concellos.

Precisamente no mes de Setembro pasado, EU xa presentara unha Moción para solicitar á Consellería de Sanidade que dotara dos recursos médicos necesarios para que no Centro de Saúde de Cambre se deixaran de producir determinadas situacións de indefensión motivadas pola existencia dun único facultativo na quenda de noite que debe deixar sen servizo médico o Consultorio no caso de ter que saír a facer unha visita domiciliaria. Dita Moción foi aprobada sen o apoio do Equipo de Goberno, precisamente, aducindo á falta de actualización dos datos censais.

Según o voceiro do Grupo Municipal de EU, Luis Taibo, a actualización do Padrón de Habitantes é algo sumamente importante para o Concello posto que a depuración dos datos existentes así como a súa actualización fanse necesarias para que o Concello poida acceder a determinadas axudas ou transferencias do Estado e da Xunta de Galicia, que se ingresan en función dos datos de poboación que rexistra o INE, así como a dotación de medios materiais e humanos que están a depender, neste caso concreto, de poucas ducias de habitantes.

Asdo: Consello Local de EU de Cambre

EU PIDE Ó GOBERNO LOCAL A REALIZACIÓN DUN INFORME PARA VALORAR O PREVISIBLE AUMENTO DE DENSIDADE DE TRAFICO E PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN QUE ORIXINARÁ CONSTRUCCIÓN DA GASOLINEIRA DE AMIL.

Sendo unha das obras mais controvertidas e que provocan maior rexeitamento entre os veciños de Cambre, EU solicitará que os técnicos municipais así como a Policía Local realicen un informe para valorar o mais que probable aumento da intensidade de circulación e densidade de tráfico que provocará a instalación dunha gasolineira na zona de Amil, na mesma entrada a Cambre.

EU insta ó Concello a que realice dito informe aludindo á preocupación que dita instalación provoca tanto nos veciños como na totalidade dos membros da Corporación Municipal, así manifestado en múltiples ocasións. Recorda, Juan Antonio Fernández, Coordinador do Consello Local de EU Cambre, que as circunstancias nas que se valorou a disposición de gasolineira nesa zona son hoxe en día substancialmente distintas que no ano 1997, data da que parte dito proxecto, tanto en poboación, como en dotación de mais estacións de servizo nas inmediacións do Concello, como na intensidade de tráfico e densidade de poboación. Son estes factores, entre outros, que a citada gasolineira provoque constantes mobilizacións e protestas no Concello.

A solicitude, por tanto, deste informe ten como obxectivo, xustificar doutro xeito mais que os inconvenientes da gasolineira serán moitos mais que as vantaxes.

Asdo: Consello local de EU de Cambre

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE XANEIRO.


MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PARA INSTAR Ó GOBERNO MUNICIPAL Á ACTUALIZACION DOS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL, PARA ASIGNAR OS RECURSOS SANITARIOS QUE EN FUNCION DA POBOACIÓN LLE CORRESPONDEN

EXPOSICION DE MOTIVOS

Según os datos do Padrón Municipal do ano 2010, o censo de Cambre ascendía a 23.621 habitantes. Según os datos publicados polo INE con referencia 1 de Xaneiro de 2011, ascenden a 23.649 habitantes. Si comparamos ademáis os datos no mesmo sentido do Concello de Carral tamén se experimenta unha diferencia, sendo os datos do seu censo de poboación referidos ó Padrón de 2010 de 5.945 habitantes, e os publicados no INE 6.064 habitantes.

Estas diferencias suman un total de 147 persoas de diferencia só tendo en conta o Censo de 2010 e a actualización do INE de hai un ano.

Na sesión ordinaria do Pleno celebrado o pasado 8 de Setembro de 2011, o noso Grupo Municipal presentou ante o Pleno da Corporación unha “Moción sobre as deficiencias no servizo nocturno de urxencias no centro de saúde de Cambre.”

Dita Moción foi aprobada co voto favorable de tódolos grupos da oposición e a abstención do PP e do PGD, tras un debate baseado por parte do Goberno Municipal na falta de actualización dos datos do Padrón de Habitantes que data de Xaneiro de 2010.

Esta falta de actualización, según palabras da propia Concelleira da Area de Sanidade e Educación, motivaba a solicitude de retirada da Moción ata a aprobación do vindeiro Padrón, Moción que, finalmente foi aprobada. Hai que recordar que nesa iniciativa se estaba a esixir ó Goberno Local que se dirixira á Consellería de Sanidade e á Xefatura Provincial da Coruña para que dotara dos medios e recursos necesarios ó Centro de Saúde de Cambre como Punto de Atención Continuada da zona Cambre-Carral, e evitar as situacións de indefensión por ausencia de persoal sanitario en horario nocturno por un eventual desprazamento do único médico de garda asignado.

Coa suma arriba indicada, entre os Concellos de Cambre e Carral, que son os que atende o PAC de Cambre-Carral, según os datos do Padrón de 2010 de ambos municipios, se estarían a atender a 29.566 persoas; según os datos do INE de Xaneiro de 2011, serían 29.713 habitantes. É dicir, que estaríamos a falta de menos de 300 persoas empadroadas no Concello para alcanzar ós 30.000 habitantes que suporían a superación do tan mentado “ratio” polo que se poderían asignar mais recursos ó PAC de Cambre – Carral.

Ademáis de todo o anteriormente indicado a actualización do Padrón de Habitantes é algo sumamente importante para o Concello posto que a depuración dos datos existentes así como a súa actualización é necesaria para que o Concello poida acceder a determinadas axudas ou transferencias do Estado e da Xunta de Galicia que se ingresan en función dos datos de poboación que rexistra o INE, así como a dotación de medios materiais e humans que están a depender, neste caso concreto, de poucas ducias de habitantes.

POR ESTES MOTIVOS, O GRUPO MUNICIPAL DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Sexa aprobada a revisión do Padrón Municipal para 2012, conforme co disposto no Artigo 81 do Reglamento de Poblacion y Demarcación Territorial de las Entidades Locales, según o que os Concellos aprobarán a revisión dos seus Padrons Municipais con referencia a 1 de Xaneiro de cada ano, formalizando as actuacións levadas a cabo durante o exercicio anterior.

SEGUNDO.- Solicitar á Consellería de Sanidade e á Xefatura Provincial da Coruña que actualicen los datos da BDU (Base de datos de Usuarios) correspondientes ó PAC Cambre-Carral para que coincida co Padrón Municipal de Habitantes actualizado ofrecendo para tal fin o apoio necesario dende o Concello.

TERCEIRO.- Esixir a adecuación da Dotacion de persoal sanitario, de enfermería e persoal auxiliar de acordo coa actualización dos datos resultantes da revisión do Padrón Municipal, en concreto no PAC Cambre- Carral.

ROGOS:

1.- De todos é sabido o rechazo popular a instalación dunha gasoliñeira na estrada do Temple a Cambre, muy contravertida pola súa ubicación, que en mais dunha ocasión ten provocado mobilizacións no concello.

Sendo conscientes da preocupación e sensibilización manifestada dende o Goberno local e do conxunto da Corporación en contra da instalación, o Grupo de EU presenta o seguinte ROGO:

-Se nos informe cales foron as últimas xestións ou negociacións realizadas polo Sr. Alcalde para tentar paralizar a construcción da gasoliñeira, e que o Goberno solicite dos servizos técnicos e Policía Local un informe relativo a densidade de tráfico e problemas na circulación que pode producir a mencionada industria, dado que as circunstancias e o propio procedemento son manifestamente distintos o ano 1997.

2.- O Grupo Municipal de EU-IU ten presentado varias iniciativas solicitando se promovan as medidas necesarias, co fin de que o noso concello sexa compensado polo goberno do estado, pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso término municipal. Con esta bonificación as arcas do concello deixaron de ingresar solo no ano 2007 a cantidade de 168.848 euros correspondente o Imposto de Bens Inmobles.

-Tendo en conta o anterior, o noso Grupo PREGA se nos informe da situación actual en relación a reclamación do IBI a Autopistas do Atlantico, e dos trámites realizados polos Servizos Xúridicos da Deputación Provincial de A Coruña

3.- A rúa A Lagoa carece de sinal indicativa que amose que está cortada nun dos seus extremos, o que ten producido problemas de tráfico e seguridade viaria nun lugar de moita circulación, e deficientes accesos.

-PREGAMOS se proceda a sinalizar como corresponde a devandita rúa.

PREGUNTAS:

1.- Poden informarnos das medidas concretas sobre o aforro enerxético que se están levando a cabo nas instalacións de alumbrado público e dependencias municipais do concello, e cales son as previsións de reducción de consumo previstas no plan de optimización.

2.- O Grupo municipal de Esquerda Unida, ten presentado distintas iniciativas tanto na lexislatura anterior, como no pleno do pasado mes de setembro en relación o problema da ponte da ría de O Burgo e os problemas derivados da conxestión do tráfico e seguridade viaria na zona.

Recentemente a Xunta de Galicia descartou unha actuación na ponte da ría do Burgo no Temple que tiña como fin a ordenación do tráfico e dotar de mais seguridade a zona. A Administración Autonómica, con esta decisión amosa unha falta de sensibilidade hacia os veciñ@s de Cambre e da Comarca, por non ter asinado ningunha partida orzamentaria para contribuir a solucionar os problemas de circulación e seguridade nunha via onde transitan unha media de 26.000 vehiculos diarios.

-Por esto o noso Grupo PREGUNTA :

-¿Que medidas pensa tomar o Goberno para contribuir a reducir a perigrosidade no mencionado lugar?

-¿Si teñen analizados os riscos e perigos que supón para os viandantes e conductores ?

¿-Ten previsto algún tipo de solución para enmendar os problemas estruturáis da ponte?

3.- As obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-213 entre a Telva e Os Campóns, levan paralizadas varios dias.

-¿Poden informarnos dos problemas ou motivos que levaron a paralización das mencionadas obras e si está previsto o seu reinicio a corto prazo?

Asdo: Grupo Político Municipal


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- O noso grupo ten recibido queixas sobre sobre as defecacións de cans en xardíns, prazas e demais espacios públicos do concello, sendo moitos os veciñ@s que están molestos pola proliferación dos excrementos caninos.

-Por este motivo, PREGAMOS se realice unha campaña informativa de sensibilización para fomentar entre a cidadanía as boas prácticas na tenencia de animais, e se proceda a tomar as medidas correspondentes contempladas na Ordenanza de limpeza do concello.

2.- Unha das cuestións básicas que deben ter os pasos de peóns, e unha correcta iluminación na súa ubicación, podendo dotalo de luminarias ou outros elementos accesorios como balizas de sinalización, etc.

-PREGAMOS se dote de iluminación propia o paso de peóns da estrada do Temple a Cambre, nas inmediacións da urbanización da Barcala

3.- Persoas que utilizan con frecuencia o paso de peóns situado nas inmediacións da Volta das Carrozas, denunciaron ante o noso Grupo a mala situación do paso que remata nunha rampa.

-Co obxecto de aumentar a seguridade dos viandantes, o noso Grupo PREGA se estudie a posibilidade para trasladar a sua ubicación ou se realicen as obras correctoras do actual para mellorar a situación de accesibilidade.

COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL


ROGOS:

1.- A Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) realiza parte das súas actividades nas instalacións do polideportivo de Brexo-Lema, según o convenio de colaboración asinado co concello.

-Dado a enorme labor realizada por esta Asociación, o noso Grupo SOLICITA do Goberno continue facilitandolles as infraestructuras deportivas, e na medida do posible poidan realizalas en instalacións próximas a zona do Temple, para evitar desplazamentos e as molestias derivadas dos mesmos.

2.- A Pista polideportiva do Temple presenta un deterioro importante do peche metálico que a rodea, sobre todo nos fondos correspondentes as porterías. O seu deterioro e tal que non cumple a función de evitar que os balóns ou elementos de xogo saian de dita instalación. Por este motivo os usuarios vense obrigados a sair a estrada co conseguinte risco de peligro para eles e a propia seguridade viaria na rúa Tapia.

-Polo exposto o noso Grupo PREGA se proceda a reparar estas deficiencias evitando así riscos e posibles accidentes, ademais de mellorar a calidade da instalación deportiva no Temple.

Asdo: Grupo Político Municipal

viernes, 13 de enero de 2012



Esquerda Unida critica o abandono de políticas de emprego no Orzamento de 2012 pero con elevadas retribucións dos membros do Goberno.




O Voceiro de EU de Cambre, Luis Taibo, afirmou que o seu Grupo Municipal está a analizar o orzamento elaborado polo Goberno Local para 2012, a pesares de non contar con mais documentación que a elaboración contable das partidas de Ingresos, Gastos e un pequeno borrador de investimentos e, por tanto, sin informe de Intervención Municipal nin de Secretaría.
Nun primeiro análise realizado polo Grupo Municipal, Taibo indica que detectaron bastantes aspectos cos que non poden estar mais en desacordo, entre eles, a moi notable reducción orzamentaria en materia de emprego que se ve diminuído en mais dun 18% respecto do ano anterior, sin partidas destinadas para as políticas de formación e inserción sociolaboral.




Non existe, según a opinión de EU ningunha forma de xustificar a irresponsabilidade do equipo de Goberno que na elaboración destes orzamentos se esquence totalmente dos 2.072 desempregados cos que xa conta Cambre.




Onde non existes recortes, sostén Taibo, é nas asignacións ós membros do Goberno que subiron os seus soldos con respecto ó ano anterior nun 20%, a pesares da situación de crise e desemprego actual. Este aumento de retribucións dos membros do Equipo de Goberno pon de manifesto a nula implicación cos desempregados do Concello e coa súa necesaria inserción sociolaboral, sendo o Goberno Local o que ten o cometido de intervir activamente na xeración de postos de traballo, apostando pola formación.




Esta realidade se contrapón coas manifestacións do Alcalde, Manuel Rivas, dos últimos días nos que insiste en que a prioridade do equipo de Goberno é impulsar unha efectiva creación de emprego, cando ó mesmo tempo reduce a dotación para tal fin. Algo parecido ocorre cos anunciados recortes en gastos correntes como telefonía ou alumbrado, posto que as dotacións orzamentarias se fan pola mesma cantidade que no exercicio anterior, de modo que, ditos recortes so se levan a cabo de palabra pero non no documento mais importante do ano para o Concello de Cambre, no que queda reflexado económicamente a que se van destinar os recursos económicos do Concello.




Por última afirma Taibo, que a pesares da falta de tempo e informes de Intervención e Secretaría, o seu Grupo Municipal ten intención de presentar alternativas ante o que consideran un Orzamento demasiado importante como para que non sexa debidamente analizado con anterioridade á súa aprobación, sobre todo cando se ve claramente que está elaborado sin ofrecer ós veciños de Cambre ningún tipo de gartantía de prestación dos servizos públicos e sociais, querendo, polo contrario, facer creer que sí.




Asdo: Consello Local de Esquerda Unida de Cambre