COMUNICADO DE PRENSA
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA NA CORUÑA PARTICIPARÁ NA MOBILIZACIÓN DO VINDEIRO 19 DE FEBREIRO QUE PARTIRÁ AS 12:00 H. DA PRAZA DA PALLOZA
ESQUERDA UNIDA CHAMA Á CIDADANÍA CORUÑESA A MOBILIZARSE CONTRA A REFORMA LABORAL E NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS
O COORDINADOR COMARCAL E VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA- OS VERDES NA CORUÑA, INDICOU “ESTÁ REFORMA SO TEN UNHA MISIÓN: CONTENTAR AOS MERCADOS QUE PRETENDEN ELIMINAR OS POUCOS DEREITOS QUE NOS QUEDAN AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS”
Non cabe dúbida que tanto PP como PSOE están a facer unha pinza política para, ao ditado dos mercados, cercenar os dereitos das familias traballadoras.
Logo das agresións do anterior goberno do PSOE que se dicía de esquerdas, como as contrareformas laborais do 2010 e 2011, o aumento da idade de xubilación, as conxelacións das pensións, ou os recortes dos salarios dos empregados públicos, o Goberno do PP está a perpetrar a maior agresión aos dereitos dos traballadores de toda a época democrática, mediante unha reforma laboral por decreto lei. Demóstrase, así, unha vez máis a hipocrisía tanto do PP como do PSOE, que cando gobernan o fan ao ditado dos mercados, incumprindo e modificando sen rubor o seu discurso de oposición.
Esquerda unida chama á cidadanía coruñesa a mobilizarse contra a reforma laboral e na defensa dos nosos dereitos, porque esta nova agresión contra as familias traballadoras, entre outras cousas, establece un novo contrato con período de proba de un ano, abarata e facilita o despido en xeral, desregula o tempo de traballo e, de facto, anual os convenios colectivos. Pola contra, ademáis de facilitarlle a libre disposición dos traballadores, a nova contrareforma laboral supón para os empresarios, coa excusa de incentivar a contratación, novas deduccións ás cotas da seguridade social e rebaixas fiscais. Medidas estas, que co seu abuso, contribúen a mermar a solvencia do INSS e a reducir os ingresos do estado. Precisamente os motivos polos que xustifican os recortes sociais.
O consello comarcal de Esquerda Unida na Coruña participará con faixa propia na mobilización do vindeiro 19 de febreiro que partirá as 12:00 h. da praza da palloza, para mostrarlle a pinza PP-PSOE que esta reforma é inxusta cos traballadores, ineficaz para a economía e inútil para a creación de emprego.
O coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes na Coruña, indicou “está reforma so ten unha misión: contentar aos mercados que pretenden eliminar os poucos dereitos que nos quedan aos traballadores e traballadoras”.
DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS DENDE A UNIDADE DE ACCIÓN!
Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

No hay comentarios:
Publicar un comentario