ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SUA PREOCUPACION SOBRE COMO AFECTARA O PXOM A VIA ARTABRA.
Con motivo da recente reclamación que os concellos do Consorcio das Mariñas fixeron á Xunta de Galicia requerindo a execución do último tramo da vía Ártabra, o Grupo Municipal de EU mostrase preocupado pola transcendencia e importancia deste feito sobre a planificación viaría na área metropolitana de Cambre recollendo a inquietude dun un amplio colectivo de posibles afectados.
Afirma Luis Taibo, voceiro do Grupo Municipal que estase tramitando o PXOM sin saber de que maneira vai a quedar afectado o territorio por onde discurrirán as vias de nova creación. Esta preocupación é a que leva a EU a solicitarlle ó Goberno Municipal no proximo pleno, un informe da situación respecto a mencionada infraestructura e sobre as posibles alternativas na elaboración de un Plan de Mobilidade na área metropolitana para evitar os continuos atascos na circulación.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA SOLICITARA O GOBERNO MUNICIPAL QUE REVOQUE A LICENCIA DA GASOLIÑEIRA DE AMIL
A tan polémica instalación dunha Estación de Servizo na entrada de Cambre, volverá a ser tratada no Pleno, posto que Esquerda Unida, despois de presentar un Recurso de Reposición contra a construcción de dita gasoliñeira, esixirá ó Goberno de Cambre que faga efectiva a resolución de dito Recurso e poña en marcha todas as vías posibles para revocar a licencia. Esta solicitude que presentará o Grupo Municipal de EU ven motivada, sobre todo pola negativa por parte da entidade promotora de acceder a negociar ningún tipo de alternativa de cambio na ubicación da Gasoliñeira.
Luis Taibo, voceiro do Grupo, recorda que as circunstancias nas que se iniciou no ano 1997 o trámite desta instalación son moi diferentes na actualidade. A construcción de dita gasoliñeira será mais perxudicial que beneficiosa posto que a gran afluencia de tráfico da estrada a Cambre, veríase aumentado nunha zona xa afectada polos atascos, afirma Taibo, que insiste en recordar que o recurso de reposición co que Esquerda Unida tentou deter a concesión da licencia, debe de ser capitalizado polo Goberno Municipal para abrir unha posible vía de paralización das obras.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA CRITICA O POSTA A DISPOSICION DO CONCELLO A AMANCIO ORTEGA POR PARTE DO ALCALDE MANUEL RIVAS.
Como lamentables, califica Esquerda Unida, as declaración do Alcalde Manuel Rivas nos medios de comunicación, poñéndose a disposición do Sr. Ortega para colaborar na boda da súa filla.
EU critica que sin consúltalo co resto dos Grupos da Oposición tómase a decisión unilateral de ofrecer os servizos do Concello a unha persoa privada directamente polo Alcalde esquencéndose de que goberna en minoría e facendo gala, unha vez mais da súa falta de diálogo e consenso co resto das forzas políticas.
Aínda que o empresario textil rexeitou o ofrecemento do Alcalde, Esquerda Unida preguntará no Pleno do vindeiro xoves ó Alcalde en que consistía dito ofrecemento e cal é o interese xeral que motivou a actuación da Administración Local para poñer en disposición dunha persoa no seu ámbito estrictamente privado os servizos públicos do concello.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE INSTA Ó GOBERNO A QUE INFORME SOBRE O CUSTE DO TRASLADO E FUTURO DO ARQUIVO MUNICIPAL
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE INSTA Ó GOBERNO A QUE INFORME SOBRE O CUSTE DO TRASLADO E FUTURO DO ARQUIVO MUNICIPAL
Unha vez trasladada toda o fondo documental que forma o Arquivo Municipal de Cambre a dependencias que se atopan fora da Casa Consistorial, motivado por un informe da Arquitecta Municipal no que recomendaba a liberación do peso do arquivo da planta alta do Concello.
Esquerda Unida solicita ó Goberno que informe tanto dos custes asociados ó traslado como os de custodia da empresa que o atende. Informa o coordinador do Consello Local, Juan Antonio Fernández que según declaración do propio alcalde en prensa, esta ubicación non é definitiva polo que tamén é necesario informar ós veciños canto costará ó Concello esta ubicación provisional e para cando teñen previsto a súa ubicación definitiva.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALTA DE INTERES DO GOBERNO MUNICIPAL NA AXILIZACION DA CONSTRUCCION DO CENTRO DE SAUDE, CENTRO DE DIA E ESCOLA INFANTIL.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALTA DE INTERES DO GOBERNO MUNICIPAL NA AXILIZACION DA CONSTRUCCION DO CENTRO DE SAUDE, CENTRO DE DIA E ESCOLA INFANTIL.
Por unha evidente falta de infreaestructuras no Temple, Esquerda Unida, prantexa ó Goberno a necesaria axilización da construcción na parcela que xa está cedida para tal fin do necesario Centro de Saúde así como o Centro de Día e Escola Infantil.
Tendo en conta que o núcleo do Temple é o mais poblado do Concello e o que experimentou o maior aumento de poboación nos últimos anos, dende Esquerda Unida acusan ó Goberno de desinterés por levar adiante proxectos que formaron parte principal do seu programa electoral no se comprometeron a esixirlle á Xunta rapidez na construcción do tan necesario centro de Saúde.
Despois de xa oito meses de Goberno ós populares de Cambre non se lles coñece intención de cumprir a súa promesa electoral.
Según Juan Antonio Fernández, Coordinador do Consello Local de EU, a parroquia do Temple está sendo gravemente perxudicada polo Rexidor Cambrés, que sigue sen infraestructuras necesarias, e o que se lle retirou o Rexistro Municipal da Casa das Palmeiras, e que ademáis leva desde o mes de Agosto inmerso nunhas obras interminables na Rúa Pígara que están afectando gravemente o xa danado comercio local. Polo estado destas obras tamén preguntará o Grupo Municipal ó Concelleiro de Obras nas vindeiras Comisións Informativas.
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario