sábado, 25 de febrero de 2012












INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL, DO MES DE FEBREIRO.




MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS DA CORPORACIÓN SOBRE O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO EN “ALCOA INESPAL, S.A”

ALCOA INESPAL, A CORUÑA é unha empresa afincada no Polígono Industrial de A Grela que actualmente pertence á multinacional do aluminio ALCOA.


No pasado ano 2011 vén de cumprir 50 anos de actividade, adicándose á produción de aluminio. Actualmente a plantilla da empresa está composta por 420 traballadores da propia empresa e máis de 100 en empresas auxiliares.

Xa no ano 2009 unha parte importante da produción foi deslocalizada, e parou definitivamente unha liña de produción de 20.000 Tn anuais de alambrón.
A primeiros deste ano 2012, ALCOA anuncia que vai reducir a súa capacidade de produción mundial en 531.000 Tm, para o primeiro semestre. Así 90.000 repartiranse nas fábricas de A Coruña e Avilés, afectando dun xeito importante a súa fabricación e conseguintemente o mantemento dos postos de traballo e xeración de emprego nas dúas cidades.

Ós poucos días do dito anuncio, a direción de ALCOA na Coruña e Avilés anuncia que tén planeado un recorte de produción do 50% para cada unha das fábricas, e que ten pensado presentar un ERE de suspensión temporal, cunha duración de 12 meses, para o 50% da plantilla na Coruña e do 41,6% en Avilés.

Dada a actual situación de crise económica que estamos a padecer en todos os sectores productivos do país, a perda de actividade industrial de ALCOA suporía unha catástrofe para a economía da Comarca, e que desta actividade dependen directamente máis de 500 familias, e quizáis miles indirectamente.

POLO EXPOSTO A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE APROBA A SEGUINTE PROPOSTA:

PRIMEIRO.- Instar a la Xunta de Galicia e o Goberno de España a buscar soluccións para o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo amenazados que permitan alcanzar tarifas enerxéticas competitivas para as grandes consumidoras, especialmente no caso de ALCOA, de tal forma que incida nunha mellor posición de mercado das grandes empresas instaladas na nosa comarca, como é o caso da factoría coruñesa antes mencionada, e o mantemento da actividad e emprego, en estos momentos de especiales dificultades económicas e financieras.

SEGUNDO.- Dar traslado da presente MOCIÓN o Comité de Empresa de ALCOA, e a súa dirección en A Coruña.


MOCION DE ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE PARA O DIA 8 MARZO DE 2012 COMO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

XUSTIFICACIÓN.


Neste 8 de Marzo seguimos defendendo que as iniciativas políticas e lexislativas deben dirixirse a todos e cada un dos aspectos estruturais de discriminación e violencia que aínda persisten e estas deben abordarse con medidas preventivas e transversais, baseadas prioritariamente no obxectivo de modificar os valores sociais que aínda permiten e potencian as situacións de desigualdade entre mulleres e homes.

A conciliación entre a vida laboral e familiar, de momento é, igualmente, unha expectativa. Os homes seguen sen compartir equitativamente as cargas familiares e
as tarefas domésticas. Para que isto ocorra, non son só necesarias leis que o regulen, senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista nunha sociedade igualitaria.

A repercusión que ten a crise no mercado laboral, no caso das mulleres, é cada día máis alarmante. A xa permanente precariedade, a desigualdade salarial e a discriminación por razón de sexo ou polo estado civil das mulleres, que condiciona o seu acceso ao emprego e aos traballos estables, agora máis que nunca están patentes nos contratos que se realizan a mulleres.

Por outra banda, os alarmantes índices de pobreza, que afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotexidas, e ás mulleres maiores, con pensións mínimas ou non contributivas que non chegan a cubrir as súas necesidades básicas, fan máis apremiante aínda o reforzamento do Estado Social e dos sistemas de protección.

Se por si mesma a chamada “lei de dependencia”, tiña un enfoque sexista ao incentivar ás mulleres a relegarse ás tarefas do coidado, a decisión de non continuar financiándoa, significa que ademais os poucos resortes de alivio que ofrecía dita lei, agora vense afogados pola falta de orzamento. A consecuencia desta situación será unha máis rápida involución cara aos vellos roles patriarcais.

A extensión da xenofobia na sociedade, debido ás modificacións cada vez máis
retrógradas das leis de inmigración e a trasmisión de valores racistas, afectan con
maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotexidas.

O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é a data propicia, para que o noso Concello mostre verdadeiramente a súa vontade de pór as bases reais, para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexamos cidadáns en plenitude de dereitos.

Por iso que o Grupo municipal de Esquerda Unida, propón ao Pleno, que todas as medidas que se adopten respecto disto, sexan vinculantes e dótense dos recursos materiais e persoais que fagan efectivo o seu cumprimento e avaliación, en base aosseguintes ACORDOS:

PRIMEIRO: Un compromiso político de traballar para xerar un Concello de suxeitos iguais en dereitos e obrigacións, utilizando os medios legais existentes e posibilitando as canles e os recursos económicos para que homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento.

SEGUNDO: Expresar o noso apoio á proposta do Parlamento Europeo de Declarar o 22 de Febreiro como Día Internacional da Igualdade Salarial entre Homes e Mulleres.

TERCEIRO: Erradicar a segregación laboral nas políticas de emprego que se emprendan no municipio.

CUARTO: Poñer a disposición recursos materiais e de persoal para a prevención e
atención das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade.

QUINTO: Implantar campañas educativas, en colaboración cos centros escolares
do Concello, baseadas na concienciación entre as e os máis novos.

SEXTO: Coordinar programas coas asociacións e colectivos sociais que fomenten
a igualdade e a corresponsabilidade.

SETIMO: Erradicar anuncios, emisións, expresións ... sexistas no ámbito público.

OITAVO: Fomentar a imaxe pública das mulleres e a súa participación nos asuntos públicos.

NOVENO: Manifestar o respeto ós dereitos fundamentais das mulleres, á súa vontade e ao seu dereito a decidir sobre o control da súa maternidade.


ROGOS:

1.-Recentemente os concellos do Consorcio das Mariñas reclamaban a Xunta de Galicia a execución do último tramo da vía Ártabra entre a autoestrada AP-9 coa autovía A-6. Pola transcendencia e importancia deste feito sobre a planificación viaría na área metropolitana, e ante a inquietude dun un amplio colectivo de posibles afectados, tendo en conta que se está tramitando o PXOM, sin saber de que maneira vai a quedar afectado o territorio por onde discurrirán as vias de nova creación:

-O noso Grupo PREGA se nos informe da situación respecto a mencionada infraestructura e sobre as posibles alternativas na elaboración de un Plan de Mobilidade na área metropolitana para evitar os continuos atascos na circulación.

2.- Según informacións do Goberno Local, a entidade promotora da gasoliñeira de Amil, non accede a negociar ningún tipo de alternativa de cambio na ubicación, nin outras posibles soluccións.

PREGAMOS o Goberno que no ámbito dos instrumentos legais da súa competencia, explore e poña en marcha tóda-las vías, dentro da propia legalidade para revocar a concesión da licencia, e faga efectivo o contemplado na Resolucción 1337/2011 da concelleira delegada da área de Urbanísmo e Medio Ambiente, en relación a contestación o Recurso de Reposición presentado polo Grupo Municipal de “Esquerda Unida” con data de 1 de xullo de 2011.

3.- O pasado xoves publicabase nos medios de comunicación o ofrecemento que en calidade de Alcalde de Cambre, realizaba en nome do concello a familia do empresario Amancio Ortega en relación a boda da súa filla. Según as informacións temos constancia de que o empresario rechazou dito ofrecemento.

Dende a nosa organización e tamén de veciñ@s que o solicitaron, co obxecto de aclarar tal actuación presentamos o seguinte ROGO.

-Se nos informe en que consistía tal ofrecemento e cal é o interés xeral que motivou a actuación da Administración Local para poñer en disposición dunha persoa no seu ámbito estrictamente privado os servizos públicos do concello.


PREGUNTAS:


1.- ¿Pode informarnos o Goberno a canto ascenden os gastos ocasionados polo traslado do arquivo municipal a outras dependencias fora do concello é o lugar do seu destino provisional ?

2.- Veciños do Temple denunciaron ante a nosa organización que na praza José Luis Caso Cortines, nas ventanas dunha edificación existen critales rotos que boa parte deles xa se teñen desprendido a propia praza, con risco grave de producir danos as persoas que diariamente circulan polo lugar. Este feito foi posto en coñecemento do responsable da área; a dia de hoxe non observamos que se teñan tomado accións preventivas ou correctoras para dar solución o problema.

-¿ Poden informarnos das xestión realizadas e das medidas tomadas para a eliminación do risco que orixina a existencia dos mencionados cristais?

3.- Ante as carencias en materia de infraestructuras de carácter social no concello, o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Que información ten o Goberno respecto a construcción do Centro de Saúde, Centro de dia e Escola Infantil na parcela cedida a Adminisreación Autonómica para tal fin na parroquia do Temple?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO







ROGOS:






1.- Veciñ@s residentes en distintos lugares do concello, manifestaron a nosa organización a súa preocupación pola proliferación de ratas, sobre todo nas inmediacións dos recipientes contenedores de lixo.

-PREGAMOS se tomen medidas preventivas e se efectúen as tareas de desinfección que correspondan en cada lugar.

2.- Como consecuencia da solicitude que o noso Grupo Municipal realizou no pasado mes de Outubro, o Concelleiro de Obras fainos entrega do informe de limpeza dos contenedores que lle remite o Consorcio das Mariñas. En dito informe a Coordinadora de Medio Ambiente do Consorcio das Mariñas afirma que únicamente se teñen lavado e limpado o 75% dos contenedores do Concello. Afírmase ademáis que dita cifra non alcanza a cantidade requerida polos servizos técnicos do propio Consorcio.

É certo que a cantidade de contedores existentes no momento da firma do contrato en 2005 ata hoxe é moi inferior e que, tal e como se recolle no informe, a tecnoloxía da maquinaria de lavado está obsoleta.

Pero tamén é certo que independientemente das circunstancias de contratación nas que se atope un servicio concreto, o que ten que primar é a xestión da limpeza dos contenedores, que, unha vez mais reiteramos que nalguns casos están nun estado lamentable.

Por todo o exposto o noso Grupo Municipal PREGA:

Que se inste ó Consorcio a que axilice a xestión de adquisición de vehículos limpiadores por parte da concesionaria, tal e como se afirma no informe realizado e que dende o Concello se fagan todas as xestións necesarias para evitar a mala imaxe e falta de salubridade provocada pola suciedade dos contenedores do Concello.


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO

PREGUNTAS:






1.- O noso Grupo ten constancia das protestas de veciñ@s de varios lugares, sobre a deficiente iluminación, logo da posta en marcha das medidas de aforro enerxético.

-¿ Que medidas se teñen tomado para correxir a situación?

2.-
Despois de medio ano desde o inicio das obras da Rúa Pigara e trasladando as opinión e queixas manifestadas por veciños e comerciantes da propia rúa así como das anexas, o noso Grupo Municipal PREGUNTA:


¿Cando ten previsto o Goberno Municipal rematar definitivamente as obras, poñendo fin a unha situación que está a provocar precisamente o que se pretendía evitar, é decir, o perxuicio ós comerciantes e negocios da zona.?


COMISIÓN INFORMATIVADE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA

ROGOS:

1.- Ante moitas preguntas de veciñ@s do concello que recibiron unha comunicación por carta, dunha empresa denominada “EBISA NORTE S.L. sobre a Regularización Catastral do imposto de Bens Inmobles.

O noso Grupo PREGA o Goberno nos informe sobre o envio da mencionada carta e das medidas fiscais que o concello pensa tomar respecto a economía dos contribuintes en relación a suba do IBI.


COMISIÓN INFORMATIVADE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA


PREGUNTAS:

1.-
Con motivo do recente traslado á Barcala dos departamentos de Cultura, Educación e Deportes así como do rexistro municipal que ata agora se atopaba na Casa das Palmeiras, varios veciños do núcleo do Temple, trasládanos a súa disconformidade co traslado do rexistro. Os motivos que aluden ditos veciños ó noso Grupo Municipal, parten de que nunha gran cantidade de casos a documentación que se ten que presentar por rexistro leva implícita o pago de tasas ou ingresos en entidades bancarias de cantidades por servizos a solicitar.

Tendo en conta a escasa actividade bancaria existente no Barrio da Barcala, moitos veciños vense obrigados a realizar un ingreso nun banco do Temple e despois ir á Barcala a entregar o resto de documentación ó rexistro, resultando engorroso, incómodo e necesariamente mais lento e costoso a realización do trámite, algo que é todo o contrario ó principio de “eficiencia e axilización de trámites” promulgada polo Goberno Municipal.

¿Cales son os motivos de dita decisión e que ten pensado facer o Goberno Municipal para suplir este servizo na parroquia do Temple, tendo en conta a indicación por parte do Concello de que é un traslado temporal? ¿Por canto tempo teñen previsto deixar sin este servizo ós veciños do Temple?


COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

ROGOS:

1.- No pasado mes de Setembro de 2011 o noso Grupo Municipal trouxo ó Pleno unha moción solicitando ó Goberno Municipal que se instara á Consellería de Sanidade e a Xefatura Provincial da Coruña , para que dotaran dos recursos e medios necesarios ó Centro de Saúde de Cambre, no seu carácter de PAC de Cambre e Carral, debido á súa dotación deficitaria.

Despois de 5 meses, trala aprobación da Moción grazas ó apoio de todos os Grupos da Oposición, non pola do Equipo de Goberno, non nos foi comunicada aínda ningunha xestión realizada nin resposta recibida, no seu caso, da Consellería de Sanidade nin da Xefatura Provincial.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo PREGA:

-Se nos informe do estado de xestión no que se atopa a Moción aprobada polo Pleno da Corporación.

PREGUNTAS:

1.- En distintas ocasións o noso Grupo tense preocupado polo estado da piscina municipal do Temple. Logo das distintas obras realizadas nos últimos dous anos, o noso Grupo PREGUNTA:

¿Pode informarnos o concelleiro responsable sobre as garantías da a súa apertura de cara ó vindeiro Verán?

2.- ¿Pode informarnos o Goberno sobre a carencia de iluminación nas instalacións da pista de Skate, e da falta de papeleiras nas súas inmediacións?


En CAMBRE a 17 de febreiro de 2012

Asdo: Grupo Municipal de "EU" de Cambre

No hay comentarios: