COMUNICADO DE PRENSA
O CONSELLO COMARCAL DE EU CORUÑA SAÚDA A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL DE CCOO E UGT COINCIDINDO COA CONVOCATORIA DOS SINDICATOS NACIONALISTAS E SOLICITA UNIDADE SINDICAL PARA QUE O 29 DE MARZO SEXA UN ÉXITO ROTUNDO DA CLASE TRABALLADORA
ESQUERDA UNIDA CHAMA A CIDADANÍA A PARTICIPARES NAS MOBILIZACIÓNS DESTE FIN DE SEMANA E ANUNCIA A SÚA PARTICIPACIÓN CON FAIXA PROPIA NA MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 11 AS 12:00 H. NA PRAZA DA PALLOZA
O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE “UNHA FOLGA XERAL NUNCAÉ UNHA BOA NOVA, MÁIS AS FAMILIAS TRABALLADORAS TEMOS QUE DEFENDER OS NOSOS DEREITOS DIANTE DO GOLPE DE ESTADO LABORAL DO PP”
No 40 cabo de ano da loita da clase traballadora que sufriu a violencia mortal do franquismo en Ferrol, atopámonos este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha nova encrucillada diante da reforma laboral do PP.
Esquerda Unida chama a cidadanía a participares nas mobilizacións deste fin de semana e anuncia a súa participación con faixa propia na manifestación do domingo 11 as 12:00 h. na Praza da Palloza, para defender os nosos dereitos diante das sucesivas contarreformas laborais desenvolvidas polo PSOE e PP que están a castigar as familias traballadoras.
O consello comarcal de EU Coruña saúda a convocatoria de Folga Xeral de CCOO e UGT coincidindo coa convocatoria dos sindicatos nacionalistas e solicita unidade sindical para que o 29 de marzo sexa un éxito rotundo da clase traballadora.
A nosa reposta ten que ser a unidade de acción dos traballadores e traballadoras, porque os dereitos pérdense na resignación, xa que logo, a devandita nova supón unha esperanza para os retos e loitas que a clase traballadora ten que afrontar, máis a Folga é un método non un fin, e un paso máis no camiño da resposta social diante das políticas neoliberais aplicadas pola pinza PP-PSOE, pasos que comezaron coas exitosas manifestacións do 19 de febreiro e que ten a súa continuación nas mobilizacións deste fin de semana.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “unha Folga Xeral nunca é unha boa nova, máis as familias traballadoras temos que defender os nosos dereitos diante do golpe de estado laboral do PP”. Os traballadores e traballadoras non queremos ir a Folga máis temos a obriga de defender os nosos intereses, que ninguén se atreva a chamarnos imprudentes por paralizar o país, a imprudencia cometeuna o PP cunha reforma laboral inxusta cos traballadores e traballadoras, inútil para crear emprego e ineficaz para a economía.
Consello Comarcal
Esquerda Unida A Coruña

No hay comentarios:
Publicar un comentario