viernes, 30 de marzo de 2012

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL, DO MES DE MARZO DE 2012


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” SOBRE MEDIDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN CAMBRE.

EXPOSICION DE MOTIVOS:

O pasado mes de febreiro o desemprego rexistrado en Cambre, alcanzaba a cifra de 2.222 parados/as, alcanzando unha taxa dun 13,83% da poboación activa. Situación que calquera representante público do noso Concello, debe ter moi presente en calquera das súas accións políticas.
Son varias as familias que esgotaron todas as súas prestacións económicas e atópanse ó borde do caos social. Fogares familiares onde ningún membro percibe ingreso algún. Parados/as de longa duración maiores de 50 anos, cuxa integración laboral faise máis complicada aínda.

Ante a grave situación de paro que estamos vivindo, e os os dramas humanos que desgraciadamente padecemos no noso municipio, debemos dar unha resposta e unha alternativa a aquelas persoas que se atopan en risco de exclusión social. Desde un punto de vista ético, ningunha das actuacións e xestión de política municipal deben estar á marxe desta situación, que debe converterse na prioridade municipal máis absoluta (admitido por todos os grupos políticos durante a campaña electoral das pasada EE.MM.)

Este é o momento de estar á altura e demostrar que a política, está ó servizo dos cidadáns/as, tendo en conta ademais as previsións económicas xerais e os datos de desemprego locais que evidencian a necesidade de anticiparnos os acontecementos, e sobre todo colocar dentro das competencias legais, a loita contra o desemprego como obxectivo prioritario o longo do presente ano 2012.


Certamente as posibilidades reais de modificar sensiblemente esta situación cos escasos medios dispoñibles nun concello de mediano tamaño como Cambre, resultan escasas. Pero iso non xustifica o adoptar unha política de pechar os ollos diante dunha realidade na que todos, representantes e representados, vivimos inmersos.

En periodos de recesión económica, todas as Administracións Públicas teñen que asumir a súa responsabilidade e achegar solucións ós problemas económicos e socias que se derivan. Dende o Estado, dende a CCAA e dende o Municipio, e en función das súas competencias, os gobernos temos a obriga de arbitrar medidas para paliar os efectos da crise e contribuir a impulsar a economía.

Existen ó noso xuizo unha serie de posibles lineas de actuación que dan corpo á presente proposta para contribuir a afrontar o problema do paro en Cambre. Algunhas pasan polo principio de solidariedade, esforzo, imaxinación e traballo, compromiso que o noso Grupo Municipal ten como principio para combatir a lacra social do paro. Neste sentido EU renuncia ó incremento na percepción da asignación ós Grupos Municipais aprobado (co voto en contra da nosa organización) nos orzamentos do presente ano, co obxecto de que se destine ó fomento e creación de emprego, esperando que esta iniciativa sexa compartida polos demais Grupos Municipais.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Constituir unha Mesa do Emprego e Desenvolvemento Local na que participen todos os Grupos Políticos representados no Concello, asistidos polos técnicos municipais xunto con axentes sociais tales como sindicatos, AAVV, comerciantes e empresarios e outras organizacións sociais. Dita Mesa procederá á elaboración dun Regulamento participado por todos eses compoñentes co obxecto de regular a creación dunha Bolsa de Traballo Rotativa, pero que dita Mesa ademais, estará aberta á progresiva incorporación doutras funcións que se adapten ás necesidades que vaia marcando a realidade e actualidade social.

SEGUNDO.- Que mediante as medidas legais que se poidan adoptar a través das modificacións orzamentarias pertinentes, tales como as Modificacións de crédito, se reduzan as percepcions salariais dos Concelleiros con media dedicación e perciban as asignacións da pasada lexislatura. Reducirase na mesma cantidade proporcionalmente as asignacións do único Concelleiro do Goberno que percibe dietas de asistencia. Destinarase asimesmo o incremento da dotación orzamentaria ós Grupos Políticos aprobada no pasado Pleno de Orzamentos, co voto en contra, entre outros, do noso Grupo Municipal.

TERCEIRO.- O devandito Regulamento, será proposto, tras a deliberación e achegas por todos os Grupos para a súa aprobación no vindeiro pleno ordinario.

En Cambre, a 23 de marzo de 2012

Asdo: O Voceiro do Grupo

ROGOS:


1.- Ante a confusión e incertidume creada en torno o as vindeiras festas de 2012 en Santa Maria en Cambre, PREGAMOS o concelleiro responsable de Cultura nos informe sobre os programas das festas de agosto e sobre o orzamento destinado os mencionados eventos. Do mesmo xeito nos informe do balance económico dos festexos do pasado ano 2011.

2.- Un dos lugares de maior tráfico rodado do concello, localizase na glorieta do centro de Cambre, en este lugar camións e autobuses teñen problemas para realizar o xiro na rotonda, existindo un continuo risco de accidentes e os conseguintes atascos. O noso Grupo considera que non debe haber demora para realizar un proxecto de actuación que poña fin a situación.

-Polo exposto PREGAMOS se realice un estudio técnico co fin de correxir as carencias na mencionada glorieta.

3.- No noso concello conviven e residen persoas con distintos problemas de discapacidade, considerando o noso Grupo que debemos avanzar na corrección das barreiras arquitéctónicas co fin de mellorar a mobilidade de destas persoas. Sirva como exemplo os extremos terminales das beirarrúas do viario público que en moitos lugares do concello dificultan acceder unha cadeira de rodas.

-Por esto PREGAMOS se tomen as medidas necesarias para dar solución a estes problemas

PREGUNTAS:

1.- O Plan de Cooperación coas Entidades locais e un dos principais instrumentos que ten a Administración Autonómica para estimular a formación e o emprego a nivel municipal. Este Plan contempla a creación de Escolas Taller ou Talleres de Emprego. Por diversos motivos nos últimos tempos o noso concello non se tivo en conta por parte da Xunta de Galicia para esta concesión. Por eso PREGUNTAMOS.

¿Ten o concello presentado algún proxecto para a inclusión do noso municipio en este instrumento para contribuir a creación de emprego e formación?

2.- Transcurridos mais de dous anos da finalización das obras de iluminación pública en San Lourenzo mediante un proxecto do FEIL, e recepcionadas polo concello en data de 21 de setembro de 2009. A dia de hoxe siguen sin prestar servizo co risco de deterioro das instalacións.

Varias foron as disculpas e xustificacións do goberno anterior e actual, pero a realidade é a que están a sufrir os veciñ@s que se ven privados dun servizo que debería estar en funcionamento fai moito tempo.

-Por esto PREGUNTAMOS pola situación actual desta infraestructura en San Lourenzo.

3.- A proposta do noso Grupo Municipal, en Cambre está institucionalizado o “Dia da festa do árbore”. O pasado día 21 de marzo celebrouse o día Forestal Mundial, e non tivemos coñecemento de ningunha iniciativa por parte do concello da celebración de algún acto encamiñado a promover valores de respecto á natureza e do indispensable papel das árbores no mantemento do ecosistema. Tampouco se levaron a cabo actos sobre a recuperación e celebración no concello da festa tradicional do “Día da árbore”.

-¿Cales foron os motivos para non realizar ningún acto na dita data, e non dar cumplimento o acordo plenario?

En CAMBRE, a 23 de marzo de 2012

Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre

COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁD, MOBILIDADE, CULTURA E TURISMO.

ROGOS:


1.-Pregamos O Goberno, nos facilite as memorias de actividade da Policia Local e Protección Civíl, correspondentes o exercicio do ano 2011.

PREGUNTAS:

1.- ¿Pode informarnos o Sr. Alcalde sobre o recente operativo e actuación das forzas de seguridade no centro de Cambre?

COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO

ROGOS:

1.- A recolloida selectiva de aceites usados, e unha actuación comprendida no marco da lexislación en materia de medioambiente. Na actualidade no noso concello non existe un sistema que facilite o seu reciclado, carecendo da información básica respecto da súa recollida nas proximidades do seus domicilios.
O noso Grupo Municipal manifestase decidido partidario dun compromiso firme por parte do concello para intervir en este problema. As razóns nas que fundamentamos esta iniciativa, son de tipo Ecolóxico, Económico e Laboral…etc.
Por esto PREGAMOS o Goberno:



-Promova a posta en marcha dun sistema de recollida de aceites usados no ámbito doméstico, e na propia hostelería.



2.- No acceso o parque infantil situado nas inmediacións da ponte da autoestrada na Barcal, existe unha rampa con desnivel no seu acceso, que pode ser prerigroso, sobre todo para os nen@s que diariamente acuden as súas instalacións.

-PREGAMOS procedan a dar as indicacións oportunas para correxir este problema.

3.-
A colocación de carteis das administracións públicas anunciando o comenzo de obras, ofrecen en algún caso un aspecto de deterioro a través do tempo, convertindose en peligro sobre todo para integridade fisica das persoas, polo risco de desprendemento, contribuindo tamén o deterioro do paisaxe e impacto visual.


-PREGAMOS leven a cabo as actuacións correspondentes para retirar os carteis das obras que están rematadas, por non ser necesaria a súa presencia, e se proceda a súa reutilización ou reciclado.

4.- Co obxetivo de mellorar o tráfico e seguridade viaria na variante de Fraiz coa estrada AC-214.

-PREGAMOS se proceda a instalación dun espello de seguridade no lugar.


5.- Na entrada do conocido como Paseo Marítimo Vello do Temple, hai dúas árbores que, por motivos que descoñecemos están totalmente secas. Ditas árbores e con motivo da súa embergadura e grande ramaxe actualmente supoñen un perigo de desprendemento de ramas secas, que poden caer enriba de calquera das moitas persoas que diariamente pasan por baixo delas.



Por esto PREGAMOS o Goberno:



-Estime a posibilidade de realizar unha tala das árbores como medida a tomar de xeito inmediato así como que sopese a necesidade de sustituir ditas árbores secas por outra especie arbórea.

COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO

PREGUNTAS:

1.- Veciñ@s que viven nas cercanías da praza Enrique Piñeiro, trasladaron o noso Grupo a súa preocupación polo estado da limpeza e mantemento da fonte e do propio estanque. Como pode comprobarse con bastante frecuencia, na súa superficie flotan diversos obxectos deslucindo o conxunto da praza e do seu entorno.

-¿Pensa o Goberno tomar algunha medida correctora para dar solución o problema?

2.-
Recentemente saia publicado en prensa unha noticia onde indicaba que o concelleiro de Obras pretende sustituir especies árboreas do Campo da Feira de Cambre, xa que estan a producir danos.

Ante esta situación o noso Grupo Municipal PREGUNTA:

¿Cales son as medidas que pretende poñer en marcha o concelleiro de Obras, a cantas árbores afectaría?


COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

PREGUNTAS:

1.- O programa electoral do PP de Cambre contemplaba un ambicioso proxecto que consitía na construcción de tres piscinas cubertas, un ximnasio e e dúas salas de usos múltiples para actividade físisca e deportiva no Graxal.

Tendo en conta as escasas instalacións deportivas coas que conta a parroquia do Temple, o noso Gupo PREGUNTA:


¿En que fase se encontra dito proxecto e cales son os prazos que estima o concelleiro responsable para a sua execución e entrega das mencionadas instalacións?

2.- A pesar do acordo adoptado no pleno anterior, en referencia ó problema das oficinas municipais na casa das Palmeiras, o actual goberno pechou ditas instalacións incumprindo ó acordo plenario.

O noso Grupo PREGUNTA:

¿A que foi debido dito incumprimento?

3.- A pista polideportiva situada na Rúa Otero Pedraio permanece pechada dende fai mais de un mes por medidas de seguridade.

¿Pode informarnos o concelleiro responsable cales foron os motivos polo que se tomou a decision do seu peche? e ¿cando teñen previsto a sua reapertura?

COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONÓMIA E FACENDA.

PREGUNTAS:

1.- Ante as declaracións do Sr. Alcalde os medios de comunicación:

¿Pode informarnos sobre si ten realizado o Goberno algún estudio respecto da estructura da plantilla de traballador@s do concello e a súa ubicación nos distintos departamentos?

En CAMBRE, a 21 de marzo de 2012

Asdo: O Voceiro do Grupo

No hay comentarios: