MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” SOBRE A CREACION DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CAMBRE
EXPOSICION DE MOTIVOS:
Cando o pasado mes de Marzo traíamos esta Moción para o seu Debate e Aprobación polo Pleno, no caso de que procedera, o desemprego rexistrado en Cambre referente ó mes de Febreiro, alcanzaba a cifra de 2.222 parados/as. Un mes mais tarde xa ascende a 2.232 persoas, supoñendo un novo ascenso como o que se ven producindo nos últimos tempos. Sirva como exemplo que en Marzo do ano pasado o número de desempregados en Cambre era de 1.964 persoas polo que nun ano o incremento é dun 12%, ou o que é o mesmo, casi 300 persoas mais desempregadas no noso Concello, 300 familias mais afectadas pola lacra do paro.
Destas familias hay algunhas que xa esgotaron todas as súas prestacións económicas e atópanse ó borde da exclusion social. Fogares familiares onde ningún membro percibe ingreso algún. Parados/as de longa duración maiores de 50 anos, cuxa integración laboral faise máis complicada aínda, por causa da idade.
Tan grave é esta situación que se require unha resposta inmediata e extraordinaria de todos os Grupos Políticos que compoñen esta Corporación, especialmente cando o problema do desemprego primou como máxima preocupación en todos os nosos programas electorais, aínda que todos sexamos conscientes que as competencias en materia de emprego son limitadas para os Concellos.
Este é o momento de estar á altura e demostrar que a política, está ó servizo dos cidadáns/as, tendo en conta ademais as previsións económicas xerais e os datos de desemprego locais que evidencian a necesidade de anticiparnos os acontecementos, e sobre todo colocar dentro das competencias legais, a loita contra o desemprego como obxectivo prioritario o longo do presente ano 2012.
Certamente as posibilidades reais de modificar sensiblemente esta situación cos escasos medios dispoñibles nun concello de mediano tamaño como Cambre, resultan escasas. Pero iso non xustifica o adoptar unha política de pechar os ollos diante dunha realidade na que todos, representantes e representados, vivimos inmersos.
En períodos de recesión económica, todas as Administracións Públicas temos que asumir a nosa responsabilidade e achegar solucións ós problemas económicos e socias que se derivan. Dende o Estado, dende a CCAA e dende o Municipio, e en función das nosas competencias, os gobernos temos a obriga de arbitrar medidas para paliar os efectos da crise e contribuir a impulsar a economía.
A Bolsa de Emprego que motiva a presente Moción será unha ferramenta útil e que perviva no tempo. Dita Bolsa terá como obxectivo manter a transparencia de cara ó reparto equitativo conforme a baremos dos traballos dispoñibles no Concello.
Acompañando á creación de dita Bolsa, faise necesaria a constitución dunha Mesa do Emprego e Desenvolvemento Local formada por todos os Grupos Políticos, Representantes Sindicais, Asociacións de Veciños, Comerciantes e Empresarios e coa asistencia de técnicos municipais. A Mesa, inicialmente elaborará un Regulamento participado por todos os compoñentes da mesma, no que se establezan os baremos que rexirán as contratacións dacordo con criterios de orde económico, social e técnico.
Os cálculos realizados para a dotación económica inicial a esta Bolsa foron realizados partindo da prioridade de que a parte das asignacións ás que, Goberno e Oposición deberemos renunciar sexan equitativas e equivalentes, sendo igual o esforzo que todos realicemos, co ánimo de que esta Corporación se amose unida ante un proxecto que traerá emprego ó noso Concello, demostrando ós veciñ@s que en temas tan críticos como o que estamos a tratar ós seus representantes políticos podemos esquencer diferencias e colaborar xuntos de xeito activo e positivo na loita contra o desemprego.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Constituir unha Mesa do Emprego e Desenvolvemento Local na que participen todos os Grupos Políticos representados no Concello, asistidos polos técnicos municipais xunto con axentes sociais tales como Sindicatos, AAVV, Comerciantes e Empresarios e outras organizacións sociais. Dita Mesa procederá á elaboración dun Regulamento de funcionamento da Bolsa de Traballo Rotativa.
SEGUNDO.- Que dito Regulamento conteña, como mínimo os seguintes criterios:
a) Criterios de orden económico: Atender a aqueles veciñ@s que mais sufran os efectos da crise, é decir, priorizar a aqueles demandantes que leven mais tempo en situación de desemprego.
b) Criterios de orde social: Atender a aqueles cidadans que teñan especiais dificultades de cara á integración no mercado laboral actual, contemplando baremos tales como a idade e, sobre todo, a situación familiar (fillos menores de 25 desempregados, conyuxe desempregado, demandante de emprego con antigüedade demostrada, ser cabeza de familia monoparental, discapacidades que non permitan un desenrrolo normal do traballo, etc.)
c) Criterios de orde xeral: Teranse en conta aspectos tales como os seguintes
i. A Bolsa deberá ter un carácter rotatorio.
ii. A duración dos contratos realizados terá un periodo máximo que permita garantir o acceso de todos os aspirantes ó emprego dispoñible.
iii. A Bolsa terá un carácter dinámico e non pechado, admitindo a novos solicitantes de xeito periódico dacordo coas circunstancias existentes.
iv. A Mesa de Emprego estudiará a conveniencia de que se poidan reservar determinada porcentaxe de postos de traballo para casos excepcionais (e debidamente xustificados), con informe preceptivo de Servicios Sociais, que requiran do acceso a unha alta laboral, de cara a superar unha situación transitoria de necesidade perentoria que non poda ser demorada no tempo.
TERCEIRO.- Que facendo uso de medidas legais tales como as modificacións orzamentarias, se destinen como dotación inicial para a creación, consolidación e posta en marcha da Bolsa de Emprego, as cantidades que seguidamente relacionamos, facendo uso da potestade atribuída ó Pleno da Corporación no Artigo 22.2 e) da Lei 7/1985 Reguladora de Bases del Régimen Local na nova redacción dada pola Lei 11/99 do 21 de Abril, según a que unha das atribucións que lle corresponden ó Pleno é a “aprobación y modificación de los presupuestos”:
1. Modificación orzamentaria na partida 912.489 “Asignacións a Grupos Municipais” reducíndoa dos 66.000 euros actualmente orzamentados a 33.000 euros, seguindo o acordo Plenario do 28 de Marzo, no que quedou aprobada dita reducción, como resultado do voto favorable do Pleno da Corporación á Moción sometida a debate e aprobación polo Grupo Municipal de UXC.
A cantidade resultante de dita reducción, é decir, 33.000 euros, será destinada á Bolsa de Emprego como parte integrante da dotación inicial.
2. Cantidade resultante de reducir as retribucións actualmente fixadas para os cargos en réximen de dedicación parcial por importe de 29.000 euros (BOP 147 de 3 de Agosto, por acordo plenario en sesión extraordinaria de 12 de Xullo de 2011) á cantidade fixada no Acordo Plenario do 24 de Xuño de 2010, segundo o que se acordara unha reducción do 5% sobre a retribución anual dos cargos que desempeñan en réxime de dedicación parcial. Dita retribución foi fixada en 23.239 euros brutos anuais en 14 pagas.
A cantidade resultante de dita reducción, é decir, 5.761 euros brutos por cada un dos cargos serán destinados á Bolsa de Emprego como parte integrante da dotación inicial, supoñendo un importe total de 34.566 euros.
3. Aportación na mesma proporción, por parte do Concelleiro non liberado do Goberno, da mesma cantidade que o resto de cargos en réxime de dedicación parcial. Dita aportación ascenderá á diferencia entre a cantidade que percibe anualmente en concepto de asistencia a Xuntas de Goberno, Comisións Informativas, Plenos Ordinarios e Plenos Extraordinarios, ata alcanzar a cantidade bruta anual aproximada de 23.239 euros, igualando deste modo ó resto de cargos en réximen de Dedicación Parcial.
A cantidade resultante, pendiente de determinar, en base ó anteriormente exposto, será destinada igualmente á dotación inicial da Bolsa de Emprego.
4. Que facendo uso das Competencias que nos otorga ó Pleno da Corporación Municipal a lexislación anteriormente citada, se proceda a levar a cabo todas aquelas modificacións orzamentarias consensuadas entre os membros desta Corporación, de partidas de gastos, que poidan ser consideradas supérfluas, en relación coa labor social a desempeñar pola Bolsa de Emprego. Sírvase como exemplo a dotación asignada a Comunicacións Telefónicas, diferentes partidas destinadas a atencións protocolarias, ou gastos previstos para publicidade e propaganda (todos eles susceptibles de reducción). Serán, asímesmo, susceptibles de destinar á Bolsa de Emprego, igualmente de xeito consensuado polos membros desta Corporación, os excedentes de tesourería resultantes de ingresos extraordinarios ou calquera outro tipo de ingreso carente de contrapartida no Orzamento.
En CAMBRE, a 21 de abril de 2012
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario