martes, 29 de mayo de 2012

NOTA INFORMATIVA



ESQUERDA UNIDA SOLICITA Ó CONCELLO UN CENSO DE BENS DA IGREXA


EU de Cambre, prantexará no vindeiro Pleno do Concello unha iniciativa para proceder á elaboración dun censo municipal que recolla todas as propiedas da Igrexa e doutras confesións relixiosas, distinguindo delas, aquelas que son utilizadas para o culto e as que se adican a outro tipo de fins.

Tendo en conta a actual situación, e a intencionalidade de diferentes forzas políticas e sociais de esixir que a Igrexa Católica pague o IBI por todos aqueles bens que non cumplan cos requisitos da exención, Esquerda Unida coida que a elaboración do censo é imprescindible para manexar datos certos e exactos dos bens que a Igrexa Católica ten en Cambre ó seu nome.

A pregunta que Izquierda Unida prantexou no Congreso dos deputados, pola que interrogaba ó Goberno si tiña previsto seguir o exemplo de Italia, cobrando o IBI á Igrexa, obtivo a resposta escrita do Goberno do PP, na que afirma que serán os Concellos os que xiren o IBI, a Igrexa, naqueles casos que corresponda, e a igrexa xustificar, a exención correspondente.”

Luis Taibo, Voceiro do Grupo Municipal, indica que actualmente “xa non podemos permitir que mentres os mais débiles siguen soportando ás consecuencias dunha situación económica precaria, entidades tan poderosas como a Igrexa, sigan disfrutando de ventaxas fiscais sustentadas en privilexios, que necesariamente teñen que ser revisados”.

No hay comentarios: