miércoles, 30 de mayo de 2012

NOTAS DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A INSTALACION DUNHA MAQUINA DE PRESOTERAPIA EN CAMBRE

Atendendo a unha demanda que moitas veciñas das diferentes parroquias de Cambre levan facendo durante anos, EU solicitará a implantación dun equipo de Presoterapia para que todas aquelas mulleres intervidas de cancro de mama poidan realizar as drenaxes linfáticas que son necesarias trala operación de dita patoloxía.

Actualmente, as mulleres demandantes deste tipo de terapia, ademáis de ter que desprazarse á Coruña, teñen que asumir grandes listas de agarda para poder asistir a unha sesión destas características. O equipo necesario para realizar este tratamento ten un custe moi fácilmente asimilable, polo queo Grupo Municipal de EU instará ó Goberno Municipal a que proceda a realizar as xestións necesarias para implantar o servizo de Presoterapia en Cambre ou no ámbito dos Concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas.


ESQUERDA UNIDA SOLICITA A REAPERTURA DO REXISTRO NA CASA DAS PALMEIRAS

O polémico peche do servizo de rexistro da Casa das Palmeiras no Temple volverá ó Pleno de Maio no que EU preguntará ó Goberno polo motivo que o levou a que tras a concentración do pasado Xoves 10 de Maio celebrada pola a AA.VV do Temple, o Goberno do PP fixera caso omiso de dita petición.

Dende EU, afirman que o grao de “pasotismo” que está demostrando o equipo de Goberno do Concello de Cambre, está chegando a límites preocupantes. A concentración convocada pola AAVV tiña como obxecto, solicitar a inmediata reapertura do mencionado rexistro, posto que O Temple, precisamente caracterízase por ser o núcleo poboaciónal con maior número de veciños do Concello, que sofren o esquecemento por parte do equipo de goberno do Partido Popular de Cambre.

Por este motivo que EU solicita saber cando se vai a producir a reapertura da Casa das Palmeiras, cumprindo o acordo Plenario que foi apoiado por todos os Concelleiros Oposición.




No hay comentarios: