domingo, 3 de junio de 2012

Nota informativa de “Esquerda Unida” de Cambre



O GOBERNO DO PP DE CAMBRE NEGASE A REALIZAR UN CENSO DOS BENS DA IGREXA SOLICITADO POR ESQUERDA UNIDA

Na ultima sesión plenaria celebrada en Cambre e con motivo da solicitude do Grupo Municipal de EU, na que pregaban ó equipo de goberno que realizase un censo dos bens inmobles tanto rústicos como urbáns en Cambre.

A Concelleira de Economía e Facenda, Marta Vázquez Golpe, negouse en rotundo a tramitar dita solicitude por parecerlle unha "tontería" perder tempo e recursos en realizar un censo de bens a nome da Igrexa en Cambre.

Según a Concelleira de Esquerda Unida. Olga Santos, esta negativa obedece a razons meramente ideolóxicas e sin fundamento xurídico, posto que o censo solicitado podería chegar a supoñer unha importante aportación ás arcas do Concello, a través do cobro do IBI a aquelas propiedades da Igrexa que non teñan por qué estar exentas.

Denuncia Esquerda Unida, que novamente se atopan ante un Goberno que aínda que goberna en minoría, compórtase con absoluto autoritarismo e falta de diálogo, aínda que a demanda está nas rúas, motivo polo que EU seguirá no seu empeño e solicitará mediante o Rexistro do concello se nos facilite un listado de todos os bens de propiedade da igrexa no concello de Cambre, detallando os que estean ou non suxetos da exención de Impostos de Bens Inmobles.

Esquerda Unida esixe o Goberno unha intervención inmediata no asunto e solicita unha actitude mais enerxica na defensa dos intereses dos veciños.

Asdo: Juan A. Fernández López. Responsable local

No hay comentarios: