domingo, 3 de junio de 2012


INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE "EU" NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL CORRESPONDENTE AO MES DE MAIO

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA, SOBRE A RETRANSMISIÓN DOS PLENOS.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A importancia das novas tecnoloxías da información e a comunicación nas Administracións Públicas faise patente cunha cada vez maior presenza de ferramentas informáticas que permiten ó cidadán o acceso á información e ós trámites administrativos.

A crecente democratización da información a través do abaratamento dos medios e das melloras técnicas, permite hoxe en día que a tecnoloxía estea presente en casi tódolos ámbitos da vida.

Os Plenos Municipais, como lugar de toma de decisións e debate de asuntos que afectan directamente ós veciños do municipio teñen que ter o carácter público necesario, para que todos os veciños poidan ter a mesma oportunidade de coñecer directamente o seu contido.

A adaptación dos Concellos (como escalón mais cercano e directo no trato co cidadán) a estes cambios dixitais é o que establece a Lei 11/2007 de Administración Electrónica e os seus desenrolos posteriores, que obriga ós Consistorios a establecer as fases de implantación de estes dereitos esixibles polos cidadáns en todo o que afecta o seu acceso electrónico ós servizos públicos. Falamos, por tanto de cuestións que teñen que ver coa transparencia e cun modelo de Goberno Aberto.

Asimesmo o acusado distanciamento da política en relación coa sociedade debe acurtarse a través de mecanismos que faciliten a transparencia das decisións tomadas polos representantes públicos.

O desenrolo e abaratamento das tecnoloxías da información pon ó alcance da man de calquera Concello a posibilidade de ofrecer ós cidadáns e a baixo custe unha comunicación directa sobre aquelas cuestións que lles afectan e que se debaten e dirimen nos Plenos Municipais, cuxas sesións son públicas pero non sempre contan coa afluencia que desexaríamos, porque tamén temos que ter en conta que cuestións como os problemas de mobilidade, a idade, ou responsabilidades de todo tipo impiden a moitas persoas, desprazarse ata o Concello e saír da casa para asistir ós Plenos, o que non significa que non estean interesados neles. É a nosa obriga, facilitarlle a tódolos veciños a opción de seguir o debate no que se toman acordos que lles repercuten directamente.

A proposta que presentamos nesta Moción pode ser levada a cabo cunha mínima inversión económica, que redundará na participación veciñal, na imaxe que transmita esta Corporación e no crecemento dentro de unha sociedade dixital.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO: Dotar de medios técnicos para a gravación de imaxe e son, dos Plenos Municipais e a súa emisión en directo a través de "streaming" ou calquera outro dispositivo de similares características.

SEGUNDO: Habilitar espazo visible e facilmente accesible na web municipal na que hospedar as diferentes gravacións, con indicacións da data da celebración e sesión que se pode visualizar, para a consulta en diferido de sesións xa celebradas.

TERCEIRO: Utilizar os medios de información do Concello, tales como a propia páxina web ou os paneis informativos, entre outros, para anunciar as retransmisións e informar ós veciños desta opción de participación na vida política do Concello.

En CAMBRE, a 26 de maio de 2012


ROGOS:

1.- O Noso Grupo municipal reuniuse con persoas de Cambre que dende fai anos reclaman a instalación nun centro de saúde do concello dun equipo de “Presoterapia” para tratamento as mulleres operadas de cáncro de mama, co fin de realizar drenaxes linfáticos tras a operación. Ata o momento, estas pacientes teñen que trasladarse a dependencias na cidade da Coruña e esperar un largo periodo entre cita e cita para recibir as sesións de tratamento, ou do contrario asumir un coste no servizo privado.

-Por esto SOLICITAMOS ao Goberno realice as xestións oportunas para implantar este servizo en Cambre ou no ámbito dos concellos do Consorcio das Mariñas

2.- A falta de escasos tres meses para as festas de Santa Maria en Cambre, non temos coñecemento concreto da programación de ditos eventos.

Por esto PREGAMOS nos informen da programación das festas, e do orzamento previsto para a súa organización.

3.- Atendendo á actual crise económica e o déficit que ten España, como consecuencia da inadecuada xestión das institucións públicas, así como a actual petición de numerosas organizacións, asociacións, partidos políticos e outros axentes sociais que coidamos necesario que a Igrexa debe pagar ó IBI polos seus Bens Inmuebles.

Sin esquencer o RDL 20 de 30.12.11 de medidas urxentes en materia presupuestaria, tributaria e financiera para a corrección do déficit público, que instabas ás Corporacions Locais a una subida do IBI de entre o 4 e o 10%.

Tendo en conta as execcións fiscais das que disfrutan diversas entidades, sobre todo a Igrexa Católica, que é a maior poseedora de bens inmobles.

E sobre todo, ante a resposta escrita do Goberno do PP ante as preguntas que o Grupo Parlamentario de IU no Congreso dos Diputados, na que literalmente dixo: “que os bens inmobles propiedade da Igrexa Católica estarán inscritos ó seu favor e serán ós Concellos os que deban xirar o correspondente imposto e a igrexa xustificar, no caso de que así corresponda, a exención correspondente.”

Polo exposto o noso Grupo Municipal presenta o seguinte ROGO:

-Que se faga un censo no Concello de Cambre dos bens inmobles rústicos e urbanos que estean censados e rexistrados a nome da Igrexa Católica e outras confesións relixiosas, así como das súas entidades e asociacións afins.

PREGUNTAS:

1.- A Participación Cidadán nos asuntos públicos debe ser unha realidade como farramenta para encauzar e garantir formulas de participación dos veciñ@s de Cambre, establecendo formulas de democracia participativa como complemento da democracia representativa.

Despois da celebración do último foro de Participación Cidadá, propuxose e acordouse por parte da maioria dos participantes, a inmediata celebración de outra xuntanza co obxectivo de crear os distintos Consellos Sectoriais e o Consello Xeral de Participación Cidadá, dandolle forma a organización do regulamento.

Pasado un certo tempo dende a celebración, o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Cando pensan os responsables do Goberno organizar a próxima xuntanza?

2.- O pasado Xoves 10 de Maio a AA.VV do Temple realizou unha concentración onde, entre outras cousas, solicitaban a inmediata reapertura do rexistro. A concentración non soio foi ignorada polo Grupo de goberno senon que intentou ser ridiculizada publicamente por algún dos seus membros dando claro exemplo de falta de respeto a entidade veciñal, e as persoas e colectivos presentes no acto, que independentemente do número que asistan debe ser respetada como un dereito libre e democrático da cidadanía que a dia de hoxe ainda non foi eliminado.

E por todo isto que o noso Gupo PREGUNTA:

-¿Para cando pensa o Goberno facer efectivo o acordo plenario e proceder canto antes a reapertura do rexistro da casa das Palmeras?

3.- No pleno do pasado mes de Novembro aprobouse unha Moción presentada polo grupo de EU na que pretendiamos instar ao goberno do Estado, a modificar a Lei hipotecaria co fin de regular a dación en pago e adoptar as medidas necesarias para evitar os desafiuzamentos por motivos económicos.

Ademais disto no punto terceiro aprobouse a creación dunha Comisión Especial Mixta, para estudar as medidas a emprender a nivel municipal para paralizar os desafiuzamentos, na que participen representantes do pleno municipal e das asociacións de afectados, veciñais e outras organizacións sociais coñecedoras da problemática.

Nas Comisións Informativas de Decembro, o Alcalde informaba, ante o noso requerimiento de información sobre a previsión de creación da Comisión, que estimaban que a mellor opción era incluir esta iniciativa no Foro de Participación Cidadá, algo que, evidentemente non ocurriu.

Ante isto o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Cando ten pensado o Goberno acatar e cumprir tal e como está obrigado o acordo plenario para poñer en marcha dita comisión?

COMISION INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- No lugar de Armental nas inmediacións do número 17 maleza e árbores descasan enriba dos cables do tendido teléfonico, con risco de roturas e os conseguintes problemas derivados da situación.

- PREGAMOS se realicen as xestións necesarias ante quen proceda, co fin de evitar problemas maiores.


COMISION INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

PREGUNTAS:

1.- Unha boa parte da rúa Freixo encontrase nas sús marxes con abundantes restos de follas e suciedade, motivado en gran parte as árbores das súas inmediacións, que prácticamente cubren dito vial formando unha especie de tunel vexetal dificultando o acceso a urbanización. Asi mesmo carece de alumeado público, o que dificulta a circulación tanto rodadaza como peonil, acentúando o risco de accidentes e transmitindo unha imaxe de abandono.
O noso Grupo Municipal e os propios veciñ@s teñen presentado no Concello escritos demandando unha solucción, sin que a día de hoxe se arranxaran os problemas requeridos para garantir unha seguridade axeitada.

Polo exposto plantexamos a seguinte PREGUNTA:

-¿Ten previsto o Goberno algunha actuación co fin de correxir o problema para tratar de garantir a circulación e seguridade?

2.- Tendo en conta as multiples iniciativas presentadas polo noso grupo ante o problema de seguridade viaria na estrada AC-214, lamentamos que na actualidade non exista unha resposta satisfactoria para correxir esta carencia, nin se teñan realizado ningunha actuación para dotar dunha axeitada sinalización de pasos de peóns nos lugares da mencionada estrada solicitados polo noso Grupo e os propios veciñ@s.

Por esto PREGUNTAMOS:

-¿Que xestións ten realizado o Goberno ante a administración autonómica, para dar solución o grave problema?

3.- No proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-213 entre a Telva e Os Campóns, ¿está previsto a dotación de pasos de peóns en algún lugar concreto de dito vial?

4.- A rúa Maria Mariño a altura do Nº 11/13 presenta un notable afundimento que dificulta en boa medida o tránsito rodado, en algún caso proboca desperfectos nos vehiculos que transitan por dito vial.

Ante isto o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Pode informarnos o Goberno do motivo de ditos afundimentos, e que medidas teñen pensado tomar para arranxar os desperfectos?

5.- A petición de veciños da zona, o noso Grupo ten presentado varias iniciativas para realizar a poda selectiva de ábores na Estrada da Estación. Recentemente se informou por parte dos responsables municipais que de inmediato se procedería a realizar os traballos por parte da Deputación Provincial.

-Poden informarnos do motivo de non levar a cabo os traballos de poda?


COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

PREGUNTAS:

1.- Según informacións o noso Grupo Municipal, nenos e nenas do colexio Portofaro carecen de espacios cubertos e acondicionados para a súa estancia entre os horarios de 14:00 e 16:00 horas.

-¿Qué información ten o Goberno respecto do problema?

2.- Rematada a valoración e baremación do proceso de matricula de alumnos nos centros de ensino público do concello ¿Cantas prazas escolares se ofertaron e demandaron en cada un dos niveis educativos e en cada centro, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata o bacherelato?

3.- No extracto das Resolucións correspondentes ao mes de novembro de 2011, existe o recoñecemento do pagamento dunha factura ao R.C. Deportivo da Coruña, consistente na compra de tres bonos anuais da localidade de preferencia superior, correspondente á tempada 2011-2012 por un importe de 904 euros.

-Pode informarnos o goberno local con que fin se adquiriron os mencionados bonos e dos seu posibles beneficiarios?

COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

ROGOS:

1.- No campo de futbol municipal de Lendoiro en Cecebre, a maleza invade unha zona do terreo de xogo que pode impedir a práctica do deporte en condicións óptimas, tendo en conta que en épocas de choiva existe acumulación de auga nun extremo do campo.

-PREGAMOS se realicen as actuacións necesarias para solucionar o problema.

2.- O CEIP do Graxal foi recentemente premiado a nivel nacional por un traballo que realizou con persoas maiores no concurso Compartiendo Experiencias, que concede o Imserso.

-O Grupo municipal de Esquerda Unida SOLICITA do Goberno local, transmita o mencionado colexio os parabens dun xeito institucional en nome do conxunto da Corporación por este traballo, previa conformidade dos Grupos políticos.

En CAMBRE, a 25 de maio de 2012

Asdo: Grupo Político Municipal




AO PLENO PLENO DO CONCELLO



MARIA OLGA SANTOS LÓPEZ, concelleiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, membro da Comisión Informativa de DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA, tendo en conta o contemplado no artigo 115 d) do ROM do concello, presenta VOTO PARTICULAR a proposta da Alcaldía para o pleno do 31 de maio de 2012, sobre Proposta de Aprobación do Expediente de Modificación de Crédito 1/2012, por transferencia de crédito, contemplado no punto terceiro da orde do dia.


Xustificación:

Considerando o noso Grupo que cantidade de 33.000 euros, resultante da modificación da asignación da dotación económica aos grupos políticos municipais, resulta o noso criterio insuficiente para cubrir as múltiples demandas das peticións de Emerxencias Socias do concello, motivado entre outras cousas pola profunda crise social e económica que estamos padecendo, e tamén a falta de previsión orzamentaria por parte do Goberno do concello. E sendo conscientes que existen recursos e formulas para o incremento de dita cantidade.


POR ESTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOLICITA AO PLENO DO CONCELLO MEDIANTE O PRESENTE ESCRITO DE VOTO PARTICULAR, A SEGUINTE PROSTA DE MODIFICACIÓN DO DICTAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA.


Proposta :


-Que mediante as formulas legalmente establecidas, se proceda a destinar o diñeiro que con motivo da folga xeral convocada polos sindicatos o pasado dia 29 de marzo, foi descontado aos traballador@s municipais que secundaron a mencionada folga. Trasladando a cantidade de diñeiro resultante a aplicación orzamentaria 2012/233/22711 co fin de incrementar o servizo de axuda a domicilio; que según informacións do Goberno municipal son as seguintes:




-DESCONTOS SALARIAIS…………………2.538, 19 euros


-DESCONTOS SEGURIDADE SOCIAL…...650, 42 “


TOTAL: 33.000 + 3.188,61= 36.188,61 euros.



En CAMBRE; a 30 de maio de 2012


Asdo: Mª Olga Santos López






No hay comentarios: