viernes, 27 de julio de 2012


INICIATIVAS PLENO E COMISIÓNS: XULLO 2012

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” SOBRE PARQUES INFANTÍES ADAPTADOS



XUSTIFICACIÓN:

Un concello accesible é o que se construíu tendo en conta as necesidades de todas as persoas. Ou o que leva a cabo as modificacións necesarias para que o sexa. O concello facémolo todas as persoas que habitamos nel, e aínda que tod@s temos os mesmos deberes, non sempre gozamos dos mesmos dereitos. . EU xa ten presentado distintas iniciativas co fin de que personas con problemas de mobilidade non se sintan diferentes aos demais por culpa das barreiras sociais.

Conceptos como normalización, integración, inclusión, equiparación de oportunidades, favoreceron e potenciaron o progresivo desenvolvemento social e mellora da calidade de vida. A sociedade demanda novas actividades, servizos e infraestruturas para campos aínda por explorar, ou escasamente explorados. Non só os comportamentos discriminan, tamén unha contorna non accesible, ou un servizo que non teña en conta as especiais dificultades dalgunhas persoas. Trátase de discriminacións indirectas pero moi efectivas que se padecen á hora de gozar de dereitos recoñecidos para todas as persoas. Así pois, non discriminación, accesibilidade e promoción de dereitos débense converter nunha mesma estratexia.

Os parques infantís convertéronse en espazos de lecer e encontro nos que os nen@s divírtense, desenvolven a súa psicomotricidade e cultivan outras habilidades, incluídas as sociais. Os que imos a estes lugares de xogo comprobamos en numerosas ocasións que o seu mantemento e conservación é manifestamente mellorable. Por encima da limpeza ou aspecto visual, (que tamén son importantes) debemos centrarnos na seguridade, considerando algúns defectos graves como, partes rotas, inestabilidade dalgúns aparellos, sistemas de fixación inadecuados, alturas demasiado elevadas sen protección, pavimentos inadecuados pola súa dureza…aspectos que deben ser vixiados de forma rigurosa.

Debemos plantexarnos unha nova planificación dos parques para que sexan máis seguros e accesibles. Un parque convencional, como o que temos en Cambre, deixa fóra sin posibilidade de acceder e xogar a moitas nen@s.

O eixo dun parque destinado a xogos infantís debe ser a integración das persoas con distintas capacidades cos que non teñen inconvenientes motrices ou mentais. Porque non se trata de deseñar parques específicos para nen@s con discapacidade, senón de crear lugares e estruturas seguras e divertidas para o xogo de tod@s. Neste sentido, EU-IU considera necesario deseñar espazos e estructuras dentro dos parques infantís que xa existen, para que a infancia con problemas de discapacidade teña a posibilidade de xogar. Serían espazos de xogo acolledores e integradores, onde cada un poida participar na medida das súas ganas e posibilidades.

Queremos parques infantís seguros e accesibles, e cando falamos de accesibilidade referímonos a que os nen@s con algunha discapacidade tamén poidan utilizar os parques, non se trata de favorecer o seu acceso e que queden á marxe, senón que se divirtan coas demais persoas que están utilizando os espacios de xogo.

Con esta iniciativa o grupo municipal de EU-IU quere contribuir a integración e a equiparación de oportunidades, diminuíndo a desigualdade causada por un entorno non accesible, á vez que conseguimos un acceso ao lecer normalizado.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:


ÚNICO.- Que o Concello de Cambre incorpore estruturas e xogos adaptados e accesibles, que faciliten o acceso para que os nen@s, con e sen discapacidade, poidan utilizar as instalacións dos parques infantís e disfrutar de todos os espazos lúdicos do concello en igualdade de oportunidades.

ROGOS:


1.- No Pleno de Setembro de 2011 o Grupo Municipal de EU facía un rogo, instando ó gobernó municipal que realizase un estudo co fin de dotar a Cambre dun Banco de Alimentos.


O Voceiro do equipo de Goberno informou que a pesares de que a Concelleira responsable non estaba presente, podía afirmar que se atopaba traballando no tema e comprometeuse a respostarnos por escrito.


-Visto que dita resposta non chegou nin de xeito escrito nin de xeito verbal, PREGAMOS se nos informe das actuacións levadas a cabo con respecto á Creación do Banco de Alimentos.


2.- Usuarios do transporte público teñen denunciado ante o noso Grupo, as dificultades e perigro que supón para as persoas (sobre todo con mobilidade reducida) poder acceder os vehiculos, motivado a ocupación dos espazos reservados a parada dos Buses. Tamén en algúns casos interrumpen o caótico tráfico, sobre todo nos núcleos urbáns.

-Por esto PREGAMOS o concelleiro responsable de as órdenes pertinentes para evitar este tipo de situacións, incómodas e peligrosas.


3.- Nas CC.II celebradas no pasado mes de outubro, o GM de EU, facía a proposta de iniciar unha campaña de recollida de libros para poder envialos a países necesitados. Dita proposta foi celebrada polo Concelleiro responsable, sinalando que tentarían poñela en marcha.

-PREGAMOS, se nos informe das actuacións levadas a cabo para desenrolar esta campaña.


PREGUNTAS:


1.- O artigo 115 apartado f) do R.O.M do Concello, establece que os Rogos realizadas polos Grupos municipais “…serán contestadas na mesma sesión na que se formulen, sempre e cando se presenten por escrito no Rexistro de Entrada con dous dias de antelación ó da realización da sesión ordinaria.

En base o anterior, e tendo en conta o Rogo realizada polo noso Grupo no Pleno ordinario do pasado mes de marzo, en relación a información sobre o balance económico (gastos e ingresos) das festas de Santa Maria do pasado ano 2011.

-¿Pode informarnos o responsable, do motivo de non ter facilitado a documentación requerida?


2.- Por causa da manifesta desinformación á que nos vemos avocados os grupos da oposición, aínda despois de ter solicitado información recurrentemente ó Goberno Municipal, tanto por escrito como en varios Plenos, concretamente por parte de EU nun total de 3 ocasións, vémonos obrigados novamente a solicitar información concreta sobre varios aspectos que seguen sin aclarar sobre o vindeiro festival Rock in Cambre- Brincadeira.

Independentemente do resultado económico deste macroevento, do que terán que dar conta unha vez clausurado, a organización e configuración do festival ven sendo todo un secreto do que nos vimos enterando polos medios de comunicación, non pola información facilitada polo equipo de Goberno.

En moitas ocasións, o que si lle escoitamos proclamar, foi que o Rock in Cambre ía sair reforzado coa colaboración co Brincadeira e que en palabras do Voceiro do Equipo de Goberno “dita colaboración permitiría mellorar o cartel do Rock in Cambre”.

Visto o cartel definitivo do Rock in Cambre, o noso Grupo Municipal


PREGUNTA:


-¿Coida o Goberno Municipal que o Cartel do Rock in Cambre, está á altura das anteriores edicións e que manterá o nome deste festival, ou pola contra, poden compartir a opinión xeralizada, de que o que predomina é o espíritu do Brincadeira que sempre se autodefiniu como “Festival Hortera”, e para o Rock in Cambre queda un cartel que non responde á fama do noso festival que de sempre tivo unha filosofía de calidade e gratuidade?

3.- Ante as múltiples protestas de veciñ@s pola carencia e deficiencias no funcionamento do alumeado público en distintos lugares do Concello, feito que están producindo problemas de seguridade as personas que circulan por ditos lugares:

-O Grupo municipal de EU presenta a seguinte PREGUNTA:


¿Poden informarnos da actual situación da prestación do servizo, e das medidas que pensan tomar para solucionar a situación ?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.


ROGOS:


1.- Veciños de San Lourenzo, teñen solicitado a instalación de dous espellos nunha curva pronunciada, co fin de mellorar a seguridade vial e atenuar o perigro para conductores e peóns que circulan polo lugar.


-Por esto PREGAMOS se analice a situación cos servizos técnicos e policía local, co fin de adoptar as medidas necesarias para mellorar o tráfico e a seguridade vial, instalando como primeira medida un espello que permitan unha mellor visibilidade, según a petición realizada polos veciños da zona.

2.- No camiño que discurre dende a estrada de Pravio a Cela ó cimeterio novo, as ramas dos árbores invaden o vial, dificultando a circulación de vehiculos.

-Por esto PREGAMOS realicen as xestións oportunas, para correxir esta situación.


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO.


PREGUNTAS:
1.- ¿Poden informarnos que problemas existen na estrada da rúa Pumar Méndez nas inmediacións do número 17, en relación a unha obra que leva case un mes paralizada e contituie un peligro para a circulación?

2.- ¿Poden informarnos sobre o obxecto da recente actuación no camiño público que discorre dende a Arrigada o camiño do cimeterio de Cambre, no percorrido do roteiro de sendeirismo “Arredor de Cambre”?


xullo de 2012

Asdo: Consello local de EU Cambre

No hay comentarios: