OBRAS NA RÚA PUMAR MENDEZ EN CAMBRE
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, denuncia o estado inadecuado dunha obra na estrada CP-1704, rúa Pumar Méndez que leva mais de un mes paralizada, ocasionando un perigro para o tráfico rodado e os conseguintes problemas para a circulación na zona, sobre todo en horario nocturno motivado pola escasa e deficiente sinalización.
Este feito foi posto en coñecemento do Goberno, pola nosa organización nas Comisións Informativas do pasado dia 24, resultando ser unha cata realizada pola compañía Telefónica, sin contar co correspondente permiso municipal.
EU considera que resulta intolerable que por parte da Administración local non se teñan tomado con anterioridade medidas eficaces para eliminar o grave risco que supón este punto conflictivo, nunha estrada na zona urbána onde transcurre gran parte do tráfico rodado do concello.
Por este motivo demandamos do Goberno local unha intervención inmediata, mostrando unha actitude mais enérxica na defensa da integridade física dos veciñ@s de Cambre, e do conxunto dos cidadáns que se ven afectados polo problema, requerindo a responsabilidade neste feito a compañía Telefónica, empresa responsable da obra en cuestión.
Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario