O Grupo Municipal de EU, ten presentado unha iniciativa na Comisión de Obras e Servizos, sobre o estado de abandono na senda peonil do rio Mero e da vexetación existente nas súas ribeiras. Este feito tamén é denunciado por un gran número de usuarios que transitan o paseo fluvial, motivado a abundante maleza que invade as súas beiras mostrando un estado de abandono lamentable, co conseguinte perxuizo que supón para a integridade do ecosistema, tanto no que se refire a flora como a fauna.
O mantemento do paseo fluvial, corresponde a Consellería de Medio Ambiente dependente de Augas de Galicia, e teñen a obriga de manter nas condicións de conservación e uso adecuadas os terreos de dominio público hidraulico, de un gran valor ecolóxico paisaxistico e cultural para Cambre. Pero o Concello non está exento de responsabilidade, por ser a administración mais cercana a cidadanía e a que ten que esixir as autoridades Autonómicas o cumpriminto das súas obrigas respecto o impacto negativo que presentan as ribeiras do rio Mero no noso Concello.
EU solicitou do Goberno municipal inste as autoridades da Xunta de Galicia, que adopte as medidas necesarias para preservar e manter nas mellores condicións de limpeza e sostenibilidade o mencinado paraxe, tanto no que se refire a senda peonil como a preservación da fauna e a flora.
Asdo: Consello Local de Esquerda Unida de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario