viernes, 3 de agosto de 2012


DEFICIENCIAS NO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMBRE

Esquerda Unida de Cambre, quere facer publica a súa denuncia polas deficiencias existentes no alumeado público do concello. Este feito xa foi posto de manifesto mediante unha iniciativa presentada polo noso Grupo no pasado pleno municipal, sin que se nos teña dado unha resposta que aclare a situación que os veciñ@s de Cambre están padecendo nos últimos meses.

EU reclama  con urxencia, se tomen as medidas necesarias para dar  solución a esta carencia, que  está provocando a crispación da cidadanía, convertindose nun problema de seguridade para as persoas e vehiculos que circulan polas rúas e estradas do concello.

Este problema contrasta co derroche e despilfarro en algunha instalacións deportivas que permanecen encendidas en horario nocturno, sin que teña lugar actividade algunha. Ou dos investimentos en  instalacións de alumeado público rematadas fai mais de dos anos, é a dia de hoxe están sin funcionar .

Ante as múltiples carencias na iluminación do servizo público de alumeado, EU esixe unha intervención inmediata por parte do Concello, e o requirimento para que tamén asuman a súa responsabilidade calquera outra Administración tanto pública pública como privada, que teña responsabilidades no problema.

En liña co exposto anteriormente, o noso Grupo presentará diante da Corporación Municipal unha iniciativa no próximo Pleno ordinario, demandando do Goberno unha solución inmediata para dar solución o problema, manifestando unha actitude mais enérxica na defenda dos intereses dos veciñ@s de Cambre.

 Asdo: Consello Local de EU de Cambre

No hay comentarios: