MUNICIPAL
EU de Cambre denuncia deficiencias na iluminación pública
O grupo municipal indica que o problema está a xerar «crispación» entre a cidadanía
Esquerda Unida de Cambre reclama «con urxencia» que se tomen as medidas necesarias para solucionar as «deficiencias existentes no alumeado público do concello». Indicaron que esta carencia está provocando a «crispación» da cidadanía, converténdose á vez nun problema de seguridade para as persoas e vehículos que circulan polas rúas e estradas do municipio.
Indican que este problema contrasta co «derroche e despilfarro» nalgunhas instalacións deportivas que permanecen acendidas en horario nocturno «sen que teña lugar actividade algunha».
No hay comentarios:
Publicar un comentario