viernes, 28 de septiembre de 2012


Esquerda Unida, solicita a comparecencia do concelleiro de Cultura ante o pleno do concello.

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

LUIS M. TAIBO CASÁS, voceiro do Grupo Municipal de “Esquerda Unida”, co fin de exercitar a función de control e fiscalización dos órganos de Goberno, é en virtude do que lle confiren as atribucións da Lexislación vixente en materia de Réxime Local, según o contemplado nos artigos 122.1.d e, 126 do Regulamento Orgánico Municipal, relativos a comparecencia dos concelleir@s que ostenten delegacións de áreas e Goberno.

SOLICITO a comparecencia diante do próximo Pleno Municipal Ordinario do vindeiro dia 27 de setembro, do concelleiro delegado da área de Cultura e Turismo, D. Santiago Rios Rama, para que responda as cuestións relacionadas co seguinte ASUNTO:

-Explicación como responsable da área mencionada, no referente o balance do festival Rock in Cambre, e das festas de Santa Maria celebrados ambos eventos no pasado mes de agosto.

O obxecto principal da solicitude desta comparecencia, e a de cumprir coa obrigación que temos cos veciños de Cambre para facilitar unha maior transparencia na xestión do diñeiro público, tratando que non se vulnere a legalidade por parte do Goberno en relación a información sobre os dereitos dos membros da oposición na Corporación Municipal.

Considera o noso Grupo, que en relación o asunto que tratamos, non existiu a comunicación e información que un Goberno municipal debera ter co conxunto da Corporación, ignorando tamén as normas mais elementais de cortesía que deben existir entre goberno e oposición na administración municipal.

Son reiterados e inxustificados os actos do actual equipo de goberno nas súas relacións co resto da corporación; sistematicamente aplícase con rigor o establecido no ROM e outras normas naqueles aspectos restritivos de dereitos dos membros da oposición e pola contra ignóranse en moitas ocasións as prerrogativas que este e outras leis outórganlles en orde ás súas funcións democráticas e constitucionais.

Como consecuencia do anterior, o Grupo Municipal de EU, formula as seguintes CONSIDERACIÓNS:

PRIMEIRA.- Como ben sendo habitual, no noso Concello ven celebrandose nos últimos vinte anos, o Festival Rock in Cambre e tamén como é tradicional teñen lugar as festas patronais de Santa Maria na parroquia de Cambre no mes de agosto.

SEGUNDO.- As festas populares son unha manifestación cultural tradicional de carácter lúdico que, nos tempos actuais precisan de unha necesaria regulación das actividades e espectáculos públicos suxeitos cada vez máis a pautas de conducta sociais impostas polas demandas de seguridade, orden público e protección medioambiental, precisando de un réximen tal que as armonice con estes principios, en especial nos casos en que constitúen fenómenos de masas.

TERCEIRO.- Esta armonización debe facerse encontrando o punto en que sexan coincidentes a viabilidade dos festexos e ó esparcemento que naturalmente comportan, tendo en conta a protección dos dereitos individuais, colectivos e dos valores que lles son inherentes.

CUARTO.- Esta labor no é en absoluto sinxela, pois de un lado, as festas non poden en modo algún, constituir unha sorte de ilegalidade consentida que poña en tela de xuizo a bondade do sistema e, de outro lado, as exigencias formales a que deben suxetarse han de ser o suficientemente áxiles e flexibles como para, sin detrimento dos requisitos mínimos necesarios, permitir o desenrolo dos festexos na súa lóxica manifestación de espontánea expansión.

En consecuencia, o Grupo municipal de EU plantexa as seguintes

PREGUNTAS:

1.- ¿ Pode informarnos do estado de gastos e ingresos resultantes da celebración do festival Brincadeira Rock in Cambre do pasado mes de agosto?

2.- ¿Cantas entradas e abonos se venderon, sen contar acreditacións e invitacións?

3.- ¿Pode informarnos da firma de convenios de colaboración con outras Administracións, e si percibiron subvencións dalgunha Administración Públicas (Xunta de Galicia e Deputación Provincial)?

4.- ¿Dispón a Concellaría de Cultura dalgún Informe Técnico relativo á seguridade das instalacións onde tivo lugar o festival, e das infraestructuras habilitadas para dito evento?.

5.- ¿A cargo de quen foron os gastos de acondicionamento das instalacións da acampada, do recinto, así como do acondicionamento e limpeza dos accesos?

6.- ¿Cal foi o importe do gasto extra en honorarios do persoal do Concello, polos traballos realizados nos catro dias de Festival?

7.- ¿Considera o Sr. Concelleiro que o lugar onde se celebrou o evento e o mais adecuado dentro do término municipal de Cambre?

8.- ¿Considera o Sr. Concelleiro que no momento de crise que estamos pasando, resulta suficiente a reducción do 10% no orzamento das festas de Santa Maria, en relación o ano anterior?

9.- ¿Pensan publicar na páxina web do Concello os gastos totais dos eventos en cuestión?

10.- ¿Cal é a valoración que realiza a súa concellería sobre a celebración deste evento?

11.- ¿Pensa o concelleiro responsable plantexar aos Grupos da oposición, e ao movemento asociativo do Concello a planificación sobre a celebración dos eventos en cuestión, creando mecanismos de consulta e participación axeitados?

12.- ¿Cal é a valoración que realiza o Concelleiro sobre a celebración do Festival e das propias festas?

13.- ¿Qué Gastos e Ingresos resultaron das últimas festas de agosto e o seu desglose?

14.- ¿Pode informarnos do número de persoas que contaban con credencial de identificación para acceder o recinto, o control das mesmas e en base a que criterios se realizou esta selección?

15.- ¿Non considerou o Concelleiro a posibilidade de manter unha xuntanza e consulta cos Grupos da oposición para transmitir unha maior información, tendo en conta a magnitude do evento e a inversión económica destinada a tal fin?

16.-Considera que a mellor opción sobre a data e á celebración do Rock in Cambre fora o domingo?

17.- ¿Pensa repetir a experiencia do festival en próximos anos?

18.- ¿Pode informarnos das denuncias presentadas no Concello relacionadas coa celebración do Festival?

19.- ¿Qué problemas existiron para cancelar actuacións previstas no festival?

20.- ¿Considera o Sr. Concelleiro que nunha situación económica como a actual, está xustificado un orzamento que pode superar os 350.000 euros para o festival e festas de Santa Maria?

21.- ¿Qué opinión lle merece e cal foi o motivo da demora na limpeza das instalacións e as súas inmediacións?

22.- ¿Cantas persoas de Cambre foron contratadas para servizos e traballos auxiliares?

23- ¿Cales foron as previsións para asegurar as actuacións no Campo da feira, tendo en conta que foi suspendido o concerto de The Real Mckenzies?

24- Según o convenio firmado polo Concello de Cambre coas entidades organizadoras o Concello recuperá a cantidade investida (240.000 euros) no momento que os ingresos acadados sexan 526.550 euros. A día de hoxe tense feito algún dos pagos que se estipulan no Convenio? A saber, un primeiro pago de 70.000€, un segundo de 100.000€ e un terceiro de 70.000€. Cantos destes pagos ten percibidos o Concello?

En CAMBRE a 17 de setembro de 2012

Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo

No hay comentarios: