NOTA
INFORMATIVA DE EU DE CAMBRE
EU DE CAMBRE ACUSA Ó GOBERNO MUNICIPAL DE
DIFAMACIONS CONTRA O VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL
Tras as últimas noticias recollidas en prensa,
según as que, o Goberno Municipal de Cambre, presidido polo Alcalde Manuel
Rivas, no conseguiu levar a cabo a proposta de unificar dous plenos para
reducir gastos, facendo responsable a Luis Taibo, voceiro de Esquerda Unida,
este grupo municipal, quere denunciar as falsas acusacións e calumnias vertidas
contra él.
A explicación ó sucedido ven, unha vez mais,
da mala costume que ten o equipo de Goberno de Rivas de non comunicarse cos
grupos da oposición por escrito, algo que, en opinión de Esquerda Unida, é unha
estratexia do Goberno para poder difamar e mentir respecto a supostas
declaracións orais que se fan respecto a determinados temas.
EU de Cambre, en ningún momento se manifestou
nin verbalmente nin por escrito respecto da súa preferencia na unión dos
Plenos. Dita falta de posicionamento ven dada do pronuciamento no pasado mes de
Agosto, no que a pesares de que tanto eles como outros grupos da oposición,
manifestáronse a favor de eliminar o pleno de agosto para non celebrar dous
plenos en setembro, valeiros de contido, o Goberno Municipal non tomou en conta
as súas suxerencias.
EU de Cambre, califica de “moita gravidade” e
reproba as declaracións tendenciosas manifestadas
en prensa, por esgrimir mentiras e falsas acusacións que poderían chegar a
constituir delito de inxurias e calumnias polo que EU manifesta que se reservan
o seu dereito a emprender cantas accións legais estimen pertinentes en defensa
da súa verdade e honor.
A nosa organización pide
tolerancia cero ante este tipo de
prácticas, que unha vez mais poñen en duda a credibilidade e honradez
dos políticos, lesionando gravemente as institucións. EU non vai a permitir
prácticas que disminuian a calidade democrática que o PP intenta impoñer no Concello.
Asímesmo invitan ó Alcalde a demostrar con
probas as súas declaracións ou pola contra pedir públicamente desculpas polo
daño moral infrinxido.
Asdo: Consello Local
No hay comentarios:
Publicar un comentario